luns, 1 de setembro de 2008

** Microsoft merca a coñecida web "Ciao"

O xigante Microsoft acaba de comprar o portal de Ciao.com(que tedes, por certo, nos enlaces da columna esquerda de A.L.M. no apartado de consumo). Ciao é famoso polos comentarios das persoas sobre productos que mercaron e porque esta web tamén ofrece comparación de precios deses productos ou de accesorios relacionados.

Persoalmente considero negativo todo o que cheire a monopolio ou todo que tenda a favorecelo mediante procesos de compra, absorción ou concentracións estratéxicas de empresas. Son un firme defensor da competitividade porque con ela se protexe ó consumidor contra os precios abusivos.

Agardo que esta compra por parte de Microsoft non supoña unha merma na utilidade pública que atesoura ata o de agora Ciao. Os cambios nunca se saben que poden deparar para ben ou para mal...



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Os monopolios nunca son bos, estou dacordo. Tanto porque o non haber competencia os precios poden ser pouco adecuados, como a explotación do tanto o consumidor coma o traballador.
Esperemos que esta adquisición por parte de Microsoft, non supoña grandes problemas