luns, 20 de abril de 2009

** Mañana Mejor....Unha canción para animarse

A golpe de luns fai falta unha boa canción que nos anime. A seguinte canción da ex-Operación Triunfo Vega cumpre esta finalidade bastante ben. Levo varios días escoitándoa e non se me vai da cabeza. É máis desde a primeira vez xa me gustou. E cando me gustou xa de primeiras é boa sinal para servidor. Pegadiza, marchosa e optimista, moi optimista. Pensemos que logo vira outra fin de semana e que mañán será mellor que hoxe. "Mañana Mejor" titúlase este tema de Vega, que pertence ó seu novo disco "Metamorfosis" que se porá á venda o 28 de abril. Disfrutade con el. E non me diredes, gustos a parte, que non é marchosillo.




P.D.: É cuestión de tempo que desactiven o vídeo-clip, así que aproveitade a velo agora que podedes. Non me foi fácil poder subilo ó blog, porque moitos sitios, como Youtube, xa recibiron ordes de desactivalo para evitar a inserción nas bitácoras.



UNHA OPINIÓN FEITA POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.... home + educación

" Tan so pola educación o home chega a ser home. O home non é máis que o que a educación fai del "



Kant

sábado, 18 de abril de 2009

** O Coyote por fin atrapa ó Correcaminos !!!

Confésoo. Sempre quixen que o Coyote cóllese ó Correcaminos. Dábame lástima o pobre coyote. Esforzábase moito pero non tiña a súa recompensa. Iso mesmo debeu pensar un multimillonario xaponés que lle encargou á Warner Brothers un capítulo no que, por fin, o Coyote vise cumprido o seu desexo e, de paso, o sono do propio multimillonario. A Warner, vía pago, accedeu a petición deste xaponés coa condición de que o capítulo non fose difundido a nivel público. Pero, voalá, filtrouse e chegou a internet (¿quen mandaría o vídeo?) e podémolo ver tódalas persoas so con buscar na rede das redes un pouco...

No seguinte vídeo podemos ver o momento no que o Correcaminos é atrapado. Iso sí, é unha collida moi simbólica. Merece a pena visionala. POR FIN O COLLEU!!!

mércores, 15 de abril de 2009

** O xornalismo das "historias pequenas"


DEDICADO A NACHO MIRÁS FOLE



Leo noutro dos meus blogs de cabeceira unha gran verdade: "No hay historias pequeñas, hay periodistas pequeños". Certa, moi certa esta frase de Juan Ramón Díaz que recolle Nacho Mirás no seu Rabudo, O blog do que xa teño falado aquí nalgunha outra ocasión, e que me encanta porque sabe sacarlle xugo a esas historias cotidianas do día a día revestíndoas e dotándoas de boa literatura. É algo así como quen conta un chiste e non o conta ben ou o conta moi resumido e perde o seu aquél no intento. Saber contalo e contalo ben é básico. Iso fai Nacho con esas historias pequenas do día a día. Iso sí, con respeto e sentidiño, como debe ser. O xornalismo literario é xornalismo do bo (ollo, fóra do ámbito do xornalismo tamén diría o mesmo dun relato ben redactado).

Hoxendía confúndese saber aproveitar historias pequenas para buscar a noticia e contar ou transmitir algo productivo coa búsqueda desesperada e bastante falta de ética do pseudo-xornalismo rosa no que ata importa a cor dos mocos dun famoso con tal de falar de algo polo feito de falar, cal se dunha peluquería de chismorreos se tratase. NON, señores, a min gústanme esas historias pequenas pero que encerran grandes cousas ou, cando menos, cousas interesantes, que non morbosas como o caso do famosillos.

Deste xornalismo das historias pequenas -pequenas non pola súa valía, senón pola súa familiaridade coa vida diaria- é un moi bo representante Nacho Mirás, que lle confire unha vida propia a algo que podería pasar inadvertido. Esas historias pequenas nas mans dunha persoa que saiba escribir esa historia convértese case nunha novela curta. Todo un pracer ler a Nacho.

Hoxe por diversos motivos segue sen ser valorado na súa xusta medida. Polo xeral, os xornais premian noticias de axencias ou noticias formales en contra das noticias ou reportaxes "literarias" que son case "marxinadas" ós suplementos dominicais porque alí sí gozan do espacio que lles soe faltar no formato diario do xornal. Quizás o espacio, sexa un deses motivos. Pero o tempo e, sobre todo, a valía ou a comidade de cadaquén son algúns dos principais motivos dos que se siguen tirando de noticias escritas en linguaxe "neutro" ou "estándar", vamos sen usar expresión ou figuras literarias que contribúan a enriquecer o que no texto se conta. Sen abusar de xeito innecesario, claro está, que os extremos case sempre son malos.

Remato, insistindo que incluso unha historia da vida que non sexa noticia en sí mesma, xa me gusta se a persoa que a conta sabe transmitila e nola debuxa e case podemos percibir cada pequeno movemento ou expresión dos seus protagonistas, incluso sen estar no lugar dos feitos.



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica