martes, 9 de setembro de 2008

** Semiaberto por vacacións en A Lareira Máxica

Pois sí, tardaron pero xa chegaron as miñas vacacións laborais. Cando todo o mundo volta das vacacacións do verán, este servidor acaba de incialas. Por este motivo en setembro o blog apenas se vai actualizar. E digo apenas porque teño algúns artigos que deixei programados para publicarse automaticamente e evitar que o blog non medren telarañas. Iso sÍ: serán moi benvidos os vosos comentarios, os cales sempre é un pracer recibir.

Vou tentar desconectar de internet durante as próximas semanas. E digo tentar porque algunha vez sí que me pasarei a botar unha ollada e comentar nalgún dos meus blogs preferidos (ver "A Eira dos Blogs" na parte final da columna dereita do blog)e, por suposto, a contestar ós vosos en A Lareira Máxica. Pero agora o corpo pide desconectar de internet -en realidade xa mo pediu desde mediados de agosto-, e seguro que mo vai agradecer ben. Iso seguro. Gracias, como sempre, polas visitas, comentarios e colaboracións. MOITAS GRACIAS.

A volta de vacacións vai supoñer iniciar novos proxectos e deixar atrás outros polos que apostei no seu momento. Na vida hai prioridades e ciclos que marcan a vida das persoas. Tranquil@s que A Lareira Máxica non dirá adiós e vai seguir (aínda que verá reducida a súa periodicidade semanal)

P.D.: Algúns pequenos cambios e algunha nova sección iranse incorporando progresivamente nas vindeiras semanas, se todo vai como espero. Tamén agardo os vosos artigos e colaboracións, así como os comentarios, co gallo de voltar a facer de A Lareira Máxica un blog colectivo. Podedes, por tanto, enviar as vosas colaboracións á alareiramaxica@gmail.com. Despídome ata octubre!!!

luns, 8 de setembro de 2008

** -¡¡Un pouquiño de humor please!! -¡¡Marchando!!



** A Frase Máxica: cuestión de enfoques


"A verdadeira viaxe do descubrimento non consiste en buscar novos territorios senón en ter novos ollos"



Marcel Proust

luns, 1 de setembro de 2008

** Microsoft merca a coñecida web "Ciao"

O xigante Microsoft acaba de comprar o portal de Ciao.com(que tedes, por certo, nos enlaces da columna esquerda de A.L.M. no apartado de consumo). Ciao é famoso polos comentarios das persoas sobre productos que mercaron e porque esta web tamén ofrece comparación de precios deses productos ou de accesorios relacionados.

Persoalmente considero negativo todo o que cheire a monopolio ou todo que tenda a favorecelo mediante procesos de compra, absorción ou concentracións estratéxicas de empresas. Son un firme defensor da competitividade porque con ela se protexe ó consumidor contra os precios abusivos.

Agardo que esta compra por parte de Microsoft non supoña unha merma na utilidade pública que atesoura ata o de agora Ciao. Os cambios nunca se saben que poden deparar para ben ou para mal...



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica