mércores, 23 de setembro de 2009

** A Frase Máxica de....Joubert: ensinanza


" Ensinar é aprender dúas veces "



Joseph Joubert

martes, 22 de setembro de 2009

** Xa está aquí....

Se alguén me ofrecera a posibilidade de eliminar unha estación do ano, un servidor tería claro o nominado para abandoar o calendario: o outono. Non me gusta, paréceme moi triste. Quizás non sexa unha estación tan fría e chuviosa como o duro e húmido inverno, pero nunca me gustou a tristeza que destila. Ata as follas caen das árbores para tentar fuxir, pero morren no intento.

A primeira parte do outono aínda ten un pase -a pesar de que supón pasar da estación estrela que é o verán ó outono-, pero o que é a segunda parte do outono (novembro e case todo novembro), sí que non me gusta nada: días pequenos, nos que ás 6 xa é de noite. E sorte que estamos en Galicia, o lugar de toda Europa onde máis tarde en facerse de noite. Non hai que ir saír de España para comprobalo: Barcelona, por exemplo: alí a principios de decembro é de noite as....5 da tarde. Qué atentado!!!. E xa non digamos canto máis ó leste vaiamos...

Sexa como sexa, o outono xa está aquí, empezará dentro duns minutos: ás 23:19 horas deste 22 de setembro de 2009. Ougallá que este outono sexa máis alegre e que o mal tempo non faga acto de presencia, para compensar.

Déixovos con este vídeo que atopei sobre o outono no que vemos imaxes desta estación á par que escoitamos a gran voz de Antonio Vega co tema "Pasa el otoño", xa que se o outono é triste, ninguén mellor que o mozo triste e solitario para recibilo (o que non quita que me encanten moitas das súas cancións)... E é que onde se poñan as flores e as follas esplendorosas da primavera, que se quite o outono!!!!. O dito que se tivese que elixir unha das catro estacións para eliminala do calendario sería a do outono. Cambiaría por unha segunda primavera ou por un verán segunda parte. Din que segundas partes nunca foron boas, pero neste caso penso que sería unha boa excepción. Ougallá que, como di o seguinte, o outono pase (pronto, engado).





UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** Coidado ó quentar auga no microondas!!!


Hai unhos días, un home de 26 anos decidiu tomarse unha taza de café instantáneo. Pois ben, puxo a quentar no microondas (algo que xa fixera antes en varias ocasións) unha taza con auga soa.Non sei exactamente por canto tempo o programou, pero díxome que quería que a auga fervera. Cando o tempo rematou, o microondas apagouse e sacou a taza del.

Namentres miraba a taza decatouse de que a auga non estaba fervendo; sen embargo, a auga saltoulle directamente á súa cara. Nun acto reflexo, el soltouna das súas mans. A auga saltara cara el por mor da enerxía que tiña acumulada non seu interior. Toda a súa cara ten agora feridas de 1º e 2º grado e é moi probable que a cara lle quede marcada para sempre. Ademais de perder parcialmente a vista no ollo esquerdo.

Mentras estaban no hospital, o doutor que o atendía comentoulle que este tipo de accidentes eran moi frecuentes e que nunca debería poñerse soamente auga a quentar no microondas.

Se se quenta a auga desta forma sempre se debe poñer algo no auga, un pao de madeira ou unha bolsiña de té, pero se se vai quentar soamente a auga é mellor usala cociña de gas. Isto é o que un profesor de física dixo ó respecto: “esta acción é causada por un fenómeno coñecido como superquecemento” . Pode acontecer en calquera intre no que a auga se está quentando, especialmente se o utensilio que se está usando é novo. O que sucede é que a auga quéntase moito máis axiña do que as burbullas empezan a formarse. Se a taza é nova, non ten ningunha ranura no que as burbullas poidan ir e poden empezar a burbullear na auga que xa está fervendo, de tal maneira que a auga vaise quentando sobrepasando o tempo de ferver (como quen di: ferve, ferve, ferve e ferve).

O que pasa entón é que a auga atórase, queda estancada e, ó contacto co aire, a auga salta con forza pola enerxía contida.

Por tanto: ¡NUNCA SE VOS PASE POLO MAXÍN FERVER A AUGA SOA NO MICROONDAS!



INFORMACIÓN REMITIDA POR: Patricia Loureiro
Colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....John Churton: pensar e sentir


" A metade das nosas equivocacións na vida nacen de que, cando debemos pensar, sentimos, e cando debemos sentir, pensamos "



John Churton Collins