mércores, 9 de maio de 2012

** Saboreando: Milanesa de polo con crema de porros


SANXENXO. Mary Camiña

Esta receita tráeme un especial recordo dos meus anos como estudiante universitaria en Vigo, compartía piso con tres compañeiras, e con dúas delas compartía tamén receitas. Non sei cal delas, Susana ou Diana, ma pasou, pero sí sei que aprendín moitísimo de cociña neses dous anos que compartimos piso.

Teño que decir tamén que ésta non é a receita orixinal, cambieille algúns dos ingredientes, sobre todo por mor do intestino, que cando se pon tonto é único.

Tamén quero deixar constancia, que ainda que a receita orixinal se fai con peituga de polo fileteados, podemos usar calquera outra ave de corral, digamos, por exemplo, pato, galo , pavo..., xa me entendedes, non sí?
Adícolle a receita a tódolos lector@s de "A Lareira Máxica" aos seus colaborador@s, aos seus administrador@s e, especialmente, a tódal@s nen@s que nalgún momento da súa vida foron atacad@s por algunha ave de corral, para que así teñan a oportunidade de obter " vinganza" na mesa...

Esta receita vouna dar sen cantidades fixas, só mediante proporcións, así, cada quen pode axeitala á cantidade de comensais que teña. por outra banda, é recomendable que tódolos ingredientes sexan da nosa zona, pois teñen un saborciño único; eu teño a gran sorte de contar dunha pequena horta que fai as ledicicias do noso paladar...., ummm, inigualable. Os que non teñades esa sorte, sabedes que hoxe en día nas prazas de abastos e algúns supermercados teñen unhas verduriñas e carnes fresquiñas que quitan o sentido... E senón, sempre queda, para os que poidan, ir á aldea, ...

Para comenzar, poñeremos en adobo as peitugas de ave filateadas con allo, sal e perixel, se non temos perixel podemos sustituilo por orégano, que ademáis é bo para os resfriados...

Preparamos a crema de allo-porros (como dín os galegistas, pois na miña casa sempre se chamaron puerros...). Para preparar a crema necesitamos: a mesma cantidade, en volumen, de puerros que de cebola; sal, aceite de oliva, pimienta, e nata líquida para cociñar ( a receita orixinal utiliza iogur natural, pero ao meu intestino antóllaselle un tanto ácido e non o tolera, recomendo a nata porque fai que a crema sexa máis cremosa; eu fagoa con leite desnatado que é o único que de momento tolero ben e ademáis axuda a que este prato teña menos calorías, o resultado é algo menos cremoso pero cáseque igual de rico).

Nunha sartén, (tamén vale un cazo), poñemos o aceite necesario para pochar a cebola e os puerros, máis vale que poñamos de menos que de máis, xa que os dous ingredientes soltan o seu propio líquido, salamos ao gusto e engadimos un pouquiño de pimienta ( da que prefirades). Cando xa está pochada, poñemos todo no vaso da batidora, ou ben no mesmo cazo, e pasámoslle a batidora engadindo a nata pouco a pouco hasta obter unha crema suave e homoxénea, nin moi líquida nen moi espesa, coa consistencia dunha natilla. Reservamos a crema.

Pasamos a preparar as milanesas de ave nunha sartén con aceite quente. Para os que nunca fixeron milanesas, e para os demáis tamén, coidado co aceite que cando está quente queima e moito, e produce unhas queimaduras moi dolorosas e malas de curar. Tamén podemos usar en vez de milanesas, os filetes á prancha, non é tan rico, pero é unha boa opción para as persoas ás que nos preocupa os excesos, ben por problemas de saúde ou por seguimento dalgunha dieta en especial...

Pasamos os filetes polo ovo, despois polo pan rallado e á sartén. Hai quen pasa primeiro o filete por fariña, despois polo ovo e finalmente polo pan rallado, persoalmente as milanesas non me gustan tan "empanadas", supoño que será cuestión de gustos..., deixovolo á vosa elección. Preparamos un prato cunha servilleta de papel e poñemos as milanesas xa feitas enriba, así absorberanos o exceso de aceite. Mentras facemos as milanesas, poñemos a quentar o forno a 250 ºC.

A continuación, collemos unha fonte para forno, poñemos unha capa de crema, unha capa de milanesas e volvemos a cubrir con crema. Metemos no forno e gratinamos.

A estas suculentas milanesas acáelle ben un acompañamento de arroz en branco e unha ensalada, e comelas quentiñas.

Ainda que parece unha receita complicada, non o é en absoluto, dá máis pereza ler a receita que facelo, ademáis, o olorciño que desprende a crema cando se está gratinando é...ummm, sensacional.

Espero que vos guste e ...Bo proveito!!!

luns, 7 de maio de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...7 a 13 de maio


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao



maio-07 1921 Nace en Logrosa (Negreira) Xesús García Calvo (1921-2011), rexistrador da propiedade, teórico e dirixente do cooperativismo galego, fundador e presidente de Feiraco.
maio-07 1955 Fúndase a Casa de Galicia de São Paulo (Brasil).


maio-09 1955 Falece en Compostela o escritor eumés Antonio Couceiro Freijomil, autor dos tres volumes do tan importante Diccionario bio-bibliográfico de escritores gallegos.
maio-09 1967 O cantautor catalán Raimon deu un recital en catalán no estadio da residencia de estudantes de Santiago. Este concerto está considerado o punto de arrinque da chamada Nova Canción Galega.
maio-09 1986 Morre na súa cidade de Lugo Ánxel Fole, autor que destacou por darlles ós contos nun galego popular e dialectal carácter de cultos.
maio-09 2007 No teatro Colón da Coruña celebrouse a gala dos Premios Mestre Mateo 2006, promovidos pola Academia Audiovisual Galega para fomentar a nosa produción audiovisual.


maio-10 1876 Nace en San Clodio (Leiro-Ourense) Samuel Eiján Lorenzo, frade franciscano que cultivou estudos e poesía en galego.
maio-10 1885 Primeiro número do semanario Galicia, de Ciencias, Literatura e Arte, editado en Ferrol e integramente en idioma galego.
maio-10 1908 Aires da miña terra tamén é unha revista semanal que nace en Bos Aires nesta data.
maio-10 1909 Aparece na Habana Airiños d'a miña terra, revista bilingüe, pero que ten unha importante presenza do galego nas súas páxinas e que se declara «consagrada á propagación da literatura galega».
maio-10 1968 Nace formalmente en Compostela o grupo de cantautores Voces Ceibes, que tiña como un dos seus obxectivos esenciais o de utilizar a música como vehículo para revalorizar o idioma galego.
maio-10 1970 Inauguración do edificio da fábrica de Sargadelos, que pon en valor a lingua galega no mundo da empresa. Na iniciativa están nomes coma os de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane.
maio-10 1973 Celso Emilio Ferreiro chega a España, de regreso da súa estadía venezolana, onde, a pesar de compartiren o idioma propio de Galicia, non se entendeu cos dirixentes da Irmandade de emigrantes galegos en Caracas.


maio-11 1828 Nicomedes Pastor Díaz publica o poema «A alborada», peza do Prerrexurdimento.


maio-12 1996 Celébrase en Compostela a I Carreira Popular en defensa da lingua galega.


maio-13 1985 Falece en Ourense o profesor e escritor Alberto Vilanova Rodríguez, autor, entre outros dos dous volumes intitulados Los gallegos en la Argentina (1966).


É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).


sábado, 5 de maio de 2012

** Félix Soria: ánimo compañeiro!!!!


SANXENXO. Julio Torres

Hai medios de comunicación que, por dicilo suavemente, non saben apreciar ós xornalistas que teñen so porque, seguramente, non lles gusta a súa maneira de pensar. O día 3 de maio foi o Día Mundial da Liberdade de Prensa. Tod@s @s que un día traballamos nun medio de comunicación sabemos que non hai medio sen ideoloxía. Máis ou menos evidente, sempre teñen unha. E o que non a ten pouco dura porque sen subvencións, pouco se pode subsistir...

Ven todo isto polo despido do que foi obxecto Félix Soria, un xornalista ó que non teño o gusto de coñecer en persoa, pero sí polo que publica no seu blog, Im-pulso bitácora de profunda análise contextualiazada sobre a actualidade (e con maiúsculas, como xa dixen hai tempo nun artigo en A Lareira Máxica). Un xornalista exemplo de cómo se deben facer as informacións. Síntoo moito compañeiro. Espero que pronto teñas traballo porque abofé que o mereces. La Voz foi moi inxusta contigo. Non eres nin serás o último xornalista que sufre un despido. Se xa de por sí é dificil ter liberdade de expresión no xornalismo, coa reforma laboral a cousa tórnase aínda máis perigosa. Non lles interesan bos profesionais, so xente moi sumisa e manipulable. A triste realidade.

** Entre sinónimos e interrogantes


SANXENXO.Julio Torres


Quizás fue su sonrisa o quizás su alegría desmedida y contagiosa. Quizás. Puede que fuesen sus bonitos ojos o puede que los labios que daban cobijo a su pequeña boca. Puede. A lo mejor fue su nariz chata o a lo mejor fue su hermoso cabello negro que, a modo de cortina, le tapaba parte de su rostro. A lo mejor. Tal vez fue su inteligencia o tal vez su honestidad. Tal vez. Posiblemente fue aquella escondida timidez que no se dejaba ver o posiblemente fue su profunda valentía no reconocida. Posiblemente. Quien sabe si sólo fue un espejismo o quien sabe si realmente ocurrió así. Quien sabe…