** Que rabia da cando...!!! TELEFÓNICA = TIMOFÓNICA
Non hai dereito a semellante tomadura de pelo. Prometín no blog Migramundo, do compañeiro internatuta e xornalista Guillermo Pardo, escribir un artigo sobre a miña desastrosa experiencia como usuario co ADSL de Telefónica. Vou tentar ser o máis claro posible no asunto que me ocupa. Espero que o consiga. Imos aló.
O servicio de ADSL que teño é de TELEFÓNICA. Máis coñecida por tod@s como TIMOFONICA. E o mote non é gratuito. Entremos en materia.
Hai dous anos que contratei o servicio. Antes tiña Wanadoo, hoxe Orange. Daquela decidín darme de baixa da compañia francesa. Logo de conseguilo, tras enviar o correspondente burofax e acudir a consumo, pasado un tempo deixei de sufrir os cobros indebidos por parte dunha compañía da cal xa me dera de baixa. foi entón cando contratei TELEFÓNICA. Grave erro.
Os problemas empezaron ó pouco. Primeiro cobrábanme as chamadas a números fixos nacionais fóra do DÚO (teléfono e internet ADSL). Durante catro meses tiven que chamar e poñer senllas reclamacións, nas que me acabaron dando a razón e devolvendo os seus cobros indebidos.
En setembro de 2006 un temporal fixo que a "acometida" do poste de teléfono, quedase mal, polo que a conexión a internet era como o río Guadiana. Agora si, agora non. E a velocidade variaba aleatoriamente. Tivéronme 8 días sen conexión. Chamei infinidade de veces. O servicio de atención ó cliente, MOI DEFICIENTE. Ou che pasaban cun teléfono e non che collían ou che cortaban a línea directamente. Así, sen miramentos nin escrúpulos. Bueno, iso segue pasando aínda hoxe. Logo chegoume a factura e cobrábanme todo. A tomarlle o pelo a outro, díxenme. E fíxenlles devolver o custe proporcional do ADSL. Faltaría máis. Non se pode cobrar un servicio que non se prestou ou se prestou deficitariamente.
E o último ven duns meses para aquí. Entre as 20 e as 24 horas aproximadamente desconéctanme de internet. TÓDOLOS DÍAS SEN EXCEPCIÓN. Ata a data aguantei. PERO TODA PACIENCIA TEN UN LÍMITE. Decidido: acudirei a CONSUMO. En teoría TIMOFÓNICA está adherida ó sistema de arbitraxe. A ver qué pasa.
Polo que investiguei en internet a práctica que fai esta compañía é a dos chamados "microcortes", ideados por un programa concebido para disuadir redes P2P. Na práctica úsase indiscriminadamente uses ou non redes P2P. Menuda gracia a dos "microcortes". ¿Que pasa non paguei acaso algunha factura e por iso me fan iso?. Non. ¿pois entonces porque estas malas mañas empresariales? Creo que é unha práctica totalmente ilegal, se ben o tentan disfrazar como un problema técnico do máis normal. ¿Por que teño que sufrir cortes reitarados e continuados no tempo e perder información ou sufrir inconvenientes se estou pagando por un servicio que debería ser universal un alto custe económico? ¿É acaso xusto? ¿Por que non se persigue EN SERIO este tipo de actuacións mafiosas por parte das empresas prestadores de internet? ¿Por que non se protexe axeitadamente ó cidadán de a pé?
A todo isto a conexión de TIMOFÓNICA págase moi cara. 39´90 máis IVA. Total 46.28 euros. Pero a relación calidade/precio non vai da man, máis ben a calidade sitúase a anos luz do precio.
Se chamas ó 1004 remítente ó teléfono do servicio técnico que non é gratuito. Algo que parece unha ESTAFA. Por lei, como veñen reclamando as asociacións de consumidores, eses teléfonos deberían ser gratuitos. ¿Por que non hai unha lei que faga cumprir todos estes atropelos ó usuario final? ¿Por que tanto interese en defender ou amparar ás grandes empresas ou a SGAE por leis e non os consumidores?
Xa me vexo, enviando outro burofax para darme de baixa de TELEFÓNICA. Ter que esperar 2 ou 3 meses para que te dean de baixa e a nova compañía te poida dar de alta. Entre WANADOO E TELEFÓNICA tiven que esperar ese tempo. E outro problema vai ser que compañía escollo desta vez. Gustaríame R, pero onde vivo en Sanxenxo non hai dita posibilidade. R so existe en Sanxenxo capital e Portonovo. O resto somos de segunda división. Xa se sabe a prestación de internet non é un servicio público senón un negocio....
ANIMO A TODA A XENTE QUE É VICTIMA DESTES ATROPELOS POLAS COMPAÑÍAS QUE PRESTAN INTERNET QUE DENUNCIEN O QUE LLES PASA EN CONSUMO. Asegúrovos que vale moi moito a pena, aínda que poida parecer todo o contrario. Como di o refrán: "un gran non fai morea, pero axuda a conseguila". Neste caso, onde di morea, hai que dicir presión social. E se non nos facemos escoitar, de nada servirá. Coas reclamacións por escrito, Consumo ten constancia e, por ende, o Goberno.
En fin, remato: estoume prantexando seriamente prescindir de internet e de teléfono fixo, e quedarme so con móbil para chamar. Así que non vos estrañedes se A Lareira Máxica un día deixa de actualizarse periodicamente...
AGRADECERÍA OS VOSOS COMENTARIOS MÁIS QUE NUNCA: opinións, consellos, relato das vosas experiencias,compañia que me recomendades (para R non teño cobertura, como xa dixen)...GRACIAS
P.D.: Recomendo que NON SE CONTRATE TELEFÓNICA. O voso bolsillo e a vosa saúde, agradecerano...Se non fas caso daraste conta que TELEFÓNICA=TIMOFÓNICA. Logo veñen as queixas. O que avisa...UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica





