Caja B
-
Caja B. Viñeta del 17/11/2024 en CTXT "La justicia confirmó que toda la
estructura del partido estaba afectada de corruptelosis" El Tribunal
Supremo confir...
Hai 2 días
18 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
E tamén a vivir.
Non e bo pensar moito pero as veces, a maioria de elas, non podemos deixar de pensar.
Un pracer descansar o calor da tua lareira
Biquiños meigos e maxia para ti
Fáltalle decir que segundo o que penses así sentirás. Eu diría, sen ánimo de corrección: "Pensa ben e sentiraste millor". Saúdos.
Daquela eu non sei se sentirei algunha vez, pq de pensar non podo deixar. Xa me gustaría poder descansar a cacholiña algunha vez, pero é superior a min.
Está claro que pensar é bo, sempre que non se excedan uns límites. O que non se pode é estar pensando sempre e desperdiciar a oportunidade de sentir. Supoño que se refiera a iso a persoa que fixo a frase.
Guillermo: estou dacordo contigo. É importante ser optimista e pensar ben para sentirte mellor. Outra moi máxica e chea de razón.
Un saúdo ós tres, e gracias polos vosos comentarios.
Carpe Diem
Creo que mellor non se pode explicar o contido desta frase, Julio. Eu por desgracia paso mais tempo pensando que sentindo. Por exemplo, si vexo unha moza que me parece xeitosa. Paso todo o tempo pensando como sera, que diria e pensara si eu me achegase a ela e tentase falar con ela para coñecela. E ó final sempre pasa o tempo e non paso a acción. A miña excesiva prudencia fai que nunca chegue a sentir o que poderia xurdir si realmente me coñecera. Sonche un desastre. Pero que llevou facer: dende moi, moi cativo as rapazas sempre me rexeitaron como un posible amigo. Eso marcoume moito, e teño moito medo de ser rexeitado outra vez agora de maior. Creo que nunca chegarei a sentir o que é o amor dunha persoa. Aquí como na frase de arriba de Oscar Wilde, solo sei existir e non sei vivir. Perdoade que volva a expresar os meus medos, pero ó leer esta fermosa e acertada frase tiña que expresar os meus pensamentos e desafogarme. Pido perdon.
Perdón, Moucho? Perdón porqué, por comentar, por pensar, por sentireste así, por teres medos, por existir... Perdón porqué?
Todos temos medos, e creo que dos do teu tipo hai máis dos que pensas que os sufrimos nas súas diversas variantes e posibilidades.
pido perdon por volver a incurrir na lareira outra vez laiandome dos meus pesares. Para algun de vos pareceravos cansino. Eso podo entendelo. Pero é que me vacio moito escribindo neste blog os meus sentimentos.
Moucho, si laiarte che axuda a desafogarte podes seguir usando este blog como pañol de bágoas. Non creo que ninguén se sinta ofendido. Tamén é verdade que cansas un pouco. O teu discurso é moi previsible. Esta non é a típica páxina de axuda psicolóxica, tipo alcohólicos anónimos. Non sei qué esperas da xente. "Ánimo Moucho, ánimo Moucho". ¿Realmente sírveche de algo? Hoxe, eu tamén me sinto mal, moi mal. Non é que hoxe me pasara algo en especial, é un tipo de malestar máís complexo. O outro día, falaban aquí, no blog, dos conceptos "vivir" e "existir". Ninguén falou do concepto "sobrevivir". Pois eu, hoxe, síntome un superviviente moi cansaddo, moi farto de todo. Para min, significa moi pouco que un completo descoñecido me diga "ánimo rapaz". A min eses consellos dos amigos invisibles non me modifican o estado de ánimo. Posiblemente sexa porque tamén estou un chisco farto de Internet, das relacións pseudoverdadeiras, pero completamente ficticias, que se crean na rede. O outro día díxome María que podía escribir aquí o que quixera que ninguén me iba a recoñecer na rúa. Pensei neso. Ten toda a razón, o que pasa é que a min non me interesa este mundo. Non quero compartir nada da miña vida con xente extraña. Non me fai sentir mellor, non me axuda a sentirme ben. Hala, eu tamén usei o blog para espallar polo mundo os meus malestares. A este paso vanlle ter que cambiar o nome o blog. Suxiro algo tipo "A escupideira". Ves aquí, e resguardado polo máis absoluto anonimato, arrancas da gorxa esa flema que che leva molestando todo o día. Ahí vai o teu malestar flotando na auga limpa coa que lavaches a escupideira, a contaminar por ahí que o mundo é grande dabondo.
Pero non tes que pedir perdón por facelo. E o que facemos todos, ou moitos.
Moucho: coido que non se pode caer na autocompansión. Levan razón María e Alvariño. Coido que vales máis do que pensas. De feito os teus artigos en A Lareira Máxica están ben escritos e agradécense moitos. Pero penso que a autocompansión non é boa para ninguén. Todo o contrario. Como ben dixeron antes, a vida é complicada para tod@s. Como se soe dicir, cada un sabe o seu.
Gracias tod@s polos vosos comentarios e Moucho: ti vales moito máis do que pensas, so pénsao e que che quepa na túa cabeza. Sería unha gran ledicia!!!
Carpe Diem
Eu non sei porque a xente fala sempre tan mal de Internet e as súas consecuencias, pero ó final acabamos recurrindo sempre todos/as a el.
Non será que non todo é tan negativo Alvariño?
Xa sei que hai moitas relacións ficticias como ti dis, pero tamén algunhas verdadeiras. Entón, pq sempre nos quedamos co lado negativo do asunto?
Non sei o desencantado qeu estarás ti co tema, pero eu pódoche decir que o estou un pouco. E aínda así, joróbame moi moito cando leo comentarios como o teu.
E non te tomes esto como algo persoal. O bo das "relacións" ficticias é iso, que non estou enfadada contigo, só co teu comentario, je je.
Non en serio. Aínda que esto soe a bronca, non o é, so é que me "molestan" un pouco este tipo de comentarios. Todos decimos ó mesmo, pero o certo é que as páxinas de contactos/chats, etc están cheas de xente buscando o que sexa que buscan, e si, vale, seguramente se se fixese unha enquisa sairían máis desencantados e frustrados co asunto que xente qeu realmente atopase o que buscaba por aí,pero, digo eu, o outro día falaba con alguén que me contou que se ía casar con alguén que coñecera por aquí. Daquela, para min paréceme que con 1 relación deste tipo que saia ben, oscurece 50 pseudorelacións ficticias desas que falas Alvariño.
Volvín reler o comentario de Alvariño pq me deixou un sabor agridoce e o certo é que estás sendo realmente duro nese comentario.
Poida que eu tamén o fose no anterior, no que escribín antes, pero é que dis que "a min non me interesa este mundo".
Creo que entendo ó que te refires, entendo que non che interese/apeteza ou teñas gañas de falar de certas cousas aquí. Iso si o entendo, pero como o expresas, paréceme que desta vez non foi do xeito máis axeitado.
E conste e repito que te entendo. Tes un mal día e estás enfadado, pero non digas que non che interesa este mundo ou que che da igual o que "amigos invisibles" che poidan decir cando a continuación me citas. Parece que tomas en conta a estes amigos invisibiles máis do que ti mesmo queres admitir, non che parece Alvariño? Non queres compartir certas cousas con nós, non che sirve de moito o que nós poidamos decir, pero ..... quédaste coas nosas palabras.
Un chisco contradictorio eh!!!
Para compensar pola bronca, je je, un biquiño Alvariño.
Levas razón María, un chisco contradictorio e lixeiramente insoportable. Pido perdón se alguén se sinteu ofendido. Tamén dicir que eu falaba en primeira persoa. A priori, non se debe demonizar internet. A posteriori, haberá de todo. No meu caso particular, agora que medraron os días e mellorou o tempo, vai ser mellor que faga máis vida ó aire libre, creo que me necesito ventilar as ideas.
Insoportable non, e ofendida, eu polo menos tampouco. Non se trataba diso.
Xa sei que falabas a modo persoal do teu caso en concreto pero tampouco creo que sexa tan así a cousa.
En canto ó de ventilar as ideas, iso si me parece mellor idea. Parece que a primavera empeza a deixarse asomar e dende logo, os días son moito máis longos e hai máis horas de sol co que o mellor é saír a rúa. Niso si estou contigo.
Si estivera nas miñas mans borrar o meu comentario do día 6 de marzo, faríao. Do tema das amistades de internet pódese falar doutra maneira máis sosegada. Evidentemente, haberá quen se sinta moi cómodo neste mundo. Eu mismo tamén o teño pasado ben. O que pasa que Internet ten algo que me fartou, unha especie de "proximidade-lexanía" que xa non me gusta. É coma se fose un mundo paralelo ó mundo real. Internet tamén é real, claro, e tamén ten unha parte irreal. Aquí cadaquén pode ser quen queira ser, hai moito marxe para a falsedade. Con esto quero dicir que, independientemente de que haxa moita xente afortunada que atopou na rede grandes amigos ou grandes amores, a min sígueme gustando moito saír a rúa e tratar coa xente.
E eu estou contigo Alvariño. É maís, unha cousa non debería quitar a outra. Non hai nada como saír á rúa, respirar aire fresco e FALAR coa xente.
E estou tamén completamente dacordo contigo en que é un mundo paralelo.
É certo, como eu mesma dixen que se pode coñecer moita xente por aquí, que hai quen incluso casa etc etc etc. Pero que haxa quen faga unha vida paralela en internet non quere tampouco decir (ollo, non malinterpretemos) que iso sexa o ideal. Ou polo menos, ó meu entender. Sempre falo a título persoal.
O ideal sería seguír saíndo á rúa como ti dis.
Unha cousa paralela e complementaria da outra diría eu. E creo que é precisamente cando isto deixa de ser así cando pasan cousas como as que ti comentabas o outro día. Por un mal uso, ou abuso, deste "pseudomundillo".
Gústoume eso do mundo paralelo e complementario, é unha boa definición :)
É túa a definición Alvariño. Ti o dixeches.
Publicar un comentario