** Cando o aburrimento tamén pode significar amor
CORUÑA. MARÍA
Colaboradora de A Lareira Máxica
Hoxe de novo apetéceme volver a escribir. De nada en concreto mais de todo en xeral.
Vedes? Xa non fai falta estar inspirado, senón que che apeteza. E a min hoxe apetéceme. E moito. Non sei se me sairá algo ou non me sairá nada, pero vouno intentar.
Realmente non é que haxa algo concreto, como xa dixen, do que queira falarvos, simplemente me apetece sentarme diante do folio en branco e escribir e compartir un rato con vós.
Será que me sinto rara. Non sei. Tampouco sei moi ben o motivo. So sei que onte, unha compañeira de traballo á que coñezo dende fai uns anos, me contou algo que non sabía. Algo que me fixo lembrar toda a merda vivida nos últimos meses e que tamén compartín xa con vos no seu momento. Xa sabedes a que me refiro.
Pois ben, a compañeira esta levaba 4 anos e pico co seu mozo. Lembro que, ainda que non o coñecía a el, a sensación que tiña desa parella era a de duas persoas que se levan moi ben. Aínda que son novos, ela polo menos non falaba de algo pasaxeiro ou temporal. Imaxino que despois de tanto tempo xuntos será normal. Pero iso, que eu tiña a sensación de que era unha parella moi consolidada. De feito sempre bromeaba preguntándolle cando casaba.
Pois onte entereime de que o deixaron despois de catro anos e pico pq ela se enterou de que el facía dous meses que tiña unha relación paralela. Con unha veciña, coñecida dos dous.
De novo, neste caso foron as novas tecnoloxías as que axudaron a cazar o cazador furtivo. A miña compañeira non notara nada raro na súa atitude. Mais di que esa veciña que sempre os saudaba os dous moi efusivamente, levaba unha tempada que deixara de saudalos cando se cruzaban na rua. Chamádelle instinto, chamádelle intuición femenina, chamádelle como queirades. O caso é que ela cheirou algo raro e empezou a indagar. E bingo. No tuenti do mozo atopou varias mensaxes moi comprometedoras. Comprometedoras non, reveladoras.
Falou con el e negoulle todo. Ata que lle puxo as evidencias nos morros claro. Entón díxolle que simplemente non podía seguir con ela, que se aburría.
Hai que joderse. O home aburríase. Digo eu, pensarán que a vida é sempre como os 4 primeiros días que estás con unha nova muller? Pois deben pensar.
Home, non digo que a rutina sexa boa sempre. Pero as veces ata se agradece non? Ter unha rutina coa tua parella para min significa iso, que a relación está consolidada. Non sei. Rutinario tamén é moitas veces o traballo, o día a día, e non por iso andamos buscando emocións novas. Quero decir, que xa nos gustaría moitas veces cando algo malo rompe a monotonía do noso día a día, poder seguir coa rutina de sempre. Que as emocións e as alegrías de cando en cando están ben, pero que eu imaxino que compartir unha vida con alguén significa iso, que chegue un punto en que a cousa se volva xa un pouco “aburrida”. Sei que moitos me daredes guerra por iso, que diredes que a monotonía e a rutina é o fin do amor pero eu non estou moi de acordo. Unha cousa é a monotonía como tal, o aburrimento no seu máis literal sentido, e outra moi diferente pois iso, o feito de compartir unha vida con alguen. Que a longo prazo imaxino que debe ser algo bastante “aburrido” pero xa me gustaría a min (e seguro que Moucho está de acordo comigo) poder disfrutar desa clase de aburrimento.
Para min aburrido é sentarte no sofá un venres pola noite para ver a rosallada toda da tele porque non tes nada mellor, nin peor, que facer. Simplemente porque non tes alternativa.
Para min aburrido non é sentarse no sofá acurrucada na túa parella para ver incluso o futbol, ou a telebasura máis basura da tele.
Díxeno sempre e espero poder seguir decíndoo moito tempo. Eu sería capaz de pasarme a vida sentada nun sitio calquera collida da man da miña parella. Mentras estivésemos el e eu, non precisaría máis alicientes. Seríame suficiente. Pero claro, iso digoo porque nunca estiven 4 loooongos anos con ninguén. Igual despois diso cambiaba de opinión. Se me pasa algún día, virei e contaréivolo. Mentras tanto seguirei preguntándome se se trata dunha moda, dun virus ambiental ou que, pero parece que a xente xa non ten nin principios nin valores. A xente simplemente se limita a vivir o día a día e vese que a este rapaz un día se lle cruzou unha por diante que nese momento lle tirou máis que a parienta coa que levaba 4 anos e decidiu probar a ver. Sen pararse a pensar mais alá dese momento. Sen pararse a pensar na moza, na nova amante. Sen pararse a pensar sequera nel mesmo. A xente actúa por impulsos, e so importamos nós. Nós e nadie máis ca nós. Ós demáis, que lles den.
Pois non sei se quero formar parte de todo iso a verdade.
Terei que pensalo.
Vós que dicides?
18 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
É un tema moi complexo María, pero entendo o que dis. Por suposto, a infidelidade é algo totalmente detestable. Non pode haber unha relación seria de parella se falla o pilar básico: a fidelidade.
Este tema, en certa maneira, lémbrame o dos silencios que, lonxe de ser tensos, implican complicidade e estar a gusto.
Saúdos desde a terra da Madama
Bueno, as relacións terminan. Unhas máis civilizadamente e outras menos civilizadamente. Hai de todo. Con todo, a aparición de terceiras persoas creo que é un motivo bastante habitual. Non é que unha terceira persoa se entremeta e arruine unha realción consolidada e feliz, e que posiblemente esa vida en común xa estivera esgotada e a aparición doutra persoa o que fai é de detonante.
Eu penso así, agora ben, cada persoa é un mundo, e como lle oín dicir unha vez a Rocío Jurado: "y algunas personas son dos".
Rutina, aburrimiento, moitas persoas quéixanse deso, de que a rutina mata o amor. ¿Non será que o amor, a bioquímica do cerebro que fai que nos namoremos de fulanito ou de menganita ten data de caducidade e que logo do enamoramento cego, solo queda o máis absoluto aburrimiento, a rutina, un par de fillos, a hipoteca, o coche, as comidas na casa dos sogros, o cuñado pesado, a tía de Arxentina, o can e pouco máis?
¿Non coñecedes matrimonios tremendamente aburridos? Eu si, bastantes. "Je voi la vie en rose" e con solo rascar un chisquiño a capa exterior, rosita, aparece un tono gris moi feo, unha insatisfacción que arrepía.
Mariam, solteira vocacional.
Levo prisa, vaia por diante. Vou facer un comentario rápido: 95% de acordo co que escribeu María e 95% de acordo co que escribeu Mariam. Xa sei que son puntos de vista diferentes, o que pasa é que ambas posturas me parecen realistas. Vamos, que entendo os súas puntos de vista e que tamén os comparto en gran parte. Agora non teño tempo de desenrolar o 10% de opinión propia, tendes que perdoar.
Se cadra, tamén ela estaba aburrida e non fixo tal cousa. Digo eu, que cando unha relación empeza a facerse monótona, é cousa de dous, non culpa do de enfrente. Decir que estaba aburrido e largarse paréceme de pouco home, de pouco loitador, ¿que fixo él para que a relación non decaira?. Pregunto.
Fácil é falar, comentar, compartir, o que vive cada quen é propio. Hoxe podo ter unha opinión e mañá experimentar en carne propia e ter outra.
Penso que nunha relación a base está no diálogo, comunicación e comprensión mútua........Penso, ou quero pensar que si é amor, debería durar, e amor non é namoramento e moito máis. Nas parellas como en todas haberá mellores e peores épocas, pero si queres a alguén todo pasa...Como dicides o silencio as veces é sinónimo de estar a gusto con esa persoa...É normal que as veces haxa rutinas...
Pero a xente somos moi complexa, é sen saber o porqué as parellas se rompen, como ben di María, as veces ben e outras mal.
Outras parellas perduran e non comprendes aparentemente como están xuntas...Un pensa estarán xuntos por rutina?
O ser humano é complexo, e cada quen experimenta o amor dunha forma diferente, ¿existirá o amor ou é todo unha invención do home para sobrevivir, para non estar so..?
Que mal repartido anda o mundo. Uns tanto e outro nada por non decir tan pouco. (Refirome o meu caso,jeje) Estou dacorto contigo Maria. O que soe ocorrer en estes casos é que realmente non estan namorados os dous, sinon que so é unha parte a que está namorada mentres que a outra parte, aproveita esa ocasión e convive un tempo coa primeira parte pois sintese un home... (Bueno non sei como decilo) afortunado porque disfruta do amor que lle da esta persoa, pero no fondo non é un sentimento reciproco pois posiblemente a este individuo tanto lle daba unha muller a outra. Con tal de que sexa guapa e che faga pasar bos ratos,... Claro, cando se cansa o seu cerebro, este busca novas aspiracións, pois realmente nunca estivo namorado da outra parte, sinon que todo lle veu rodado. En cambio a muller que si está namorada ocorrelle que o seu corazon non é capaz de coñecer como é en verdade á sua parella. Efecto típico nos namoramentos. Ata que tropeza coa dura realidade. Ainda que pareza raro, é o mellor que lle pode pasar, pois vive nunha realidade que non é a que pensa. E descubrir a verdade é dura pero co paso do tempo é moi liberadora. Eu non son o apropiado para dar consellos acerca da vida sentimental dos demais,(incluso non debera opinar sobre a vida de duas personas que non coñezo e non sei como levan as súas vidas). Eu non creo que chegue a coñecer a alguen que me ame polo que son. Xa vou vello. Solo podo aspirar a ter amores platónicos. O que si me houbese gustado é coñecer a alguen que me encha tanto o corazón que solo queiras estar na súa compaña.Unha persoa que te apoie e te guie na vida. Alguen con quen compartir alegrias e penas. Alguen que sinta por ti o mesmo que eu sinta por ela. Alguen que te acompañe no mellor e no peor, no divertido e no aburrido. Os meus oidos xa teñen chegado rumores acerca de casos como este e solo podo decir que este home ten no fondo unha enorme falta de madurez e responsabilidad. Que pasa: que debido que que el é atractivo, non lle resulta dificil que outras mulleres se fixen en el. E claro, el deixase levar polos impulsos "cortos" do seu reducido cerebro. Bueno, votaría falando unha chea de tempo mais pero sería un cansino. Un saudo a todos. Alba: ultimamente sempre andas estresad@. ¡Relaaaaxateeee!. Mariam: Gustoume tamen a tua opinión e ó igual que Alba, tan comparto parte de esa idea. Ainda así, é posible que esos matrimonios que nos vemos como extremadamente aburridos, eles non opinen o mesmo ca ti. E posible que eles sean felices. Cada persoa ten unha personalidade propia. O que para nos é aburrido, para outros é normal. A xente non hai quen a entenda. Gustoume o final. Ironico con aires de resignación. Fixechesme rir. Gracias. Pero nunca digas nunca xamais. jejeje.
Vamos a ver, hai matrimonios aburridos. Tan aburridos están que se nota as légoas que hai moito tempo que non o pasan ben xuntos. Quizás a palabra máis axeitada para definilos non sexa "aburridos". Bueno, a única palabra que me ven á cabeza inda é peor: "fracasados". Hoxe non estou moi inspirada. Hai de todo, ten que ser así. Supoño que serán as cousas da convivencia.
¡Hola!
Hoxe, con un pouco máis de tempo, vou escribir sobre o meu 10% de discrepancia con respecto ó artigo de María e ó comentario de Mariam. A miña opinión é que non se pode teorizar sobre un tema tan complexo como o dos sentimentos, xa que, moitas veces, as nosas ideas previas mudan en canto nos namoramos. Ó amor, ós sentimentos non se lle poden poñer cancelas, pásalle o mesmo que o mar.
Tampouco creo que a relación entre dúas persoas sexa sempre a mesma. É máis, o normal é que as persoas vaían evolucionando coas experiencias, boas e malas, que se van tendo na vida. Xa sei, que hai eternas adolescentes como Anita Obregón ou a duquesa de Alba, e paréceme estupendo que sexa así. O que pasa é que eu penso que as persoas evolucionan e as relacións tamén. Creo que xa estou teorizando, ¡mecachis! Non era a miña intención. Comprendo o que quere transmitirnos María cando fala do "bendito aburrimiento" e tamén comprendo o que dí Mariam sobre o "asqueroso aburrimento", son situacións que sei que existen, que se dan na realidade.
En canto a duda que prantexa Sonia sobre a existencia do amor, eu non teño dúbidas: o amor existe e ten unha forza inmensa. ¡Ollo!, non digo que o amor sempre sexa un acontecemento positivo e creador, ás veces será así, outras non.
En canto ó que di Julio da fidelidade creo que leva razón. Agora ben, sería interesante abrir un debate sobre o significado da palabra fidelidade. Explícome, cando falamos da fidelidade referímosnos a unha cuestión puramente sexual ou entraría tamén o flirteo que moitas persoas con parella manteñen con terceiras persoas. É coma unha especie de tonteo ou tanteo, non sei moi ben de que vai a cousa. Eu teño serias dúbidas en canto a esta cuestión.
Moucho, gustaríame que respetases a ortografía do meu nome: Alva. Pois si, ando bastante estresado, creo que necesito unhas vacacións.
Mariam: a fidelidade en sentido amplio. Nada de flirteos, pois poden ser perigosos. A fidelidade supón ser fiel á persoa que queres. Algo así como cando se "en la salud y en la enfermedad...". Doutro modo, non se entendería o amor sin fidelidade. E fidelidade, claro está, por ambas partes. A fidelidade supón non poñer unha relación en perigo por aventuras, flirteos, etc.etc. Supón pensar nunha parella como dous, non como máis de dous. E, por suposto, polas dúas partes. Faltaría máis!!!
Moi interesante a cuestión sobre que é a fidelidade. Para min, sempre tiven moi claro que hai cousas peores que que me poñan os cornos. Para min é moito máis grave o tonteo por detrás, a escondidas da parella. A traición como digo eu. Un polvo nun momento dado, se foi so iso, un polvo, pode non ter a maior importancia. Unhas palabras que se extenden no tempo, poden ser moito máis graves. Explícome. Un polvo é iso, un polvo. Cando tes unha persoa a que lle contas moito máis que a propia parella, chámalle amiga chámalle x, coa que che gustaría ter o mellor algo mais ainda que non chegues a consumar ese desexo. Para min iso é moito máis grave. Doeríame máis ese tipo de traición que a outra.
Creo. Pq como ben di Alva, teorizar sobre este tipo de cousas ... Mellor non verse nelas para saber como actuariamos realmente.
Pois eso mesmo penso eu da fidelidade. Sen embargo observo que para algúns homes non é así. E non me refiro o típico lanzado que todos imaxinamos, xa me ten pasado con xente culta, de un alto nivel social. Vellos que me levan 20 anos e non tan vellos. A min sorprendeme a súa actitude, de verdade, ese flirteo descarado cando se leva unha alianza na man. Unha explicación que se me ocorre é que unha persoa pode ter case 60 anos cronolóxicos e ter 40 anos mentais, e dalgún xeito, sentirse moi ben tonteando cunha muller máis xoven. Non sei, quizás non soportan o paso do tempo ou non o asimilan ben. Por eso penso que hai moitos matrimonios daquela maneira, pseudomatrimonios por dicilo dalgunha maneira.
Alva: Por si non te deches conta, o da ortografía estouno facendo a posta. Cousas miñas. Hoxe creo que sain de dudas respecto a certo detalle da tua personalidade. A partires de agora escribireino con v. Teño que decir que tes certo misterio ó teu redor. Un saudo a todos.
Por erro, no meu último comentario puxen Mariam en lugar de Alva. É moi evidente que lle estaba contestando a Alva. Con todo, quero deixalo claro e pedir disculpas públicamente pois a cousa non ía con Mariam.
Ultimamente entro moi pouco tempo no blog e non repaso o que escribo. E menos mal que conta coa axuda de Patricia para moderar os comentarios. Gracias Patri!!!!
O dito, que foi fallo meu. Para que así quede constancia.
Rachel: o que me parece é que se non estaba ben con ela, tiña que terllo dito. Ante todo sinceridade. E estar con alguén a que non queres...
Sonia: efectivamente, levas moita razón. Falamos moito, pero hai que verse na situación e todos somos moi complexos.
Moucho: para non ser un experto....
Mariam: coincido na diferenciación entre aburrido e fracasado, ou dirían máis ben aburridos e nos que o amor esgotouse. Hai xente que pode ser feliz dentro do aburrimento, pois o amor segue latexando dentro da monotonía.
María: mellor, claro está, non verse nelas. Vamos, o que tamén dicía Sonia. Con razón.
Publicar un comentario