luns, 13 de abril de 2009

** A voltas coa intelixencia e a beleza


PREGÚNTANLLE A PARÍS HILTON: - "¿Usted cree que todas las mujeres bonitas son tontas?
RESPOSTA: "No, también hay alguna tonta que es fea ..." (París Hilton dixit)



Opinión dun servidor: ¿ Iso quere dicir que tódalas feas son maioritariamente listas? ¿Serán máis listas as feas listas que as listas guapas? ¿Serán máis parvas as as parvas listas ou as feas parvas? ¿E as que non son feas nin guapas son listas ou son parvas? Bueno, cando menos unha cousa está clara: OS CONCURSOS DE BELEZA VAN SEGUIR EXISTINDO e nel participarán listas e parvas e viceversa...

martes, 7 de abril de 2009

** Móviles....¿que dano poden chegar a facer?

Moito se especula co efecto nocivo dos móviles para a saúde. O tema dos cáncer e as antenas de telefonía é unha preocupación que está aí. Non sei se producen ou non cánceres, pero do que sí estou seguro de que para a saúde bo tampouco poden ser.

Envioume Jose un vídeo sobre cousas que poden ser capaces de facer estes aparellos. Mellor que o vexades, e xa opinaredes...Reflexiona, acertadamente, Jose: Se son capaces de facer iso os móviles, que non farán no cerebro humano tendo en conta que os pegamos a nós para falar. E engade servidor: un cóctel...moi explosivo.





VÍDEO REMITIDO POR: Jose
Colaborador de A Lareira Máxica

OPINIÓN DE: Julio Torres

** A Frase Máxica....Thomas Hobbes

" Da igualdade de habilidades xurde a igualdade de esperanzas no logro dos nosos fins "



Thomas Hobbes

** Domingo día 5 de abril, unha data especial....

Esta última semana estiven enfermo polo que non puiden atender A Lareira Máxica como quixera. Tanto cambio de tempo tiña que pasar factura... Contaba un servidor ter publicado varias cousas. Tampouco as puiden deixar programadas para publicarse automaticamente chegada a data sinalada porque o touro envistiu a traición. Bueno, ó gran: unha dos artigos que quixera ter publicado era un moi especial, adicado a unha gran persoa, amiga e colaboradora deste blog de nome MARIAM que o pasado domingo estivo de cumpreanos. Aínda que sexa por retrasado,FELICIDADES MARIAM!!!!. Aproveito para agradecerche unha vez máis, a túa valiosa e inestimable aportación, ó igual que a de tódolos colaboradores (non regalo eloxios gratuítos, non vaiades pensar, gústame acordarme d@s que merecen ser). Algúns, por desgracia, xa hai tempo que non sabemos nade deles, aínda que estou seguro que calquera día nos voltarán a agasallar coa súa presencia. Estoume acordando por exemplo de Alvariño e dos seus relatos da vida cotián de corte tan tan....Alvariño. Xa hai máis xente que me ten preguntado, en concreto, por el. Espero que nada malo lle tivera acontecido. Toquemos madeira.

Pero este primeiro post do mes de abril vai ADICADO, especialmente, a Mariam unha das colaboradoras máis activas de A Lareira Máxica, desde que foi creado un 1 de maio de 2006. Cómo pasa o tempo!!!