martes, 28 de abril de 2009
** Quedan 3 días....Entérate o venres en A.L.M.
Nin pontes, nin día festivo, nin día do traballo, nin fin de semana, nin lúa chea, nin halloween, nin estreo cinematográfico...Pero quedan 3 días...Entérate o venres aquí mesmo. ¿Será algo bo ou algo malo? Todo depende, que diría Jarabe de Palo...
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica
mércores, 22 de abril de 2009
** Cultural.es empeza a emitir en probas
Mañán verá a luz o novo canal de TVE na TDT "Cultural.es", adicado, como o seu nome indica, á cultura. Principiará emitindo en probas para despois incorcorparse ó menú da TDT o vindeiro ano. En realidade sustituirá a "Docu TVE" que ven emitindo por satélite (por internet pódese ver se temos o programa axeitado). Unha boa nova que nestes tempos de telelixo haxa un canal cultural. Mágoa que so o ente público aposte por este tipo de programación. As privadas prefiren coller outros camiños...
Velaquí a promo do novo canal:
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , Medios de Comunicación , opinión
** Unha de extraterrestres e astronautas
Non sei se existen ou non. Quizás Iker Jiménez podía facer un maratón para convencernos de que sí. O que me causou sorpresa foi este artigo publicado en La Voz de Galicia e que me remitiu María, unha das nosas colaboradoras. Convídovos a opinar.
Descoñezo se haberá vida noutros planetas. O que me sorprende máis é o que di o ex-astronauta de que o goberno dos Estados Unidos sabe da súa existencia pero que a mantén en segredo...Hummm...E digo eu ¿serán marcianiños simpáticos estilo Mars Attaks que odíen certos estilos de música ou serán seres menos simpáticos e máis terroríficos ó estilo doutras películas ou series? ¿Por fin descubriremos a súa cor de pel? ¿Serán feos ou adoptarán o físico dun humano como nas películas? ¿Serán primos dos lagartos de V? ¿Comerán ratos? ¿Terán platillos volantes ou usarán algún coche espacial?¿Será tamén dunha coñecida marca francesa?¿Haberá crisis fóra do planeta Terra?. A bote pronto cantas preguntas se me ocurren...Bromas a parte, o que sí penso e que o universo é demasiado grande para que so vivamos nós. Outra cousa é o do suposto hermetismo político...Ah, gustoume moito a frase ¿irónica? de Obama!!
UN ENLACE REMITIDO POR: María
Colaboradora de A Lareira Máxica
OPINIÓN DE: Julio Torres
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , colaboracións MARÍA , opinión




