Vivienda, ese derecho pisoteado
-
[image: Vivienda, ese derecho pisoteado]
El uso del suelo no se ha regulado de acuerdo con el interés general sino
más bien al contrario: la vivienda se ...
Hai un día
8 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
É curioso comprobar que envías invitacións a algunhas persoas que consideras amigas pero que, en troques, non é aceptada. Por sorte son moi contadísimas (cos dedos dunha man e quizás sobre algún), pero persoas destas, habelas hailas...
A outr@s o que lles pasa é que teñen amig@s agregados no facebook pero que se os atopan pola rúa non se saúdan aínda que se vexan. ¿?????? Conclusión: absurda relación de amizade vía face. A min iso, por sorte, nunca me pasou.
Iso sí, sigo pensando que as verdadeiras amizades non son todas as dos face. Teño moi bos amigos e amigas que non teñen face nin ningunha rede social.
O das redes sociais si que é un tema complicado, ó meu modo de velo.
Eu non as emprego moito que digamos. De feito creara conta en tuenti no seu momento máis que nada por meu cuñado que non me deixaba de romper a cabeza, e ó final acabei dándome de baixa porque non a usaba, ó non usala non sabía moi ben como funcionaba, e como so tiña a dúas persoas agregadas, pois iso, que acabei por cerrala e punto.
Co facebook pásame parecido.
De todos modos, en relación ó que dis Julio, había un grupo (non sei se aínda existe) que falaba de algo diso. Algo como, "para que me agregas al facebook si luego no me saludas por la calle", ou algo así.
A min os que me fan gracia son esas persoas que teñen centos e centos de amigos. NOn sei, cada un entende o tema como lle parece. Eu son partidaria de agregar a cousas tan privadas e persoais só a aquelas persoas íntimas, amigos, familia etc, pero eso, xente máis íntima. Nin a descoñecidos, nin a grupos como falara tamen xa Julio no seu momento e demáis. Mais que nada porque o principio creas a conta un pouco porque si, pero a largo prazo se acabas metendo fotos, e deixando comentarios persoais e demáis, pois non sempre che apetece, a min polo menos, que medio mundo e parte do extranxeiro, coñeza esa parte de ti. Non por nada, senón porque, simplmente, é persoal. Se eu colgo unha foto miña é para que a poida ver quen eu decida, non para que, se por exemplo, me uno a un grupo concreto ou un pub por poñer un exemplo, calquera outro "amigo" dese grupo/persoa/pub etc, poida ver tamén as miñas cousas.
Co cal, paso.
Tamén me ten pasado o que comenta Julio de amigas amigas. Compañeira de traballo para máis seña, á que pola dirección de correo atopei no facebook pero que nunca chegou a agregarme os seus amigos. Non sei a razón, pero como en todo, cada un é libre de decidir. Igual simplemente lle pasa como a min e non lle apetece que eu vexa ou sepa certas cousas. Eu que sei. Pero tamén, que máis da?
E que eu estas redes sociais equiparoas ó Hola, ás revistas de cotilleo. Entereime de varios "cotilleos" de amig@s a través das redes sociais. Como por exemplo o caso dunha amiga que vive no extranxeiro e a que fai anos que non vexo e gracias as redes sociais entereime de que estaba embarazada.
Outro amigo colgaba no facebook todo os seus movementos. Cando ía ó cine, cando ía a outros sitios, cando saía a cear fora coa muller, o que comía etc. Ese tipo de cousas tamén me parecen xa excesivas. Pero non porque se colguen, ollo, que cada quen fai o que quere coa sua vida. Pero paréceme un pouco "morboso" que poidamos chegar a saber ese tipo de cousas doutras persoas.
Uff, mirade que entrei con presa na paxina e non tiña moito tempo, pero o final ........ je je.
Saudos para tod@s
Claramente opino que nas redes sociais non están os bos amigos, outra cousa é que coincida algún.
Eu xa me din de baixa, emprego e gústame máis o correo.
Pero de todos modos os bos amigos son os que están ahí, de verdade. Os que os podes chamar e quedar.
Logo podemos ter miles de compañeiros, persoas coñecidas...
Pero sigo pensando cos bos amigos cóntanse con dedos dunha man.
Tamén certo é que dentro dos amigos hai niveis, uns son máis ca outros.....pola intensidade de comunicación ou do tempo.
Penso que a través das redes sociais, as veces podes atopar un bo amigo pero non é o habitual, ao menos é a miña experiencia.
Bo día a todos.
Pois eu sonche unha amiga incondicional. Nin do face, nin do twitter, nin sequera do messenger. Incondicional e queda dito todo.
Fas moi ben, Mariam!!! Polo menos ti eres coherente. Outras persoas son incoherentes co que fan e non se sabe se, en realidade, son ou non son amigas. Depende como sopre o vento. Ou iso parece. Se realmente unha persoa é verdadeiramente amiga é amiga con tódalas consecuencias sen importarlle o que poidan pensar e senón mellor non darse de alta no face, etc. A min so me pasou cun par de persoas, literalmente, pero coñezo a persoas que lles acontece o mesmo.
O que sigo sen explicarme é o feito daquelas outras persoas que te aceptan como amigo e logo nin usan o face. Parece que so o teñen para cotillear. Para observar sen ser observado. Aquí leva moita razón María. Se non se vai usar para que se sigue tendo conta no face. Mellor manter contacto por correo...¿Non?
Estou con Mariam: como norma xeral non hai mellor maneira de cultivar as boas amizades que falar con elas xa sexa por teléfono ou, mellor aínda, en persoa. Onde haxa isto, que se quite o resto. E senón, sempre nos quedará o correo.
Os bos amigos están por riba das novas teconoloxías, aínda que o seu uso axuda a salvar a distancia e a non perder contacto.
Sonia: levas moitas razón no que dis. Os bos amigos e amigas de verdade cóntanse cos dedos. Amig@s pode haber moitos pero cos que realmente teñas plena confianza moi pouc@s.
E contigo vóltase a cumprir o de que hai moi bos amig@s que non teñen face ou outra rede social, pero que seguen mantendo contacto de igual xeito.
Gracias pola túa amizade!!!
MARÍA: que me olvidaba de ti, perdoa. Tamén estou dacordo co que ti dis. O teu razoamento é bo. E non podo engadir nada máis ó que dis.
Moralexa final: o face, o twitter,etc. están moi ben pero non debe sustituír ó contacto persoal ou verbal. Co que se disfruta tomando algo cun amig@. As redes sociais están ben, pero usadados con cabeciña, como moi ben din María, Maríam e Sonia.
Ás tres moitas gracias pola vosa amizade. Con isto queda demostrado que non fai falta ter face para gozar da vosa amizade. Gracias ás tres!!!
Por suposto, cadaquén é libre de dar de alta a quen queira como amigos.
Tamén é importante ter en conta a privacidade en internet, como moi ben apuntaba María, pois hai xente que sube fotos e fotos e conta ata o máis mínimo detalle do seu día a día.
Canto ó que falaba de coherencia ou incoherencia penso que fixen un xuízo trabucado. Ás veces hai razóns que xustifican as accións, polo que respeto e entendo o que haxa persoas amigas que, por x razón non de dean de alta no face.
INSISTO: Un amigo demóstrase non polo face senón polo día a día e polo contacto persoal (físico e verbal, sobre todo). As redes sociais non deben ser usadas para medir que persoas son as túas amigas. Non debe ser un indicador válido pois cada un entendo cousas distintas, ás veces nun afán populista máis que realista (centos e centos de "amig@").
Publicar un comentario