** Menos pode ser máis
SANXENXO.Julio Torres
É certo, ás veces menos é máis. Non por decir moitas cousas vas dicilas mellor. Como tamén se soe dicir: "lo bueno, si breve, dos veces bueno". ¿A que ven isto? Pois ben a que sempre hai xente aproveitada e xente que non ten ideas máis alá do momento. Estou pensando neses comerciantes que por ganar un euro máis poden perder un cliente. Vamos que poden ganar máis no momento, pero perder moito á larga.
Hai moitas persas vendedoras que non valen para vender, ou mellor dito, que non pensan en vender a longo prazo, senón a curto. Grave erro. Iso por non entrar en que hai moito vendedor desagradable. ¿A quen non lle pasou algunha vez? Saber perder para logo gañar (é preferible perder de ganar algo a perder un cliente), a confianza, o trato e a seguridade deberían ser aspectos moi importantes para quen quere prosperar como vendedor ou comerciante. Os detalles son moi importantes para os clientes. E ¡ollo!: non se trata de enganar ó cliente dicíndolle que algo vale máis do que en realidade custa para, acto seguido, "rebaixarlle" dous eros o precio, deixalo quedar no precio real e facerlle crer ó cliente que lle fixestes un detalle. ¡¡ Cóllese antes a un mentiroso que a un coxo!! Hai vendedores con con pouca amplitude de miras ou demasiadas, segundo se mire... Así de sinxelo.




