martes, 21 de outubro de 2008

<> Un precio incalculable

En efecto: "no hay dinero para comprar ciertas cosas", que se diría en castelán. Os que me coñecedes xa sabedes que, a parte de xornalista, tamén son traballador social. E esta última é a profesión que exerzo na actualidade (agardo voltar ó mundo de xornalismo como colaborador). Pois ben, ser traballador social ou asistente social -anterior denominación- conleva traballar en contacto directo coa xente con problemas, prestarlle información, orientación e asesoramento, o cal constitúe para min unha tarefa moi gratificante. E non por reiterativa resulta menos gratificante. ¡¡Non!! Precisamente deste aspecto é do que quero falar hoxe. Do outro, o das funcións dun asistente social, falaremos noutra ocasión.

A miña primeira visita a domicilio que efectuei foi para ver a unha muller que vivía sola, enferma de cáncer, postrada nunha cama na súa casa. A pesar de que tiña familia, as relacións estaban tan deterioradas que a relación non existía. Tan so unha veciña a visitaba. A comida traíalla Cáritas. Se aquelas catro paredes da súa casa tentasen falar seguro que serían incapaces porque se afogarían entre un mar de bágoas.

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]


    Pois ben, tras estar coa muller saín á rúa pensando: non me equivoquei cando escollín esta profesión. ¿Por qué? Porque no pouco tempo que estiven con ela fixo que abandonase o inferno aínda que tan so fose por un curto espacio de tempo. Aqué no que estivemos conversando. Aquél non que non se sentiu soa, na que falaba e alguén a escoitaba. Aquél na que voltou a vivir: porque vivir non so é respirar. Vivir é sentirse vivo e non morto en vida.

    Cun "moitas gracias por falar conmigo" despideuse de min. "De nada" sentenciou un servidor. Esa visita non a esquecerei na miña vida. Fíxome sentir non xa profesional, senón persoa. Iso, o de sentirse persoa, non se recompensa con nada. Non ten precio. So a felicidade que che desperta no teu interior por ter sido útil como persoa, fai que te olvides das visicitudes do día a día que pasan a un segundo plano. As veces o máis importante son as pequenas cousas da vida e o que poden representar para persoas que están privadas deses praceres por moi miúdos en insignificantes que poidan parecer. Claro que como se soe dicir: so se aprecian as cousas cando xa non as tés. E ese é o noso erro, un erro tamén humano, por certo.

    O dito: palabras,pequenos xestos ou accións nosas poden convertirse en enormes montañas para outras persoas. Unhas montañas que a acercan ó ceo virtual e te alonxan do inferno das penurias cotiáns. E é que hai certas cousas que non teñen precio. E o sentirse persoa humana, é unha delas. Non polo que é, senón polo que os nosos actos ou palabras poden representar para outras persoas. Neses intres é cando agroma a felicidade en forma de gratificación interior. Felicidade interior que te fai sentir human@. E todo iso non se paga con nada. Non ten precio.



UN ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

<> A Frase Máxica....W. Harman: aprender


" O ideal dun sistema educativo sería que ademais de estudiar, poideramos aprender "



W.Harman

domingo, 19 de outubro de 2008

<> Tenía tanto que darte.....NENA...


Tiña tanto que darche é como se diría en galego a expresión "Tenía tanto que darte". Cando unha relación non funciona e termina por separase podemos atoparnos con esta frase-lamento. Nena Daconte tentou facer deste amargo sentimento unha canción símbolo da esperanza e chea de ritmo e alegría. O resultado este neste pegadizo tema musical que podedes ollar no vídeo de arriba. ¡¡Caray, se é que ata da gana de cantalo teñas ou non problemas de parella!! (Bueno, mellor non telos, claro está). A cantante, xa o sabedes, de Nena Daconte é May Meneses aquela voz tenra e de rapaciña pequena que se quedou fóra ás primeiras de cambio nunha das edicións do show O.T. (cando non o era tanto, ou sexa cando non había un tío semicalvo de gafas oscuras e de educación minimalista teatralizada ata límites insospeitados). A constancia, o traballo e a sorte, entre outros factores, encargáronse de darlle unha merecida oportunidade e un certo recoñecemento musical. Que siga cantando así de ben por moitos anos.

"Tenía tanto que darte, tenía tanto amor guardado para ti...nanana..." Bo comenzo de semana para tod@s. Por certo: ¿e vos que canción tedes metida estes días na cabeza e que non parades de tararear interior ou exteriormente?




UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

sábado, 18 de outubro de 2008

<> Cousas da televisión.....

[Viñeta publicada en Im-pulso]



Servidor engade a gran frase de El Gran Wyoming: "escoitaron as noticias, agora contámoslle a verdade", aplicable a tódolos medios de comunicación que presumen de obxectividade e imparcialidade.

Doutra parte, hoxe publicáronse os datos dunha dunha enquisa do CIS que afirma que
a máis da metade dos españoles non lle gusta a televisión que se fai no noso país. E digo eu, a noticia será que son poucos porque a min paréceme que se quedaron curtos, moi curtos. Pero xa se sabe que hai xente que di unha cousa e pensa outra ben distinta...

Particularmente non me gusta a televisión en España. Pouca orixinalidade e os medios son totalmente parciais.



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica