luns, 20 de setembro de 2010

** Elsa Punset e o cerebro humano

Impresionante o que nos contou Elsa Punset (filla de Eduard Punset)a pasada semana no programa "El Hormiguero" sobre o cerebro humano. De obrigada visión o vídeo. Tiven ocasión de ver o programa o pasado mércores e non me deixou indiferente. Nada mellor que ver o que alí dixo e logo xa me contaredes qué opinades. Ah, ¡¡Que viva la la buena vida!! (ver vídeo para saber ó que me refiro). Sinxelamente, o cerebro é un apasionante mundo por descubrir. Déixovos o enlace da páxina web de Elsa Punset. Para ler con calma.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dixo...

Pois, quédome coa parte final do video, en ser capaz de ver as cousas boas tamén. Unhas persoas fano de xeito, máis ou menos, innato e outras teñen que esforzarse un pouco. Creo que é un consello moi bo. Posiblemente existan aspectos da nosa vida que non poidamos cambiar pero, posiblemente, tamén, cando se fai unha valoración máis equilibrada dos feitos positivos e dos negativos, se consiga ser máis feliz.

Alvariño dixo...

100% de acordo con Mariam. Perdón, pero hoxe estou un chisco apurado.