venres, 30 de xuño de 2006

** 30 de xuño: final e principio


Pasan raudas e veloces as últimas horas do día 30 de xuño de 2006.
Dicir 30 de xuño soa a fin de contrato no mundo do deporte, pero tamén simboliza outras cousas….

A nivel religioso celébrase San Pedro, a nivel profesional pode conlevar o último día de traballo previo ás vacacións de verán para os que disfrutarán no “meu” mes, isto é, no mes de Julio. Relacionado co anterior, é data de principio da operación saída de vacacións de Tráfico este ano, coincidindo cun venres….E tamén vencellado a isto último, mañán comenza a aplicación do carnet por puntos…..

Retomando o eido deportivo, no mundial de fútbol, hoxe principiaron as semifinais. Alemania eliminou a Argentina (a miña favorita para ter gañado o mundial de Alemania), e Italia vai camiño de logralo diante de Ucrania (ou como din os da TeVeGá no seu galego teórico-científico e nada empírico: “Ucraína”).

Hai un intre, estaba vendo a información deportiva na TeVeGá e sentín un pouco de tristura xusto cando remataba o bloque deportiva. ¿Por qué? A resposta é que se despedía dos deportes da TVG, e coido que tamén da cadea, a presentadora Mónica Martínez, unha histórica da canle autonómica, a pesar de que aínda é moi xoven. Sorte Mónica, que a pesar de que non te coñezo persoalmente, sempre me caístes ben.

Deséxolle toda a sorte a esta coruñesa tan simpática, ou esa é a imaxe que da. Para ela o 30 de xuño tamén supón un remate de contrato e un cambio.

……30 de xuño de 2006, o último día previo a moitas cousas, ou o primeiro para cousas novas, según como se vexa.

Mañán darei a miña opinión sobre o carnet por puntos, do cal teño colgado un enlace nos vínculos da marxe esquerda no apartado “Outros vínculos de interese”.

mércores, 28 de xuño de 2006

** La vida sigue igual

"....la vida sigue igual", que dicía o meu tocallo.

Estoume a referir á selección española de fútbol. Por unhas couas ou por outras nunca pasa de cuartos de final. E este ano caeu antes incluso, en octavos, cunha Francia que xogou o máis puro estilo italiano, isto é, ramplona, facendo teatro,e sabendo aproveitar as ocasións.

A experiencia é un grado, e Francia soubo xogar, cousa que España non. Pero sempre é o mesmo cantar. España sempre, sempre, sempre, falla cando máis se espera dela. Pésalle a responsabilidade. E non so este ano con xogadores máis xóvenes, senón tamén cando teñen ido con máis anos.

O problema outros anos era un adestrador prepotente e ramplón (Javier Clemente), o árbitro (Mundial 86 ou o Mundial de Corea -co exipcio que nos roubou contra Corea-), pero sempre había o denominador común de fallar nos momentos menos oportunos.

Este ano levamos psicólogo, pero nin con ésas. Xa o dixen noutra ocasión, aplicando unha regra de tres, España é a nivel de seleccións, o que o Atlético de Madrid a nivel de clubs de fútbol: "O pupas", sufre e fai sufrir, pero perde nos momentos en que non debe e de chiste....

Luis Aragonés vai dimitir, ou iso parece, pero creo que o problema non é do adestrador, non nesta ocasión, polo menos. O problema son os xogadores, e non so éstes, TODOS CANTOS ESTÁN OU ESTIVERON NA SELECCIÓN.

Unha de dúas, ou non nos cremos capacitados ou pésanos a responsabilidad, algo inconcebible na selección dun país que pasa por ter a liga mellor de Europa, xunto coa italiana e a inglesa.


Ó mellor tanto estranxeiro na liga non favorece, pero antes do caso "Bosman" habia tres e pasaba o mesmo.

Non sei, pero as poucas esperanzas que tiña coa selección pois borráronmas dun plumazo onte. O peor é que non creo que volte a ver un partido da selección ata os próximos cuartos do mundial ou da eurocopa. Total para facerme ilusións nas primeiras fases....Porque o que son as fases clasificatorias pois hai anos que non as vexo.....Total pa que....Para logo caír nos mundiais ou nas eurocopas as primeiras ou segundas de cambio....


Sobran máis palabras. Por certo, que se cumpriu o vaticinio que vos dicía cando ía empezar o mundial, de que non confiaba en España (aínda que esperaba trabucarme), e senón mirade o artigo do 9 de junio e das claves que xa apuntaba para xustificar as poucas esperanzas que tiña de que a selección fixera algo importante, acorde coa liga de clubs española e europea, onde tanto destacamos....



A afición española non merece ser representada por unha selección que nunca, nunca, nunca da a talla. Que cada un pense o que queira. Pero como di o outro, "para iso apaga e vámonos"

martes, 27 de xuño de 2006

** Velando armas

Dentro dunha hora España xoga un decisivo partido no que está en xogo o pase a cuartos de final onde espera Brasil. O rival de hoxe non é sinxelo, pese a que non está a cuaxar un gran mundial. Estoume a referir a Francia.

Nomes como Zinedine Zidane, Tierry Henry, Patrik Vieira, Thuram, Makelele, son algunhas das súas estrellas. A présa non vai a ser fácil. Cheguen como cheguen, nun partido pode pasar absolutamente de todo. Oxalá gañemos e xoguemos contra Brasil en cuartos de final.

Polo demais, dicirvos que estes días estou algo liado, polo que non podo actualizar a páxina diariamente, e de aí que haxa algún día que non poida escribir nada. Sexa como fose no que vai de mes, so houbo seis días que non escribín ningún artigo: o día 7 por probemas técnicos da empresa Blogger (que fai posible os blog de blogspot) e os días 20,21,22, 24 e 26 porque non puiden eu.

Xa vos contarei en vindeiros días os problemas que sigo tendo coa miña antiga compañía de internet: a famosa e denostada Wanadoo (máis coñecida como "Juarradu"). Incrible o que é capaz de facer esta empresa para cobrar facturas que non ten dereito a cobrar.

Actualmente teño contratada TELEFÓNICA, desde antes dos recibos que me quere "meter" Juarradu. O desta última empresa é de xulgado de guardia. NON CONTRATEDES NINGUN SERVICIO DE WANADOO, ou o que é o mesmo: UNI 2, FRANCE TELECOM, ETC.

Son uns impresentables e aforraredes moitas dores de cabeza achacables únicamente a ilegalidade coa que actúan. Pero isto contaréivolo outro día.....

domingo, 25 de xuño de 2006

** As cereixas e o seus beneficios


Antes de principiar, un saudiño a FENOSA, gracias por cortar a luz durante 10 minutos en toda o pobo. Menos mal, que seguro que logo nos descontades este contratempo da factura non???

Cando se foi a luz estaba escribindo sobre as cereixas. É un artigo que tería que ter sido colgado o día 24/06/2006 e así sería se FENOSA non fixese das súas....

------------------

Neste artigo non vou falar de "Las cerezas", o programa de Julia Otero, que so durou uns meses en TVE-1, antes de ser retirado da programación pola "súa baixa audiencia". Bueno, polo menos durou máis ca outros....

Dicía que non ía falar de televisión e así é. Hoxe vou adicarlle o meu artigo a unha froita que me encanta moito, ó igual que outra moita xente. Estoume a referir ás cereixas. Disque existen máis de 40 variedades deste exquisito froito. Non sei, persoalmente distingo entre as que son vermellas e as moradas, quedándome mellor co sabor destas últimas...
As cereixas máis famosas son as que se cultivan no extremeño "Valle del Jerte", en Cáceres. Que ben saben as condenadas!!!!. Abril, maio e xuño é a época de disfrutar co seu sabor. Quizás o mes por excelencia sexa o de maio.

Agora que remata o mes de xuño, as cereixas xa están máis caras porque xa quedan poucas. Teremos que esperar ó ano que ven para voltar a comelas.


Iso non é todo. Os beneficios das cereixas son bastantes. Vaia aquí un elenco deles:

· Depurativa, diurética e laxante .
· Rica en minerais (feroo, potasio e calcio) e reconstituínte orgánica.
· Fonte importante de vitamina C e bioflavonoides, cun gran poder antioxidante.
· Posee ácido eláxico, un inhibidor da producción de células canceríxenas.
· Baixo contido calórico (100 gramos de cereixas so aportan 39 calorías) . · A súa pulpa contén levulosa, un azúcar directamente asimilable que as persoas diabéticas poden tolerar.
· Prevén a acidez de estómago.
·O seu consumo diario axuda a reducir os niveis sanguíneos de ácido úrico, o que pode evita-la gota.
· Axuda na insuficiencia renal
· Combate os estados depresivos.
· Contén propiedades afrodisíacas, gracias ás doses de vitamina B que aporta.
· Constitúe un elemento moi eficaz para fortalece-las funciós cerebrais.
· Se son inxeridas unha hora antes o unha hora despois das comidas favorecen en gran medida a dixestión.


Valores nutricionais
Ademais do placer de disfrutar das súas excepcionais cualidades organolépticas tales como a súa atractiva cor, e agradable e equilibrado sabor, o consumo de cereixas supón suministrar ó organismo un interesante aporte de compostos saudables.

A súa composición química indícanos que desde o punto de vista nutricional a cereixa é unha excelente fonte de vitaminas, ten un baixo contido calórico e de grasas, o que lle confire un lugar destacado na reputada “dieta mediterránea”.