xoves, 4 de marzo de 2010

** Arcadi Espada: máis leña ó fogo contra os galegos

OPINIÓN


SAN XENXO. Julio Torres

Resulta incalificable describir a forma de pensar de persoas como o xornalista
Arcadi Espada ante os galegos. Neste corte do programa de Julia Otero "Julia en la Onda" , que emite Onda Cero, o susodicho Espada polemiza aínda máis sobre o de "ser galego", elevando os seus comentarios ó pseudoesperpento descalificador. Se escoitara máis a Julia Otero (que, por certo, é galega e sabe do que fala) decataríase que el está falando por falar, sen coñecemento de causa. INDIGNANTE, PATÉTICO e FALTO DE RESPETO, por ser suaves. ¿Que lle fariamos os galegos a este home? ¿Por que tanto desprecio cara nós? Menos mal que o que di está grabado e as palabras non as leva o vento... Julia, moi ben todo o que lle dixestes ó "teu colaborador" Arcadi: Chapeau por ti, Julia!!!

Enlace relacionado:
Espada compara a Julia Otero con Ceaucescu y Goebbels

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dixo...

increible que unha persoa tan irracional teña voz en un programa de radio que emite a nivel nacional.

Anónimo dixo...

(...)No seu blog ten un artigo bastante máis intelixente sobre o tema, pero claro onde de verdade expresa o que pensa é na entrevista.
España onde 9 cabezas embisten e unha pensa.

Julio Torres dixo...

O anterior comentario escrito por "anónimo" foi suprimido en parte, por conter algún término descalificante. Coido que, aínda que o que dixo Arcadi non se xustifica -eu son o primeiro que o entendo así- non nos debe facer caer no insulto cara el. E eu como administrador do blog teño a responsabilidade de evitalo. Como queira que se colou o comentario co insulto sen decatarme, pois por iso suprimín parte do comentario. Neste blog pódese expresar todo aquilo que queirades, pero sempre desde o respeto e sen caer no insulto, e máis cando se fai desde o anonimato. ¿Por que non nos acostumbramos a firmar co noso nome verdadeiro? E insisto, para nada estou dacordo co que di Arcadi Espadi, pero non podemos insultalo, sí rexeitar o que di.

Un saúdo a tod@s e gracias polos vosos comentarios
Carpe Diem