** TVE: menos publicidade, pero as mesmas tixeiras
SANXENXO. Julio Torres

Como xa sabedes, desde o día 1 de xaneiro TVE xa non emite publicidade (agás aquela ligada a patrocinadores de eventos deportivos como pode ser o caso da Liga ACB de baloncesto). Con todo, sí que emite bastantes promos de programas, series ou películas que van botar en TVE. Pero algo se avanzou.
No que se sigue sen avanzar é no tema das películas, máis en concreto dunha vez que terminan: dos títulos de crédito. Dame moita rabia que se corten os títulos ós dous segundos. Coido que é unha falta de respeto, non so para os telespectadores senón, e sobre todo, para as persoas que fixeron posible a película. A "técnica" de cuasi elminación dos títulos de crédito foi introducida en España polas televisións privadas. E como todo o malo se contaxia pois...TVE non foi menos. Tiña a esperanza que unha vez eliminada a publicidade se respetarían os títulos de crédito completos. Pensaba que incluso lle podía interesar á propia TVE para encher uns minutos de programación e non so ampararse nas promos da cadea. Pero nin con ésas.
Noutras series, as letras ou son pequeniñas pequeniñas pequeniiiiiñas ou van a toda velocidade. É o que está acontecendo cos créditos finais da serie "Cuéntame" desde o ano pasado. Antes non. En fin, que supoño que terán medo á que se lle marchen televidentes, pero como televisión pública que é debería dar exemplo de cultura e "educar" ó resto de televisións. A mala práctica de cortar os títulos de créditos ou restarlles importancia de maneira esaxerada non deixa de ser unha involución cultural. ¿Vós que opinades?













