luns, 11 de xaneiro de 2010

** A Frase Máxica...sobre a sabiduría



" É unha enorme desgracia non ter talento para falar ben, nin a sabiduría necesaria para pecha-la boca"
Jean De La Bruyére




FRASE REMITIDA POR: Meiguinha
Colaboradora de A Lareira Máxica

mércores, 6 de xaneiro de 2010

** A inocencia perdida

SANXENXO. Julio Torres



A noite de Reis e o día de Reis simbolizan a inocencia dos nen@s, que ansían a chegada destas camelicas figuras e que son capaces de imaxinarse o inimaxinable e xustificar o que non ten xustificación. Mesmo a omnipresencia pode co cansancio dos Reis e as horas de traballo se multiplican ata acadar o infinito.

O día de Reis o despertar dos cativ@s -rápido como un lóstrego- retrata os desexos e as esperanzas reflectidas instantaneamente nun gran sorriso de ourella a ourella ó abrir os regalos. Un sorriso e unha felicidade que non teñen precio e que mesmo son contaxiosas. Un neno empeza a deixar de ser inocente cando descubre que os Reis non son os que pensaban que eran, senón que son... E non son tres...

Os Reis supoñen a última pedra do consumo navideño e a antesala das rebaixas, os Reis dos adultos. Mero consumismo en bastantes casos.

venres, 1 de xaneiro de 2010

** O primeiro artigo do 2010: libro de ruta.

SANXENXO. Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica




Cada ano reseteamos o contador dos 365 e voltamos cada un de xaneiro ó principio: ó día, do mes 1 (xaneiro). E deste ano toca un ano par que é o primeiro dunha nova década: a dos anos 10. Todos oímos falar dos anos 2000 (a primeira década do século XXI) e dos 20, 30,... Pero nunca oín falar dos anos 10. A ver ¿quen se lembra no século XX, dos anos 10? ¿Quen usa ese termo? Pois ninguén. Iso sí, das outras décadas temos oído falar.

Atrás queda un 2009 con bos e malos recordos. Así de pronto e improvisando véñenme á cabeza varios: o histórico éxito do equipo dos meus amores: o F.C. Barcelona que conqueriu os seis títulos que disputou (Liga española, Copa do Rei, Liga de Campións, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Mundialito de clubes). Pasarán moitos anos, antes de que outro equipo iguale este récord, que ningún outro equipo de fútbol ten. Bravo Guardiola. Aí queda iso. E en baloncesto acadamos o campionato de europa se seleccións. España sumou un novo título.

Non todo é deporte. Tamén me veñen á mente varias mortes: os cantantes Antonio Vega ou Michael Jackson, os actores Patrick Swayze ou José Luis López Váquez ou o xornalista deportivo Andrés Montes. Por suposto, hai máis figuras coñecidas que finaron. Descansen en paz. E podería seguir nomeando sucesos bos e malos que aconteceron.

En fin, iso foi 2009. Xa é pasado. Hoxe principiamos un novo ano: 2010. Un ano que, como a cotío, virá empapado de proxectos e desexos. Moitos son de sempre. Non fai falta nomealos (ximnasios, deixar de fumar,...). Voume centrar nos de "interés xeral". Algúns deles son que España presidirá a Unión Europea, que en TVE xa non haberá publicidade pagada (so anuncios dos propios programas e, de vez en cando, anuncios de patrocinadores de eventos catalogados de "interés general" e de publicidade electoral), o 3 de abril a televisión analóxica -a de sempre- vivirá a súa defunción. É a crónica dunha morte anunciada que diría Gabriel García Márquez.
A nivel deportivo en xuño disputarase o Mundial de fútbol por seleccións, Fernando Alonso correrá con Ferrari en Fórmula 1 e Michael Shumacher retornará catro despois da man dun novo equipo: Mercedes (que se desvinculou de Mclaren e mercou Brawn GP, que se proclamou campión en 2009). En motociclismo haberá unha nova categoría: moto2 (novo nome da desaparecida categoría de 250 c.c.). En ciclismo Lance Armstrong competirá cun equipo formado por el para tentar desvanvar -ougallá que non- ó español Alberto Contador.

E podería citar máis cousas que van acontecer no 2010, pero non quero aburrir, que para ser o primeiro artigo de 2010 xa está ben. Propoño que deixedes outros acontecementos ou cousas dignas de mencionar e referentes ó ano que agora empeza.

Feliz 2010, que o novo ano sexa mellor que 2009 e gracias por seguir visitando e participando en A Lareira Máxica.


ARTIGO RELACIONADO: Oda ó number one

venres, 25 de decembro de 2009

** Navidad 2009

Deséxovos un moi feliz Nadal e un moi bo 2010 tanto ós colaboradores como ós que visitades o blog de A Lareira Máxica. Gracias por seguir e participar o blog. Sen vós, isto non sería o mesmo. E non o digo por dicir: é a pura verdade. Vós sodes unha parte moi importante aínda que non o creades. Escribir ou facer algo é que haxa persoas que participan ou lean o que escribe un servidor ou os colaboradores de A.L.M. é, sinxelamente, moi gratificante e anima a seguir (sobre todo cando -como me pasa a min- non se dispón de apenas tempo para adicarlle ó blog).

Julio Torres

P.D.: Como sempre, clicka nas imaxes para velas máis grandes