martes, 22 de setembro de 2009

** Coidado ó quentar auga no microondas!!!


Hai unhos días, un home de 26 anos decidiu tomarse unha taza de café instantáneo. Pois ben, puxo a quentar no microondas (algo que xa fixera antes en varias ocasións) unha taza con auga soa.Non sei exactamente por canto tempo o programou, pero díxome que quería que a auga fervera. Cando o tempo rematou, o microondas apagouse e sacou a taza del.

Namentres miraba a taza decatouse de que a auga non estaba fervendo; sen embargo, a auga saltoulle directamente á súa cara. Nun acto reflexo, el soltouna das súas mans. A auga saltara cara el por mor da enerxía que tiña acumulada non seu interior. Toda a súa cara ten agora feridas de 1º e 2º grado e é moi probable que a cara lle quede marcada para sempre. Ademais de perder parcialmente a vista no ollo esquerdo.

Mentras estaban no hospital, o doutor que o atendía comentoulle que este tipo de accidentes eran moi frecuentes e que nunca debería poñerse soamente auga a quentar no microondas.

Se se quenta a auga desta forma sempre se debe poñer algo no auga, un pao de madeira ou unha bolsiña de té, pero se se vai quentar soamente a auga é mellor usala cociña de gas. Isto é o que un profesor de física dixo ó respecto: “esta acción é causada por un fenómeno coñecido como superquecemento” . Pode acontecer en calquera intre no que a auga se está quentando, especialmente se o utensilio que se está usando é novo. O que sucede é que a auga quéntase moito máis axiña do que as burbullas empezan a formarse. Se a taza é nova, non ten ningunha ranura no que as burbullas poidan ir e poden empezar a burbullear na auga que xa está fervendo, de tal maneira que a auga vaise quentando sobrepasando o tempo de ferver (como quen di: ferve, ferve, ferve e ferve).

O que pasa entón é que a auga atórase, queda estancada e, ó contacto co aire, a auga salta con forza pola enerxía contida.

Por tanto: ¡NUNCA SE VOS PASE POLO MAXÍN FERVER A AUGA SOA NO MICROONDAS!



INFORMACIÓN REMITIDA POR: Patricia Loureiro
Colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....John Churton: pensar e sentir


" A metade das nosas equivocacións na vida nacen de que, cando debemos pensar, sentimos, e cando debemos sentir, pensamos "



John Churton Collins

domingo, 20 de setembro de 2009

** Andrés Montes abandona "La Sexta"

No trancurso da retransmisión da final do Campionato de Europa de Baloncesto, o xornalista de La Sexta Andrés Montes, anunciou que ésta sería a súa retransmisión nesta canle, sen aclarar nin porqué se vai de La Sexta nin a onde se irá.

Montes chegara á cadea en 2006, poucos meses despois do nacemento de La Sexta, e foi o encargado de retransmitir os partidos da Liga de Fútbol Española dos sábados, así como os encontros da selección española de baloncesto. Anteriormente traballara, entre outros medios de comunicación, na desaparecida Antena 3 Radio ou en Canal + (en ambos casos na sección deportiva do baloncesto).

Fíxose moi peculiar polo seu peculiar xeito de retransmitir os partidos de fútbol ou baloncesto, nos unificaba a súa narración co show. Desta maneira acuñou en 2006 o famoso termo do "tiki taka" -para referirse ó bo fútbol- ou os alcumes a moitos deportistas tales como Puyol ("Tiburón"), Iniesta ("Sweet Iniesta), Xavi ("Humphrey Bogart"), Pau Gasol ("E.T."), Felipe Reyes ("Espartaco"), Kiko ("Capitán"), Turkoglu ("La Magia Turca"), ou ó mítico xogador do Estudiantes dos anos 80 David Russel ("Eléctrico"), entre unha moi longa lista.

A pesar de que, ás veces, se fai un pouco pesado repetindo chistes ou xogos de palabras fáciles, encántame. É un crack. Agardo que o vexamos novamente noutro medio de comunicación. ¿Tal vez se irá de novo a Canal +, antes de empezar a nova tempada da NBA? Non sei porqué teño ese presentimento, pero podo equivocarme.



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** España proclámase campiona de Europa de Baloncesto

A selección española de baloncesto proclamouse hoxe Campiona de Europa de Baloncesto, tras vapulear na final a Serbia, outra das favoritas por un marcador de 85-63. España, que tamén é a actual campiona do Mundo (título acadado hai 3 anos no Mundial de Japón), suma así un novo éxito e aproveita para desquitarse do mal sabor de boca da medalla de plata do anterior Europeo disputado hai dous anos en Madrid e no que perderan a final contra Rusia. Desta vez e, a pesar dun inicio irregular neste Europeo 2009 de Polonia, tocou gañar.

Unha selección na que a pesar de contar coas baixas de Carlos Jiménez (xa retirado) e de José Manuel Calderón e Berni Rodríguez que non puideron participar, é un auténtico grupo cheo de xeniais baloncestitas. Os seus doce integrantes neste Europeo foron: Ricky Rubio, Carlos Cabezas, Raúl López, Juan Carlos Navarro, Rudy Fernández, Álex Mumbru, Sergio Llull (debutante), Felipe Reyes, Jorge Garbajosa, Víctor Claver (debutante) e os irmáns Marc e Pau Gasol.

Todo un luxo de selección. Agardemos que os éxitos desta xeneración duren moitos anos e que as que veñan despois aprendan que, a parte de ser bos, hai que ter esta mentalidade gañadora.



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica