** Ilusión...
SANXENXO #Julio Torres

"No me llames iluso porque tenga una ilusión", dicía a canción de La Cabra Mecánica. Seica que de ilusións non se vive. Discrepo en parte. Poida que non, pero axuda. Camiñar na vida sen ilusión/s é como naufragar no medio do cemento.
A ilusión é algo tan simple como complexo. É algo tan fácil como difícil de conquerir. ¿E ilusión por qué?
Ilusión agocha moitas palabras e sentimentos nunha soa verba. Ilusión por atopar traballo ou por ter un traballo mellor, por mercar un coche que tanto che gusta, por bicar a ese home/muller que tanto che gusta, por escoitar dicir un "quérote", por namorarte, por casarte, por ter fill@s e velos crecer, por tomar un café cos teus amig@s, por reencontrarte con amig@s que xa hai anos que non vías, por esa cena ou comida tan especial, por viaxar, por pasar unha velada en boa compañía, por ver o mar por primeira vez ou por velo logo de moitos meses, por disfrutar dese amencer ou dese anoitecer á beira dalguén especial, por disfrarte no carnaval, por acudir á boda do teu mellor amig@, por axudar desinteresadamente, por recibir un premio merecido, por ter entradas para ir ó concerto do teu cantante ou grupo de música favorito, por ir de cruceiro, por ir de acampada, por recibir esa chamada que tanto esperas, porque o teu equipo favorito gañe, por mercar unha prenda que tanto che gusta, por rir e que te fagan rir, por ter unha conversa animada e entretida, porque quitar unha foto cun famos@, por tomar as 12 uvas na fin de ano ou por saír despois, por ler un libro, por ver esa película que tanto che gusta, por escoitar o son dos paxaros,por estar en contacto coa natureza, porque O NOVO BLOGGER recupere todo o bo da anterior versión de blogger vixente ata mediados de 2012 (esta última é unha ilusión persoal que dificilmente se vai conquerir), ilusión por acadar cada día ter máis seguidores de A Lareira Máxica no facebook (outra ilusión persoal, neste caso feita realidade), ilusión por vivir e ilusión por .... tantas e tantas cousas coas que nos obsequia a vida. Moitas delas pequenas cousas que pasan á nosa beira sen sequera decatarnos da súa gran existencia.
A ilusión supón un estímulo e unha motivación á par que un desexo de algo novo ou agardado. A ilusión é un pequeno gran de felicidade agochado no lugar menos pensado, na persoa menos esperada, nun pequeno intre maravilloso. A ilusión nace dun e hai que regala a cotío, pois murcha se non a regas, o mesmo que a amizade. A ilusión ten vida propia. Vive no noso corazón e nas nosas mentes. A ilusión está aí, presente, agazapada, esperando a que chamemos por ela e que os dous xuntos bailemos acompasados unha canción italiana. A ilusión é eterna, a verdadeira ilusión non morre. A verdadeira ilusión é un desexo que se fai realidade pois a ilusión non é soamente que nos toque a lotería, senón ter momentos de felicidade. As ilusións poida que non sempre se cumpran, pero dan forza para vivir e procurar a felicidade polo que ...Non me chames iluso porque teña unha ilusión...
¿E vós qué pensades da ilusión? ¿Cal é a vosa ilusión?
.....................................................................................................................................




