xoves, 26 de xuño de 2008

** Unha tortilla de patacas que devora ensaladillas rusas

Pancarta da aficción española durante o partido España-Rusia disputado o 26 de xuño de 2008, antes de coñecer o resultado final do encontro

Non, non, non vou falar de comidas. Permítaseme a metáfora para celebrar a victoria por 3-0 de España fronte a Rusia, nas semifinais de Eurocopa de Fútbol. España mollouse por partida dobre: amais da intensa choiva que tivo que soportar, mollouse e doulle un baño metafísico á selección rusa. Extraordinario xogo, e espléndido partido. Os goles correron a cargo de Xavi (excepcional pase de Iniesta e gran partido), Dani Güiza e Silva (menudo futbolista). Sergio Ramos, Puyol e Marcos Senna, moi loitadores, tamén merecen especial mención.

24 anos despois, España volta disputar unha final. Aínda me lembro daquela Eurocopa disputada en Francia, que a selección anfitriona nos gañou. Para clasificarnos para esa Eurocopa tiveramos que vencer 12 a 1 a Malta, e logo chegamos á final... Arconada, Camacho, Rincón, Santillana, Señor e moitos outros...

Este domingo España xogará a final contra Alemania. A nosa selección so gañou unha Eurocopa, a de 1964. Vai ser difícil, moi moi difícil vencerlle ós alemáns. Sinceramente, vexo moi moi compricado. Pero soñar non custa nada.

É incrible ver a un país inmerso nunha tremenda crise económica refuxiarse e afogar as súas penas no fútbol. Isto lémbrame a Arxentina nas Olimpiadas de 2004, onde se proclamou campiona de baloncesto e de fútbol (se non me trabuco) cando a crise económica campaba (e aínda segue) ás súas anchas no país sudamericano... ¿Presaxio bo para España a nivel deportivo?

¿Cal cres que vai a ser o resultado na final? Sexa cal sexa, que nos quiten o xogado e a excelente imaxe futbolística amosada polos xogadores de Luis Aragonés ata o de agora. ¿Seguiremos podendo? Ougallá... Hoxe a tortilla de patacas zampouse a ensaladilla e o filete ruso. Iso é un feito.



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.....Soñar, soñar?, soñar!!


" No rechaces tus sueños. ¿Sin la ilusión el mundo qué sería? "
Ramón de Campoamor

** A Lareira Máxica, Premio Paracelso 2008

Toupeiro, editor do blog Toupeira-Toupeiro (o cal vos recomendo visitar na Eira dos Blogs na marxe dereita de A.L.M. ó final: moi entretidoa e divertido, e non é un cumplido senón comprobádeo) ven de facer entrega duns premios a varios blogs, entre os que ten o gusto de encontrarse A Lareira Máxica, galardoada cun dos premios Paracelso 2008. Gracias, amigo Toupeiro. O premio fago extensible a todos aqueles que participan facendo artigo ou comentarios neste blog de temática mixta e espíritu colectivo.

A verdade é que o premio, aínda que sexa simbólico, anima a continuar, a seguir aí, a pesares de que ultimamente non podo adicarlle o tempo que un quixera. Pero na vida hai prioridades máis importantes e o blog non deixa de ser unha maneira de levar adiante o lado de xornalista dun servidor, profesión que me gusta moito e na cal hai uns anos que non traballo, pero que adoro. GRACIAS A TOD@S por colaborar e estar aí, en especial a Toupeiro por este premio otorgado. MOITAS GRACIAS!

luns, 23 de xuño de 2008

** Xa chegou o verán, as fogueiras de San Xoán...

O verán xa chegou. Hoxe é o día máis longo do ano en canto á luz do sol. Celébrase o solsticio de verán. E pola noite encéndense, un ano máis, as fogueiras de San Xoán. Noite máxica (máis información neste enlace. Unha tradición moi antiga moi arraigada.

A mágoa é que coa chegada do verán, Sanxenxo, o meu pobo, inúndase de veraneantes. Porque son iso veraneantes, non turistas. Acabouse a tranquilidade. O verdadeiro encanto (a parte das boas praias sanxenxinas e a beleza do istmo de A Lanzada) é que é un pobo pequeno, tranquilo, que ten monte e mar.

Temos unha poboación de 17.000 habitantes que nestes vindeiros seica se triplica por 5 ou 6. Demasiada xente para un pobo tan pequeno. Iso réstalle encanto a Sanxenxo, agás que busques multitudes. Se en vez de vir toda no verán viñese repartida durante todo o ano mellor sería para tod@s, sobre todo pensando na xente que vive da hostelería ou dos ingresos dos veraneantes, que non turistas (os turistas non so virían no verán).

Pois como o verán xa chegou, nada mellor que esta canción de Megalo: "El verano ya llegó"... Ah, e non vos queimedes saltando a fogueira de San Xoán hoxe pola noite que o que se comen son sardiñas non churrasco humano...





UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica