domingo, 29 de xuño de 2008

** "Hoy puede ser un gran día. Aprovecharlo depende de ti"

¡¡ SORTE ESPAÑA !! Gañemos ou non, España xa cumpriu desta vez. Aínda que o colofón ideal sería gañar a Eurocopa. Vai ser moi difícil pero, soñar non custa nada. Polo menos durante unhas horas...Aposto por un 3 a 2 con prórroga incluida. Pero dáme igual o resultado con que venza España... Como diría Joan Manuel Serrat "Hoy puede ser un gran día. Aprovecharlo depende en gran parte de ti..."

xoves, 26 de xuño de 2008

** Unha tortilla de patacas que devora ensaladillas rusas

Pancarta da aficción española durante o partido España-Rusia disputado o 26 de xuño de 2008, antes de coñecer o resultado final do encontro

Non, non, non vou falar de comidas. Permítaseme a metáfora para celebrar a victoria por 3-0 de España fronte a Rusia, nas semifinais de Eurocopa de Fútbol. España mollouse por partida dobre: amais da intensa choiva que tivo que soportar, mollouse e doulle un baño metafísico á selección rusa. Extraordinario xogo, e espléndido partido. Os goles correron a cargo de Xavi (excepcional pase de Iniesta e gran partido), Dani Güiza e Silva (menudo futbolista). Sergio Ramos, Puyol e Marcos Senna, moi loitadores, tamén merecen especial mención.

24 anos despois, España volta disputar unha final. Aínda me lembro daquela Eurocopa disputada en Francia, que a selección anfitriona nos gañou. Para clasificarnos para esa Eurocopa tiveramos que vencer 12 a 1 a Malta, e logo chegamos á final... Arconada, Camacho, Rincón, Santillana, Señor e moitos outros...

Este domingo España xogará a final contra Alemania. A nosa selección so gañou unha Eurocopa, a de 1964. Vai ser difícil, moi moi difícil vencerlle ós alemáns. Sinceramente, vexo moi moi compricado. Pero soñar non custa nada.

É incrible ver a un país inmerso nunha tremenda crise económica refuxiarse e afogar as súas penas no fútbol. Isto lémbrame a Arxentina nas Olimpiadas de 2004, onde se proclamou campiona de baloncesto e de fútbol (se non me trabuco) cando a crise económica campaba (e aínda segue) ás súas anchas no país sudamericano... ¿Presaxio bo para España a nivel deportivo?

¿Cal cres que vai a ser o resultado na final? Sexa cal sexa, que nos quiten o xogado e a excelente imaxe futbolística amosada polos xogadores de Luis Aragonés ata o de agora. ¿Seguiremos podendo? Ougallá... Hoxe a tortilla de patacas zampouse a ensaladilla e o filete ruso. Iso é un feito.



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.....Soñar, soñar?, soñar!!


" No rechaces tus sueños. ¿Sin la ilusión el mundo qué sería? "
Ramón de Campoamor

** A Lareira Máxica, Premio Paracelso 2008

Toupeiro, editor do blog Toupeira-Toupeiro (o cal vos recomendo visitar na Eira dos Blogs na marxe dereita de A.L.M. ó final: moi entretidoa e divertido, e non é un cumplido senón comprobádeo) ven de facer entrega duns premios a varios blogs, entre os que ten o gusto de encontrarse A Lareira Máxica, galardoada cun dos premios Paracelso 2008. Gracias, amigo Toupeiro. O premio fago extensible a todos aqueles que participan facendo artigo ou comentarios neste blog de temática mixta e espíritu colectivo.

A verdade é que o premio, aínda que sexa simbólico, anima a continuar, a seguir aí, a pesares de que ultimamente non podo adicarlle o tempo que un quixera. Pero na vida hai prioridades máis importantes e o blog non deixa de ser unha maneira de levar adiante o lado de xornalista dun servidor, profesión que me gusta moito e na cal hai uns anos que non traballo, pero que adoro. GRACIAS A TOD@S por colaborar e estar aí, en especial a Toupeiro por este premio otorgado. MOITAS GRACIAS!