** F-1: 2010, o mundial máis apaixoante e igualado
SAN XENXO. Julio Torres
Mañán comeza o que promete ser un dos mundiais de Fórmula 1 máis apaixoantes dos últimos anos. A receta conterá moitos ingredientes que farán o plato apetitoso: o español Fernando Alonso correrá no mítico equipo Ferrari. Regresa o alemán Michael Shumacher (sete veces campión), logo dunha ausencia de tres anos. Estará no equipo alemán Mercedes (sucesor de Brawn GP). O título postúlanse varios nomes. Amáis dos dous xa citados, os outros dous grandes favoritos son o inglés Lewis Hamilton (McLaren) e o tamén alemán Sebastian Vettel (Red Bull). Catro pilotos pertencentes ás catro mellores escuderías, hoxe por hoxe, e nas que compartirán equipo con outros catro pilotos, tamén moi bos: Massa (en Ferrari), o actual campión do mundo Button (en McLaren), Nico Rosberg (en Mercedes) e Mark Weber (en Red Bull). Aí é nada.
Pero non queda aí a cousa, haberá dous pilotos españois máis: Pedro Martínez De la Rosa (Sauber) e Jaime Alguersuari (Toro Rosso). Outros dous serán piloto reserva: Andy Soucek (Virgin) e probador: Marc Gené (Ferrari). Especial mérito o de De la Rosa, que logo de moitos anos voltará a pilotar merecidamente no "gran circo". Debutara no 99 ós mandos de Arrows (quedando sexto na súa primeira carreira), e logo pilotaría para Jaguar (hoxe Red Bull) e McLaren (onde foi probador e co disputaría algúns grandes premios, e nun deles subiu ó podium tras ser terceiro).
Aínda hai máis: debut do primeiro equipo español en Fórmula 1: o Hispania (ex- Campos Meta), no que non correrá ningún español e no que estará Bruno Senna, sobriño do mítico Ayrton Senna.
E moitas máis novidades e alicientes:
- 12 equipos en lugar de 10. Xunto á escudería debutante Hispania estará outras dúas: Lotus (que regresa logo de moitos anos fóra da Fórmula 1) e Virgin. Así mesmo, Sauber recupera os dereitos de BMW. As escuderías McLaren e Mercedes (ata o ano pasado eran a mesma) pasarán a ter os dous pilotos da mesma nacionalidade que elas: ingleses, no caso de McLaren, e alemana, no caso de Mercedes.
- Nova normativa, que inclúe a imposibilidade de respostar carburante durante as carreiras e nova puntuación, que primará ós vencedores de cada carreira.
Ougallá lles vaia moi ben ós españoles e que Fernando Alonso gañe o Mundial. Vai ser moi difícil. Os meus favoritos están entre o propio Alonso e Vettel, sen descartar a Hamilton. O corazón dime que Alonso, pero non sei porqué teño a sensación de que vai alzarse con triunfo final Vettel. Non lle dou opcións a Shumacher.
O prato-espectáculo está servido e constará de 19 probas. Sorte para Fernandinho Alonso, Pedro Martínez De la Rosa, Jaime Alguersuari e para o Hispania Racing Team. ¡¡¡ Ougallá, Alonso sexa ó remate deste ano tricampión mundial!!!
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Alonso gañou onte a primeira disputada en Bahrein, seguido de Felipe Massa e Hamilton. Vettel cuarto, Rosberg quinto e Shumacher sexto.
Pedro Martínez tivo que abandonar a metade de carreira por un fallo no seu coche.
Jaime Alguersuari quedou 13º, por diante do seu compañeiro de equipo.
Debutou o equipo Hispania, pero tiveron que abandonar a carreiras os seus dous monoplazas.
A vindeira carreira, o 28 de marzo.
Publicar un comentario