sábado, 13 de abril de 2013

** Cuando paso cerca de un colegio...



SANXENXO. Julio Torres

Esta nostálxica canción do grupo Los Secretos evoca un manantial de sentimentos da vida mesma, entre eles o do paso do tempo que é susceptible de lembranza cando pasas cerca do colexio onde estudiastes cando eras rapaz/a. Parece que foi onte, so parece, pois foi hai moitos anos. Cando escoito a palabra colexio neste tema teletranspórtome, por un intre, a esa época da vida onde o tempo non pasaba, mesmo semellaba que camiñaba lento, despacio, quedo, de vagar, xordo ós desexos dos cativos que debecían por facerse maiores, por acadar os ansiados 18 anos. Superada esa mítica barreira soemos dicir "¡qué rápido pasan os anos!". É verdade. ¿A quen non lle aconteceu algunha vez? Por iso, superados os 18 o tempo non corre, nin voa, senón que compite coa velocidade do son poñéndose ambos cambadelas imposibles de esquivar namentres procuran a chegada a unha meta tan irreal como finita. O que un día escoitabamos dicir ós nosos pais, o que pensabamos que xamais íamos repetirlle @s nos@s fill@s, agora ou nun futuro dirémosllo cun ton deliberadamente vivencial que denotará o inevitable transcurrir do tempo: "cando era nen@...". Lóxica lei de vida.

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mary C.V. dijo...

Parece mentira, Julio, "cando era xoven?" Somos da mesmo ano e eu ainda me sinto xoven, será quizais porque nunca debecín por chegar aos 18 anos, nunca tiven presa por ser maior..., quizais porque nunca estiven tan activa como agora..., quizais porque tiven un lustro tan desafortunado que agora me parce, como dí Alvariño, que estou disfrutando dunha fermosa primavera... Non sei, son consciente de que non teño os 18 anos pero non me importa, descubrín que, para mín, o máis importante é seguir tendo ilusión e sentirse cheo de enerxía... O tempo non ten freo, ninguén pode paralo, así que en vez de laiarme aprovéitome del e disfrútoo. Saúdos, meu "vello" amigo...

Alvariño dijo...

É un relato que transmite moita tristeza. Moi ben escrito, eso sí.O mesmo lle aplico á canción. Como estado de ánimo transitorio ten un pase. Como estado de ánimo permanente ten que ser unha situación moi dramática. O caso é que son realidades que están ahí.

Julio Torres dijo...

Mary: Coincido co que dis. En absoluto me considero vello. O artigo fala do paso do tempo en xeral a raíz da palabra colexio que sae na letra da canción. So me refería que o tempo pasa e que antes ou despois acabaremos dicindo nós tamén a frase "cando era xoven". Pode que agora so digamos "nós no noso tempo" ou "nos faciamos...", etc. Evoca o pasado. Non implica necesariamente ser vellos, aínda que sí que temos máis anos, lóxicamente.


Un saúdo

Julio Torres dijo...

Alvariño: a canción digamos que desprende nostalxia. O artigo non está centrado en min, so pretende ser unha reflexión do paso do tempo simple e llanamente sendo o fío conductor o do colexio. A canción suxeriume o resto.

O Moucho dijo...

Pois si. Eu tamen lembro cando deixei de estudiar no instituto. Os primeiros anos que xa non tiña que ir alí, pero pasaba preto dos edificios do centro, non facía mais que pensar na etapa da vida que non volvería a pasar en aquel recinto. É que claro está, son moitos anos os que votamos alí estudiando. E a miña mente me sobreveñen recordos daqueles tempos. Cando deixas de ir por un sitio que foi significativo para una etapa da túa vida, e pasas de novo por diante de ese lugar, é normal que vexamos con morriña aqueles tempos pasados. Damonos conta que xa non somos rapaces. A vida cambianos según vivimos. Recordaremos ou desexaremos volver a aqueles lugares que tanto marcaron as nosas vidas.