luns, 21 de marzo de 2011

** A Frase Máxica....de benvida


"En el corazón de todos los inviernos vive una primavera palpitante y detrás de cada noche viene una aurora sonriente"


Khalil Gibran

luns, 14 de marzo de 2011

** Cando o aburrimento tamén pode significar amor


CORUÑA. MARÍA
Colaboradora de A Lareira Máxica

Hoxe de novo apetéceme volver a escribir. De nada en concreto mais de todo en xeral.

Vedes? Xa non fai falta estar inspirado, senón que che apeteza. E a min hoxe apetéceme. E moito. Non sei se me sairá algo ou non me sairá nada, pero vouno intentar.

Realmente non é que haxa algo concreto, como xa dixen, do que queira falarvos, simplemente me apetece sentarme diante do folio en branco e escribir e compartir un rato con vós.

Será que me sinto rara. Non sei. Tampouco sei moi ben o motivo. So sei que onte, unha compañeira de traballo á que coñezo dende fai uns anos, me contou algo que non sabía. Algo que me fixo lembrar toda a merda vivida nos últimos meses e que tamén compartín xa con vos no seu momento. Xa sabedes a que me refiro.

Pois ben, a compañeira esta levaba 4 anos e pico co seu mozo. Lembro que, ainda que non o coñecía a el, a sensación que tiña desa parella era a de duas persoas que se levan moi ben. Aínda que son novos, ela polo menos non falaba de algo pasaxeiro ou temporal. Imaxino que despois de tanto tempo xuntos será normal. Pero iso, que eu tiña a sensación de que era unha parella moi consolidada. De feito sempre bromeaba preguntándolle cando casaba.

Pois onte entereime de que o deixaron despois de catro anos e pico pq ela se enterou de que el facía dous meses que tiña unha relación paralela. Con unha veciña, coñecida dos dous.

De novo, neste caso foron as novas tecnoloxías as que axudaron a cazar o cazador furtivo. A miña compañeira non notara nada raro na súa atitude. Mais di que esa veciña que sempre os saudaba os dous moi efusivamente, levaba unha tempada que deixara de saudalos cando se cruzaban na rua. Chamádelle instinto, chamádelle intuición femenina, chamádelle como queirades. O caso é que ela cheirou algo raro e empezou a indagar. E bingo. No tuenti do mozo atopou varias mensaxes moi comprometedoras. Comprometedoras non, reveladoras.

Falou con el e negoulle todo. Ata que lle puxo as evidencias nos morros claro. Entón díxolle que simplemente non podía seguir con ela, que se aburría.

Hai que joderse. O home aburríase. Digo eu, pensarán que a vida é sempre como os 4 primeiros días que estás con unha nova muller? Pois deben pensar.

Home, non digo que a rutina sexa boa sempre. Pero as veces ata se agradece non? Ter unha rutina coa tua parella para min significa iso, que a relación está consolidada. Non sei. Rutinario tamén é moitas veces o traballo, o día a día, e non por iso andamos buscando emocións novas. Quero decir, que xa nos gustaría moitas veces cando algo malo rompe a monotonía do noso día a día, poder seguir coa rutina de sempre. Que as emocións e as alegrías de cando en cando están ben, pero que eu imaxino que compartir unha vida con alguén significa iso, que chegue un punto en que a cousa se volva xa un pouco “aburrida”. Sei que moitos me daredes guerra por iso, que diredes que a monotonía e a rutina é o fin do amor pero eu non estou moi de acordo. Unha cousa é a monotonía como tal, o aburrimento no seu máis literal sentido, e outra moi diferente pois iso, o feito de compartir unha vida con alguen. Que a longo prazo imaxino que debe ser algo bastante “aburrido” pero xa me gustaría a min (e seguro que Moucho está de acordo comigo) poder disfrutar desa clase de aburrimento.

Para min aburrido é sentarte no sofá un venres pola noite para ver a rosallada toda da tele porque non tes nada mellor, nin peor, que facer. Simplemente porque non tes alternativa.

Para min aburrido non é sentarse no sofá acurrucada na túa parella para ver incluso o futbol, ou a telebasura máis basura da tele.

Díxeno sempre e espero poder seguir decíndoo moito tempo. Eu sería capaz de pasarme a vida sentada nun sitio calquera collida da man da miña parella. Mentras estivésemos el e eu, non precisaría máis alicientes. Seríame suficiente. Pero claro, iso digoo porque nunca estiven 4 loooongos anos con ninguén. Igual despois diso cambiaba de opinión. Se me pasa algún día, virei e contaréivolo. Mentras tanto seguirei preguntándome se se trata dunha moda, dun virus ambiental ou que, pero parece que a xente xa non ten nin principios nin valores. A xente simplemente se limita a vivir o día a día e vese que a este rapaz un día se lle cruzou unha por diante que nese momento lle tirou máis que a parienta coa que levaba 4 anos e decidiu probar a ver. Sen pararse a pensar mais alá dese momento. Sen pararse a pensar na moza, na nova amante. Sen pararse a pensar sequera nel mesmo. A xente actúa por impulsos, e so importamos nós. Nós e nadie máis ca nós. Ós demáis, que lles den.

Pois non sei se quero formar parte de todo iso a verdade.

Terei que pensalo.

Vós que dicides?

** A Frase Máxica....amig@s verdaderos


"El facebook no te permite saber cuantos amig@s verdaderos tienes, pero sí conocer los que de verdad no lo son"



Anónim@

sábado, 5 de marzo de 2011

** A tradición enxebre do tempo de entroido


SANXENXO. Julio Torres



Un carnaval onde non se escoite a canción de Georgie Dann "Carnaval, carnaval" son como unhas Navidades onde non se escoite o "Feliz Navidad" de Boney-M. O mesmiño. Nestes días de entroido (palabra que me gusta máis que a castellana de Carnaval) é momento para poñer unha careta diante da cara e vestirte doutra persoa que, en realidade, non eres. Vamos, é como toda a xente hipócrita que se "disfraza" todo o ano dunha persoa que non é. Iso sí, a diferencia é que no Carnaval é algo lícito facelo porque é tempo diso, de disfrazarse, polo que non se incurre nunha hipocresía.

O tempo de entroido son uns días que -consciente ou inconscientemente-, nos transportan ó tempo máis tenro das nosas infancias nos que moit@s íamos disfrazados de choqueiros polas casas dos veciños pedindo o que daquela era todo un tesouro: "¡unha pesetiña!" que se pedía namentres cos teus amig@s percorrías o teu pobo e logo, cos cartos recaudados, te comprabas unhas cantas lambonadas...Cantos recordos!! Hoxendía, por aquí, o de ir a pedir xa se leva pouco(asáltame a dúbida de que cantidade económica pedirían os nosos cativos), pero sí o de ir disfrazados a festas, o desfile de disfraces, entre os que destacan o das típicas comparsas. As comparsas, que a ritmo de melodioso verso escenifican unha cantiga de escarnio social da que case ninguén se libra e que devora á xente coas súas medidas verbas.

É moi bonito, sobre todo nestes duros tempos de crise, que perdure o sentimento de Entroido, unha das poucas tradicións enxebres que non esmorece no tempo nin sucumbre a influencia anglosaxona. Desde A Lareira Máxica deséxovos un moi feliz antroido, que o pasedes moi ben, pero con sentidiño!!!