** Semiaberto por vacacións en A Lareira Máxica
Pois sí, tardaron pero xa chegaron as miñas vacacións laborais. Cando todo o mundo volta das vacacacións do verán, este servidor acaba de incialas. Por este motivo en setembro o blog apenas se vai actualizar. E digo apenas porque teño algúns artigos que deixei programados para publicarse automaticamente e evitar que o blog non medren telarañas. Iso sÍ: serán moi benvidos os vosos comentarios, os cales sempre é un pracer recibir.
Vou tentar desconectar de internet durante as próximas semanas. E digo tentar porque algunha vez sí que me pasarei a botar unha ollada e comentar nalgún dos meus blogs preferidos (ver "A Eira dos Blogs" na parte final da columna dereita do blog)e, por suposto, a contestar ós vosos en A Lareira Máxica. Pero agora o corpo pide desconectar de internet -en realidade xa mo pediu desde mediados de agosto-, e seguro que mo vai agradecer ben. Iso seguro. Gracias, como sempre, polas visitas, comentarios e colaboracións. MOITAS GRACIAS.
A volta de vacacións vai supoñer iniciar novos proxectos e deixar atrás outros polos que apostei no seu momento. Na vida hai prioridades e ciclos que marcan a vida das persoas. Tranquil@s que A Lareira Máxica non dirá adiós e vai seguir (aínda que verá reducida a súa periodicidade semanal)
P.D.: Algúns pequenos cambios e algunha nova sección iranse incorporando progresivamente nas vindeiras semanas, se todo vai como espero. Tamén agardo os vosos artigos e colaboracións, así como os comentarios, co gallo de voltar a facer de A Lareira Máxica un blog colectivo. Podedes, por tanto, enviar as vosas colaboracións á alareiramaxica@gmail.com. Despídome ata octubre!!!
5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
A min pásame coma a ti Julio, son das que van cando os demáis veñen. Agora comezo eu tamén as miñas "holidays" así que a ver se teño algo máis de tempo para pasarme por aquí.
Disfruta ti das túas e un saúdo, que fai moito que estamos desconessstados un do outro.
Disfruta das túas vacacións, querido compatriota, que ben as mereces. E felicidades atrasadas polas lembranzas da túa etapa en Radio Voz. Unha aperta.
A todos os que estades de vacacións disfrutadeas.
Si, tes razón Julio as veces na vida hai que priorizar, aínda que supoña esforzo. Todo sexa polo ben dun, e o final polo ben tamén dos que te rodean. Supoño que si un está ben, os que están o noso carón tamén.
Antes de nada gracias ós tres polos vosos comentarios.
María: mimadriña canto tempo hai que non teño o pracer de falar contigo. Por certo, sabes que temos algo pendiente...
M.: Paisano, gracias polas felicitacións e desexos. Por certo, que sigo moi de preto o teu blog, o cal paso a enlazar en "A Eira dos blogs" no lado dereito.
Sonia:Como sempre levas razón. É un pracer falar contigo Sonia. E gracias polos vos desexos!!!
Despídese polo de agora un servidor que está de vacacións laborais e desconectado de casi todo este mes.
P.D.: Aproveito para invitarvos a que me deixedes no mail de alareiramaxica@gmail.com ou en forma de comentarios neste post suxerencias para incluir no blog: enlaces, artigos,... e animarvos a participar a vós.
Carpe Diem
Que as disfrutes a tope.
Publicar un comentario