** Lápices para la Paz, triunfa en los Premios 20 Blogs
Leveime unha tremenda alegría cando souben que o blog máis votado destes Premios 20 Blogs - que chegaron ó seu fin na medianoite do domingo - foi para a bitácora "Lápices para la Paz", de Alicia Mora, unha traballadora social moi comprometida. Non teño o gusto de coñecela pero o que fai, o compromiso solidario é motivo suficiente para alegrarme. É un triunfo ben merecido. Foi o blog que tivo máis votos: 103. Lembrar que participaban máis de 4500 blogs. Triunfou na categoría de blog solidario e tamén foi o blog máis votado de tódalas categorías.
A Lareira Máxica, este blog de Sanxenxo (Pontevedra), quedou 2ª na categoría mellor blog en versión orixinal, cun total de 37 votos. O blog gañador foi o catalán "En Veu Alta", con 60. De 3º quedou "Aprender Inglés on line", con 28. Cuarto posto para "Falla Casa d´Alonso", con 25, e quinto posto para outro blog galego: "A Botica da expresión", con 22.
No total da clasificación xeral, A Lareira Máxica ocupou o posto 21º con 37 votos. Na categoría de diseño A.L.M. so obtivo 2 votos e acadou o posto 36º (¿tan pouco gustou?).
Os 5 primeiros clasificados de cada categoría teñen a consideración de blogs finalisas e optan ó premio de Mellor Blog 2008 que entrega un xurado dos Premios 20 Blogs. Son case 100 blogs xa que aínda que hai 20 categorías, máis dun da de mellor diseño tamén foi finalista noutras categorías. O resultado do gañador farase público o 17 de novembro.
Felicidades ós gañadores e alédome de que houbera 37 persoas ás que lle gustara A.L.M. Gracias a elas. Agardo que sigan visitando o blog e, invitadas quedan a participar nel ó igual que tódolos lectores en xeral. ¿De que maneira? Pois enviando artigos dos temas que estimen oportuno ou simpremente relatos propios ou alleos (poñendo autor), fotos, vídeos, viñetas de humor, cousas que vos enfadan ou alegran, frases que vos gusten, blogs ou webs preferidos, artigos de opinión alleos (poñendo tamén autor) ou calquera outra proposta que será benvida. Non é preciso ser ningún escritor para publicar algo nesta páxina. Non hai extensións nin máximas nin mínimas. Máis fácil imposible.
Quixera tamén darlle as gracias a tod@s @s colaboradores e comentaristas que fan posible que este blog teña vida máis alá das miñas opinións. Este segundo posto, é de tod@s eles. Sen eles isto sería unha persoa que predica no medio dun deserto.
P.D.: As clasificación en principio son provisionais ata a súa confirmación o 17 de novembro.
Clasificación completa de mellor blog en versión orixinal
Clasificación xeral completa (os blogs máis votados entre tódalas categorías)
ACTUALIZACIÓN 22-11-08:
Estes son os RESULTADOS DEFINITIVOS. A Lareira Máxica quedou 2ª na categoría mellor blog en versión orixinal, sendo finalista. Na categoría de deseño quedou no posto 36, con 2 votos. Na xeral sitouse na posición 20ª, entre un total de 4514 blogs.





