domingo, 12 de setembro de 2010

** A Lareira Máxica regresará nos vindeiros días


SANXENXO. Julio Torres




Non,non,A Lareira Máxica segue viva, aínda que haxa tempo que non se actualice. O que fixen foi tomarme unhas vacacións que precisaba para desconectar de internet e que, por outro lado, tampouco dispoño do tempo que quixera para adicarlle ó blog. Pero A Lareira Máxica non desapareceu nin desaparecerá. Xa vin que hai varios "bloggers" que así o pensaron e quitaron os seus enlaces das súas bitácoras. A estas persoas dicirlles que, se lles gusta A Lareira Máxica, están de noraboa: nos vindeiros días voltará.

Esta nova etapa de A Lareira Máxica será máis persoal (se ben seguirá publicando os artigos que reciba). En canto ós contidos, haberá un xiro ós inicios do blog e á aquela Lareira Máxica de 2006. A ilusión, as ganas de escribir e os temas sobre os que escribir lonxe de diminuír, aumentaron. A frecuencia de publicación será menor por necesidades persoais, pero haberá, cando menos, dous artigos semanais. A temática será variada. Iso non cambia. A actualidade será máis protagonista, ó igual que as miñas opinións persoais. O humor, a música, as lembranzas, a cultura, internet, os deportes, a fotografía e outros temas estarán presentes na bitácora. O idioma será en galego e en castelán, cada vez máis, co fin de abrir A Lareira Máxica a máis xente. Por desgracia, o escribir so en galego fai que moitos lectores desboten adentrarse no blog. Procurarei equilibrar máis o seu uso, pero négome a deixar de escribir en galego na miña bitácora. Utilizarei máis o castelán, pero o galego seguirá estando presente. Por suposto, e como sempre, estou aberto ás vosas peticións e suxerencias. Tamén me gustaría contar con máis opinións vosas sobre os artigos publicados. A ver se hai sorte...

Un saúdo a tod@s e moitas gracias por seguir visitando e participando neste blog. E benvido @s que acabades de descubrir A Lareira Máxica nas últimas semanas, que me consta que sodes bastantes.

...Xa quedan menos días para o regreso de A Lareira Máxica. Permanecede atentos...

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Meiguiña dixo...

Aqui estarei esperandote Julio.

Biquiños meigos amigo

Im-Pulso dixo...

Unha boa nova, tiven a sensación de que pechaba o blogue. Unha aperta.

Alvariño dixo...

¡Estupendo!

Mariam dixo...

Temas sobre os que escribir hai moitísimos. Deixo aquí unha idea: "Golden girls vs. Las chicas de oro, made in spain". Onte non me gustaron demasiado, por dicilo dalgunha maneira. Botei en falta as saídas da miña Sophia Petrillo. Carmen Maura, ben. Aínda que Rose non era tan rematadamente parva, ¿ou si?. Concha Velasco, Doroti, nin fu nin fa, non me emocionou, o mesmo que Lola Herrera, Blanche.
En fin, como seica peligran as pensións, como xa recoñeceu públicamente o noso presidente, Sr. Optimista-ZP, cousa que, xa é dobremente preocupante, suxiro que TVE deixe de encargarlle novos capítulos o Sr. Moreno. Con facer unha reposición xa está, creo que gañaríamos todos e por suposto, aforraríanse uns cartiños.
Carai, que no meu concello para aforrar, puñéronnos alumeado intermitente, sí, cando encenden unhas lámparas apagan outras, e o resultado é que a metade das farolas sempre están apagadas. Outro debate, entrounos a fiebre do aforro enerxético ou a xestión nefasta dos nosos dirixentes fai que os cidadáns teñamos que padecer as consecuencias dos recortes nos servizos máis básicos como é o alumeado público nunha zona rural.
Acabo, temas sobran.

sonia dixo...

Moi ben, así con enerxía e ilusión.

Por suposto, en galego tamén, somos galegos e en ti, percíbese ese sentir do galego.

Son parlante castelá,je, pero admiro a todo aqueles que mantedes esta fala, sobre todo cando vai no sentimento.

Sin embargo, creo que todos podemos llegar a esta página,castellanos, americanos, gallegos....Y a sus lindos mensajes y libre expresión sin molestar.

Lo bonito, la cercanía, las noticias, la reflexión, los paisajes, la ironía........

Gracias Julio.

Julio Torres dixo...

Gracias Meiguiña, gracias Félix, gracias Alvariño, gracias Mariam, gracias Sonia por seguir aí e visitar A Lareira Máxica e participar nela. Un saúdo, amig@s.