** Xa é oficial: A Lareira Máxica, finalista nos 20 Blogs
Hoxe produciuse a confirmación oficial dos resultados dos Premios 20 Blogs 2009 (organizado polo xornal "20 Minutos") que xa vos adiantaba o pasado venres 18 de setembro. A Lareira Máxica quedou 4ª na categoría VERSIÓN ORIXINAL (blogs escritos en lingua distinta ó castelán). O gañador foi un blog escrito en francés, segundo quedou outro blog galego "Cinema Friki", e de terceiro un microblog escrito en inglés. Parabéns a todos eles, en especial a Cinema Friki, que se ben non gañou, a punto estivo.
Na xeral, A Lareira Máxica quedou nun posto 96º, cos 26 votos xa ditos. No concurso participaron máis de 5.000 blogs. No tocante á categoría de Deseño A.L.M. tivo 3 votos e rematou no posto 61ª.
Agora, cada un dos 5 primeiros blogs (agás en tres categorías nas que pasan 6, ó haber empate no 5ª posto entre dúas bitácoras) das 20 categorías pasan á gran final, na que un xurado de expertos elixirá o mellor blog 2009. O/s gañador/es daranse a coñecer o 22 de octubre na festa de entrega de premios en Madrid. En total serán 99 blogs na final, xa que nunha das categorías (Mellor Deseño) os 5 primeiros clasificados xa o foron tamén noutra. Ou sexa: 5 x 20= 100 blogs -5 que coinciden= 95 + 4 blogs empatados mp 5ª posto (nas categorías de cine/televisión; deportes; humor; e latinoamericano) - 99 blogs finalistas.
Ougallá haxa sorte, pero dame que o xurado se vai inclinar por elixir o mellor blog entre os gañadores das 20 categorías. Ó sumo podería entrar nas deliberacións algún segundo. Espero equivocarme e que A Lareira Máxica sexa un serio candidato ó triunfo final, pero dado que está en galego coido que o xurado tirará por algún escrito en castelán. Senón tempo ó tempo.
Aquí tedes o cadro completo de finalistas e a clasificación definitiva nas distintas categorías.
No meu nome e no de todos @s colaboradores/as que fan posible A Lareira Máxica: gracias ós participantes nos Premios 20 Blogs 2009 que votástedes polo noso blog. Alédome que vos gustara o blog. Son 26 votos na categoría V.O. (e 3 na de Deseño) que animan a continuar,xa que máis dunha vez me reprantexei seguir adiante co blog. Algo que a tódolos bloggers lles pasou, pasa ou pasará en varias ocasións.





