** Un día de choiva cheo de lembranzas e música
Hoxe é un día chuvioso. Chove, parece inverno. Pero a choiva tamén é boa. E senón que llos digan ás zonas de España que padecen grandes sequías e restriccións de auga. Non me gustan os días de choiva, pero recoñezo que son necesarios tanto para as persoas como para a agricultura.
Se algo bo, ou malo según se mire, teñen estes días tristóns e cubertos por espálida auga que descende do ceo na procura de cobixo terrenal é que te fai reflexionar e lembrar. Hoxe lembroume a miña etapa compostelana, como estudiante e como traballador. Santiago, "a terra das mil e dúas augas ". Unha cidade que baixo a choiva se percibe doutro xeito. Lémbrame os soportais da Rúa do Vilar, aquela onde había,e creo que segue habendo, un teléfono que fomenta o feísmo arquitectónico. Un privilexio percorrer eses soportais un día de choiva. Santiago e a súa muller, Compostela, percíbense dun xeito moi belo e diferente. Un día falarei de Santiago, cidade da que gardo moi gratos recordos.
Alí tiven a sorte de coñecer a moi bos/as amig@s, a algúns dos cales xa hai anos que non os vexo, por cousas do destino, aínda que seguemos conservando unha amizade a distancia.
MÚSICA E ADICATORIA ESPECIAL
Non hai moito escoitaba unha canción que lle gustaba moito a unha boa amiga. Xa hai 8 anos que non nos vemos. Ela agora traballa en Toledo e familiarmente está pasando unha etapa difícil pola morte do seu pai. Cousas da vida, por desgracia (xa sabes que contas co meu apoio para o que precises). Din que de ben nacidos é ser agradecidos. No seu momento axudoume como compañeira de estudios naquela Facultade de Xornalismo ubicada na histórica Praza de Mazarelos (hoxe está ó lado do Auditorio de Galicia). GRACIAS Chris. Por iso hoxe adícolle este post a ela, a Chris, a esa pedazo de xornalista amante de "la France" e que agora traballa como profe de francés. Non saben os seus alumnos a sorte que teñen.
Ah, olvídábaseme dicirvos que canción é a que teño asociada a Chris. É Unha das súas favoritas, sen non me trabuco: "Neh, nah, nah", do grupo belga Vaya con Dios. Canción pegadiza e que serviu de sintonía dun programa de radio que Chris facía xunto a outros compañeiros en Santiago de Compostela. Que tempos aqueles... A canción, por suposto, tamén cha adico "galaico-franco-toledana".
Hoxe tocaba lembrar os recordos bos, que do malo da choiva algo positivo se debe quitar, como de todo nesta vida, claro (como di outra moi boa amiga). Por certo, aínda non deixou de chover, chover... ¿E vós cómo vivides os días de choiva? ¿Faivos lembrar algo? Agardo as vosas respostas.
UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica






