venres, 8 de febreiro de 2008

** ¿Quen coñece o conto da néboa e a vergoña?

Onte contáronme un conto/ historia/ lenda ou como queirades chamarlle que me encantou. Descoñezo por tanto o seu autor /a se é que realmente o ten. Se cadra, poida que sexa unha desas historias anónimas, non o sei. Googleando pola net o único que conseguín sacar en claro é que se trata dunha historia tradicional leonesa. Se alguén sabe algo máis, sempre agradeceríamos que nos ilustraran mellor (eu polo menos).
Era a historia da néboa e a vergoña. Ó parecer as dúas gostaban de reunirse e quedar de cando en cando para verse, parolar e quen sabe se tomar un café, pero iso só no verán. Un bo día a vergoña preguntoulle á néboa como podía facer se algún día non lle resultaba doado atoparse con ela posto que descoñecía o seu enderezo. A néboa respondeulle que daría con ela á tardiña nos veráns e sempre nos altos e pola mañanciña cedo de inverno polos vales adiante. Pero tamén lle preguntou polo enderezo da súa interlocutora, a vergoña. Esta só puido responderlle que carecía de enderezo persoal posto que “se un día perdes a vergoña, nunca volves a atopala.”




ARTIGO FEITO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

** Pastora Soler: do flamenco ó pop

Encántame Pastora Soler. En realidade o nome real desta sevillana de 29 anos é Pilar Sánchez Luque. Cantante camaleónica onde as haxa. Empezou cantando flamenco e logo mudou o seu estilo. Gústame máis agora. Ten boas cancións e unha voz potente e agradábel. Hai un chisco estaba escoitando unha canción súa na radio, que sei que lle gusta moito ó Jaime, o meu querido home. Pois como dentro dun poco vai a visitar ALM pois sorpresa, sorpresa!!. Adícocha a tí, en especial, pero tamén, a tódolos visitantes de ALM, e, por suposto, ó noso coordinador Julio Torres, outro namorado da música pop desta sevillana (¿e dela tamén Juliño?, ¿ou "so" tés ollos para Diana Palazón, Elsa Pataki e Cristina Villanueva?, jejeje amigo, paréceme que te acabo de pór coloradiño. Sinto ser algo indiscreta. Espero que isto no me custe o cargo, jejeje).
Boa fin de semana a tod@s.




UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de... Descartes...sobre a razón

“Non hai nada, repartido de modo máis equitativo, que a razón: todo o mundo está convencido de ter suficiente"



René Descartes (1596-1650) Filósofo y matemático francés

mércores, 6 de febreiro de 2008

** A Frase Máxica de....L. Jeldres...sobre a verdade

" Se adicas unha hora ó día durante 20 anos a pensar sobre o que é verdade, seguramente concluirás que non existe tal cousa"



Leopoldo Jeldres