lunes, 5 de agosto de 2013

** Bryan Adams: "Everything I do, I do it for you"

Hai cancións moi fermosas, como é o caso de "Everything I do, I do it for you" de Bryan Adams, que sirven para expresar moitos sentimentos en moi poucas palabras. A ésta so lle falta dicir "contigo ata o fin do mundo". O mesmo acontece con outras cancións, xa o sei, pero esta balada sempre me gustou. Ademais de sentimento ten esencia. Aproveito para adicarlla a unha gran persoa que hoxe cumpre anos e que sei que tamén lle encanta. ¡¡Que teñas un gran día de celebración pois merécelo moito!!

Nota: A de Bryan Adams principia no minuto 2:47. As outras tamén están ben, en especial o temazo de Robbie Williams que empeza a continuación da de Bryam Adams.


.....................................................................................................................................
SANXENXO. Julio Torres

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dijo...

Pois, veume á cabeza, non sei moi ben por qué, unha gran persoa de fermoso plumaxe, gran sagacidade e mirada penetrante. Unha criatura desas da noite, que o mesmo se deleita contemplando a beleza da lúa chea que botándolle un baile a unha curuxa. Non sei si será hoxe o día do seu cumpreanos, pero, aproveitando a ocasión, ¡moitísimas felicidades, paxaro!
A canción, preciosa.

Estrela de Xullo dijo...

É ben bonita a canción, si; e a de Robbie Williams tamén. Coñecía as dúas, son desas cancións que sempre lembramos polo seu significado.
Seguro que esa persoa que hoxe cumpre os anos ha de estar ben contenta, porque é todo un detalle facer unha dedicatoria así.
Saúdos.

Julio Torres dijo...

Alvariño: non, non é ese ser mitolóxico da noite que tan ben describes e que pouco ou nada sabemos del en A Lareira Máxica.

Estrela de Xullo: en efecto, gustoulle moito esta adicatoria, do cal me alegro. Ela merece iso e moitas cousas boas máis.


Alvariño e Estrela de Xullo, moitas gracias polos vosos comentarios. Saúdos Máxicos.

Alvariño dijo...

Pois, anque non acertara coa data, creo lembrar que o paxaro cumpre anos no mes de Agosto. E como teño una certeza dun 99,99% aproveito para felicítalo igualmente.
Bueno, e tamén parabéns para a misteriosa destinataria de tan fermosísima adicatoria.
¡Saúdos!

Patricia Loureiro dijo...

Muitas felicidades pra muller que recén acaba de se-lo seu cumpreanos. Cancións mui belas i románticas Xulio! Noraboa...