venres, 15 de maio de 2009

** Os "beneficios" da crise económica

A crise económica, como case todo nesta vida, ten algunhas cousas boas. Remíteme a nosa colaboradora María esta noticia, na que queda demostrado que quen non se consola é porque non quere. E é que se ten efecto narcótico, como di o estudio, e por riba contribúe a diminuír o estres e ten tantos efectos beneficiosos para a saúde -como din outros estudios-, pois entón...E é que xa se sabe que cando hai moito tempo libre...E para mostra un exemplo doutra época: non hai tantas décadas non había televisións (ou había poucas) é a crise non era coxuntural senón permanente. Daquela época herdáronse familias numerosas, que digo numerosas: multinumerosas...

Doutro lado, temos este outro enlace no que se anuncia algo gratis para os parados . ¿Parece raro nestes tempos nos que non se regala nada e ata che cobran o aire para respirar? Pois ben esta medida vai facer subir ós ánimos de moitos (e indirectamente, quizás, moitas), amén de outras cousas...

Se está claro: non hai mal que por ben non veña, sobre todo cando o mal non é algo irreversible ou relacionado coa saúde.

P.D.: Como máis dun/dunha quererá saber cales son eses beneficios saudables de practicar o amor, Éstes seica son algúns dos beneficios de facer o amor. Sobreenténdese que con moderación. Tampouco convén abusar que, como todo nesta vida, os excesos tamén se pagan...



DOUS LINKS REMITIDOS POR: María
Colaboradora de A Lareira Máxica
Fonte: La Voz de Galicia


OPINIÓN FEITA POR: Julio Torres

mércores, 13 de maio de 2009

** As voltas que da o mundo.....


Remíteme un boa amiga unha viñeta de humor simpática sobre un tema serio. Tamén hai que ter un momento de respiro e que mellor que ésta viñeta gráfica moi ocurrente. Por suposto, a enfermidade en sí, ougallá se poida controlar e haxa vacunas eficaces axiña.

venres, 1 de maio de 2009

** A Lareira Máxica cumpre ¡¡¡3 anos!!!


A Lareira Máxica está de aniversario. Hai 3 anos destas horas creaba, sen saber moi ben para qué, o blog. Daquela non sabía o que era isto dos blogs. Hoxe sí o sei. E teño claro tódalas cousas boas que me reportou o fundar este blog. Claro que tamén hai cousas menos agradables, froito do esforzo que lle tiven que pór e as horas que tiven que invertir. Como non son ningún experto iso obrigoume a investigar e visitar moitos blogs para aprender a implementar cousas en A Lareira Máxica. É un traballo "invisible", como saben ben os blogueiros. Sen embargo, quédome coas cousas boas que me reportou a bitácora. As útimas: o segundo posto nos Premios 20 blogs 2008, na categoría de mellor blog en versión orixinal (lingua diferente ó castelán), organizado polo xornal 20 Minutos ou os premios simbólicos que outros compañeiros blogueiros me outorgástedes.

Quixera agradecer, de todo corazón, a toda esa xente que visita con maior ou menor frecuencia o blog e, en especial, ós que colaboran nel en forma de artigos que me envían ou comentarios que escriben nos artigos que se publican. Xa o dixen moitas veces: un blog sen lectores ou seguidores sería algo así como un diario persoal que so o lería o que o escribe. Sería como predicar no medio do deserto. A TOD@S: MOITAS GRACIAS. Anímosvos a seguir colaborando con A Lareira Máxica. Envíade artigos ou escribide comentarios, por favor.

Non sei o que durará este blog, pero ougallá que moito tempo. O día que deixe de actualizar, crédeme: o que máis o sentirá será servidor. Iso sí, motivos de peso terán a culpa. Hoxendía, o tempo que invirto na bitácora reduciuse sensiblemente por circunstancias persoais. E é que hai prioridades nesta vida. Loxicamente.

Déixovos este enlace para ver cómo era a A.L.M. en xullo de 2007, un ano e dous meses depois de crearse (ADVERTENCIA: hai imaxes que xa non se poden ver porque desapareceron dos servidores que a aloxaban). Agora xa ten tres anos e, como calquera neno, xa empeza a ir ó colexio. E é que sempre hai moitas cousas por aprender de tódalas persoas que colaboran e que son @s compañeir@s de cole. Sen eles, isto non sería o mesmo. ¡¡Gracias por estar ahí!!

P.D.:
Como sempre, haberá novidades paseniñamente.



JULIO TORRES
Coordinador de A Lareira Máxica

xoves, 30 de abril de 2009

** La Quinta Estación || "Que te quería"

Ás veces para triunfar hai que saír alén das fronteiras para ser recoñecido na túa propia terra. Como no deporte, na música tamén acontece. La Quinta Estación é un grupo musical que tivo que emigrar a Méjico (tristemente tan en boca de todos estes días pola gripe) para triunfar. Hai catro empezou a ser recoñecido e valorado no seu país: España. Temas tan famosos como "El sol no regresa", "Tu peor error" ou "Me muero" acabaron por recoñecer as boas maneiras e o pop fresco e con tintes románticos desta formación. "El cielo se equivoca" foi un álbum plagado de éxitos, que lles deparou moitos premios á formación musical.



Este ano quitaron ó mercado o seu último disco "Sin frenos", do que a canción máis coñecida é, polo de agora, "Que te quería", tema no que insisten nun pop romántico. É curioso a forza e o ritmo que ten esta canción que xira sobre unha ruptura amorosa e os seus lamentos posteriores...Como se pode facer de algo teóricamente negativo algo positivo para seguir adiante e buscar un novo amor que de verdad te saiba valorar. Como outros éxitos do grupo, encántame esta canción, tanto a letra como a música. E é moi pegadiza.



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica