** Carnaval, Carnaval, quérote !!!!!
Carnaval, carnaval!!!! Ola amig@s de A.L.M. O Jaime máis eu atópamonos disfrutando uns días do carnaval na terra do meu home: Xinzo de Limia. Estámolo pasando de medo porque ós dous gústanos moito o de disfrazarnos. Temos máis perigo que Piraña nunha tenda de comestibles Aquí, como en Verín e outras zonas de Galicia, o carnaval vívese cos cinco sentidos. E vos ¿disfrazáchevos? ¿De que vos ides disfrazar ou de que vos disfrazaches? Nós disfrazámonos de Epi e Blas. Jajajajaja, que risas. ¿Que carnaval vos gusta máis: Xinzo, Verín, Pontevedra, O Grove, A Illa de Arousa,....? Eu quédome con estes, aínda que o de A Illa de Arousa tamén me gusta moito. E o desfile do Ravachol en Pontevedra tamén é moi recomendable. É algo distinto.
Aproveitando que estamos en Carnaal anímovos a que nos contedes anécdotas que vos pasaran en algún carnaval e de paso, se tedes vídeos ou fotos que nolas envíedes. Namentres, póñovos uns vídeos que quitei de Youtube. E déixovos que nos voltamos á festa na rúa. Deica!!
>> CORREDOIRO XINZO DE LIMIA 2008
>> SAETA RAVACHOL (Pontevedra 2006)
>> CARNAVAL NA ILLA DE AROUSA
>> CHIRIGOTA "LOS DE LA CARPA" 2008
UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica




