mércores, 2 de maio de 2012

** O Obradoiro permanecerá na liga ACB en 2013


SANXENXO. Julio Torres

O Obradoiro conseguiu o seu obxectivo de permanecer na liga A.C.B. de Baloncesto, ou sexa na máxima categoría. Cun moi modesto presuposto e tras gañar a grandes equipos, o conxunto de Santiago de Compostela deulle unha gran alegría a tódolos seus seguidores gañando ó Valencia Básquet por 76 a 72 no Mulitiusos do Sar de Santiago. Selou así a súa permanencia nunha categoría á que regresou esta tempada logo de descender hai dous anos á Liga L.E.B. Ouro (división inmediatametne inferior á A.C.B.)

A aficción -que merece un 10 polo seu apoio- celebrou o triunfo coa canción do grupo galego A Roda "Andar Miudiño", un tema convertido en himno oficioso de equipo. Noraboa pola traballada e merecida permanencia Obra!!!

As imaxes non se corresponden co partido de hoxe, pero sí cos cánticos habituais dos centos de aficcionados que enchen habitualmente o Mulitusos do Sar en Compostela



Canción "Andar Miudiño" de A Roda




martes, 1 de maio de 2012

** Xplora chega á TDT


SANXENXO. Julio Torres

Desde hoxe La Sexta 2 chámase Xplora e convértese nun canal de temática documental. Atrás quedarán as repeticións de programas e series xa vista en La Sexta para emitir, entre outros documentais, os producidos pola BBC británica ou por National Geographic. Será por tanto a competencia directa de Discovery Max (anteriormente emitía baixo o nome de La 10 programación convencional), canal especializado na mesma temática.

¿Chegará por fin a cultura á TDT ou so se trata de captar audiencia cando outras fórmulas fallan? Esperemos que os canais documentais se manteñan. Agora xa non so serán algúns programas de La 2 os únicos en emitir documentais, pois tanto Discovery Max coma Xplora son canais que os emitirán as 24 horas. Ougallá a aposta funcione. Mágoa que aínda exista telelixo en forma de Gran Hermano,etc. que da mostra do baixo nivel de audiencia e conformismo que impera na sociedade. Claro que nunca me fiei das medicións das audiencias. ¿Coñecedes a alguén cun medidor de audiencia na t.v.?

** A Lareira Máxica cumpre hoxe 6 anos na blogosfera


SANXENXO. Julio Torres

Coma calquera persoa, os blogs tamén cumpren anos. E xa sabedes que A Lareira Máxica empezou a alumear un 1 de maio de 2006. Tódolos anos por esta data falei dunha chea de cousas, polo que non quixera repetirme moito. Simplemente quero dicir tres cousas:

1- A ilusión que me levou a crear un blog en 2006 sigue tan viva ou máis. Fáltanme moitos temas dos que falar. Gústame escribir e animar a outras persoas que escriban, ou cando menos que opinen do que aquí se fala. Se agora non publico tanto non é porque non teña do qué escribir. ¡¡NON!! É porque outras prioridades reclaman a miña atención. So por iso.

2- É moi grato ver que os artigos que se publican en A Lareira Máxica reciban comentarios, pois animan a seguir escribindo máis artigos e axudan a establece un diálogo de opinións.

3- A Lareira Máxica naceu como un proxecto persoal que pouco despois se abriu a tod@s os que nela quixeran publicar artigos ou propoñer novas seccións. Sen os que escribides no blog, éste non tería vida. Así que quero, un ano máis, darlle as gracias a tódol@s colaboradores/as (os seus nomes aparecen na columna dereita, nas etiquetas de colaboradores/as) e a tódolos comentaristas. Ós que xa estaban e ós que descubriron o blog nos últimos meses. A tod@ MOITÍSIMAS GRACIAS.

[Lembrade que A Lareira Máxica ten páxina no face. O enlace tédelos arriba.]


luns, 30 de abril de 2012

** Efemerides. Tal día coma hoxe...30 de abril ó 6 de maio


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao




abril-30 1917 Nace no Barco de Valdeorras (Ourense) o prolífico historiador Antonio Meijide Pardo.
abril-30 1963 O presidente da RAG, Sebastián Martínez Risco, comunicoulle ó Ministerio de Información e Turismo franquista o acordo de establecer como Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, e solicitou a súa autorización para levar a cabo esa iniciativa.
abril-30 1963 Falece en Ourense un dos escritores fundamentais da chamada Xeración Nós: Vicente M. Risco, autor da Teoría do nacionalismo galego e tradutor de obras europeas á nosa lingua.


maio-01 1932 Comeza a súa andaina a revista político-literaria luguesa Yunque, dirixida por Ánxel Fole.
maio-01 1941 Nace en Cáceres M.ª Victoria Moreno, escritora de literatura infantil e xuvenil en galego.
maio-01 1971 N.º 1 de Terra e tempo, un exemplo de revista monolingüe en galego, vinculada á UPG, no seo da emigración en Europa (editada primeiro en París e logo en Xenebra, e distribuída en diferentes países de Europa e de América). Terra e tempo nace na data de celebración do Día Internacional do Traballo.


maio-02 1901 Nace en Pontevedra Luís Amado Carballo, lírico renovador, cultivador sobre todo de poesía hilozoísta. maio-02 1988 Falece en Madrid o escritor ourensán Ben Cho Shey (Xosé Ramón Fernández Oxea).


maio-03 1710 O Ilustrado Padre Sarmiento, con apenas 15 anos, deixa Galicia, onde aprendera a falar en galego de forma natural e á que había volver só en tres ocasións, para facer o noviciado na orde beneditina.
maio-03 1980 Constitúese en Santiago a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG),«destinada a defender os intereses da práctica escrita en galego».


maio-04 1924 Castelao le, unha vez máis, un discurso en galego, O novo esprito, con motivo do seu ingreso no histórico Seminario de Estudos Galegos.


maio-05 1754 O erudito Padre Sarmiento inicia, desde Madrid, onde reside, a súa terceira e derradeira viaxe á súa terra de Galicia, sempre anotando no seu caderno palabras en galego.
maio-05 1963 Inaugúrase en Vigo a Biblioteca da Fundación Penzol, importante entidade que custodia moitos fondos bibliográficos e hemerográficos galegos.


maio-06 1912 Nace en Ferrol o pintor e autor de contos en galego José Leyra Domínguez.
maio-06 1929 Nace en Fisterra o escritor, editor e inventor Alejandro Campos Ramírez, que empregou sempre o pseudónimo Alejandro Finisterre. A el debémoslle a invención do Futbolín. Faleceu en 2007.
maio-06 1931 O Seminario de Estudos Galegos publica (Imprenta Paredes, Santiago) o Anteproyeito de Estatuto da Galiza.


É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).