** Equivocacións ou realidades
Din The Pretenders nesta canción "non permitas que me equivoque". Coido que o mundo está do revés, que algo non está a funcionar ben, que hai dúas medidas diferentes, que non tod@s somos iguais cando deberamos selo. Quizais, so quizais, algún mecanismo ou máis dun algúen se está equivocando por activa ou por pasiva, polo que fai ou polo que deixa de facer. O doado é non complicarse a vida, permitir equivocarse a sabendas de que se é inxusto. O complicado é ser xusto, ecuánime, comprometido. Ser honesto hoxendía é un valor corrupto, namentres a corrupción vístese con aires de honestidade e baila no carnaval ó ritmo de samba, mesmo sen estar no Brasil. Non sei se o mundo está tolo, tolo, tolo, como aquela película, o que sí sei é que o mundo está do revés. É pior roubar un chourizo que ser un chourizo con pegadas sixilosamente brancas. Algo cheira a podre nesta sociedade. Coido que, como din os Pretenders, mellor sería non equivocarse. E non so iso, senón ter a firme intención de non equivocarse. Namentres o bipolarismo da sociedade acentúase e as equivocacións perpetúanse. Posiblemente, os que xustifican os sacrificios son os que menos se sacrifican e os que mellor viven. E os que falan de que todos somos iguais, son os primeiros en demostrar que o conto non vai con eles. E os que piden donativos tendo moitos cartos logo invirten en bolsa e non pagan impostos. E ós que axudamos económicamente con moitos cartos, son reacios a prestarche cartos a ti e namentres a economía sumérxese en paraísos fiscais e en cartos negros en B... e tantas cousas. E quizais iso, so quizais, non sexa unha equivocación, senón unha intención e claros privilexios que non interesam cambiar. Tamén pode ser que estea equivocado, e que o mundo e a sociedade funcione ben. So quizais... Do único que estou seguro é que esta canción dos Pretenders é unha gran canción. E moi animada. O que non é pouco nestes tempos.
Julio Torres




