luns, 15 de setembro de 2008

** MÚSICA ||| Chambao: "Papeles Mojados"

Cando se publique automaticamente este artigo e o leades estarei de vacacións. De aí que a páxina se esté a actualizar moi pouco.

Hoxe quixera traer ó blog unha gran canción do non menos extraordinario e coñecido grupo Chambao. Ten moitas cancións, pero "Papeles Mojados" faise eco dunha moi triste realidade: a dos inmmigrantes que chegan ás costas españolas. Tremendo esforzo humano e unha situación límite que fai que moitos morran no traxecto e non vexan cumpridos o seu sono.

A letra da canción recolle moi ben os porqués de tal aventura e as visicitudes inherentes a ése tremendo desafío marítimo. A música, acorde coa letra.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

A verdade que a canción e preciosa pero certamente é triste pola realidade que describe.
Creo que é positivo este tipo de cancións, pois transmiten unha realidade, e penso que ca música pódese chegar a moita xente, e denunciar realidades doutra forma diferente.
Este tipo de cancións gústanme, pois como xa dixen é outra forma de facer denuncia.

entrenomadas dixo...

Hace tiempo que no escuchaba esta canción. Bien poder hacerlo en tu casa.

Besos desde Zaragoza, guapo:)