venres, 24 de setembro de 2010

** Ana Kiro, a gran artista galega, díxonos adeus


SANXENXO. Julio Torres

Foto feita polo xornal El Correo Gallego

Hai so unhas horas morreu unha grande cantante galega: Ana Kiro (nome artístico de María Dolores Casanova González), víctima dun cáncer que padecía desde hai varios anos. Esta arzuana de nacemento -afincada en Mera- tamén foi presentadora (na TVG), actriz e destacou por ser unha excelente persoa. Non tiven o gusto de coñecela pero sempre me pareceu cercana, humilde e moi agradecida cando a vías por televisión. A súa voz endulzounos a moitísimos galegos o corazón. A súa música moi vitalista, alegre, atrevida e desenfadada servía para esquecerse das penas por moi duro que fora o traballo. Non hai festa en Galicia na que non se escoitara nunca unha das súas cancións. Foron innumerables veces as que soaron os seus temas.

Ana Kiro sempre se sentiu moi orgullosa de ser galega, e así o facía ver tanto na nos seus temas como nas súas entrevistas. Hoxe "Na saia da Carolina" (a famosa canción do lagarto), "Vivir na Coruña que bonito é" e moitas outras cancións súas quedáronse orfas de nai. Iso sí, o seu legado musical permanecerá, ó igual que as boas vibracións que transmitía cando a escoitabas falar. Unha gran muller. DESCANSE EN PAZ.

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dixo...

Síntoo. Ana Kiro valía moito. Recordo cando empezou a facer aquel programa magacín na sobremesa da TVG. Recoñezo que as primeiras veces mireino con certo escepticismo, con certa incredulidade. Pois si, alí, naquel programa, en poucos días, descubrín a unha Ana Kiro que me conquistou para sempre, amable, divertida e moi cercana.

Meiguiña dixo...

Dunha coruñesa a outra: Atá sempre Ana, as túas cancións forman parte da miña infancia, da miña adolescencia e agora que xa son cuarentona aínda me acompaña.

Onde estés un biquiño meigo e que certo é que bonito é vivir na Coruña.

sonia dixo...

Vai, acabome de sorprender, non sabía nada.

Cantos emigrantes agradeceron a súa música naqueles terras lonxanas...Recordo dende pequena as súas cancións que os meus pais escoitaban.
Si, levaba a Galicia moi a dentro.

Sexa onde sexa que esté que esté ben

Alvariño dixo...

Ana Kiro será inolvidable. Na miña casa, cando eu era pequeno, tamén tivemos as súas cassettes. Gustoume moito a entrevista que puxeron na TVG o día do seu enterro. É máis, impactoume. Seica a xente se coñece nas ocasións. Non me caía mal Ana pero a entereza e a esperanza, que nos transmiteu nesa entrevista non a vou a esquencer nunca.