venres, 28 de decembro de 2007

** Emilio Calatayud, un xuíz que rompe moldes

Envíanos Sonia uns vídeos sobre un famoso xuíz de menores de Granada Emilio Calatayud. Persoalmente a min é unha persoa que me gusta escoitala e que ten moita razón no que fala. Creo que non se pode dicir máis en menos tempo e de forma tan locuaz. Pero o máis importante, é que as súas sentencias son exemplares e buscan a reeducación do infractor. Un exemplo: que un menor participa nun botellón e ensucía un lugar. Castigo: limpar os restos doutro botellón, para saber o que lles custa ós barrendeiros limpar o que outros fan....

Oxalá outros xuíces foses tan vehementes, prácticos e se implicasen tanto como Emilio Calatayud. Recomendo que os vexades, cando menos os vídeos que nos enviou Sonia porque non teñen ningún desperdicio. Non é ningunha perda de tempo. Xusto o contrario. Logo de escoitalas gustaríame que opinarades sobre os asuntos que neles se toca. E son moitos. Insisto: estou totalmente dacordo con todo o que neles di Calatayud.

A maiores póñovos outros catro que pertencen o programa Línea 900 (por certo, o programa foi suprimido hai unhas semanas é que creo que debería ter seguido en antena porque abordaba temas de interés. Era un dos poucos programas que valía a penar ver).







¿Que pensades? Pero hai máis..... Tamén vos recomendo visionalos....


Vídeos do Programa Línea 900












Con todo o material videográfico, queda aberto o debate. Os temas e exemplos que se abordan nos vídeos creo que son moitos. Non teñades medo a opinar. ¿Gústavos a forma de actuar do xuíz? Si, non ¿por qué?

Carpe Diem
Julio Torres

** A Frase Máxica....Versión Navideña

" ¿A hipocresía descansa no Nadal?. Non. Nestas datas vai máis lonxe é vístese co seu traxe de gala "

martes, 25 de decembro de 2007

** Unha longa noite de traballo para Santa Claus

Parece increíble que Papá Noel poida repartir tantos regalos nunha soa noite. ¿Sospeitoso, a que sí? Pero este ano, foi pillado in fraganti namentras voaba por todo o mundo no seu trineo xunto cos seus renos. Se queredes ver vídeos móstrase disto visitade esta páxina. E eu que pensaba que non existía......Jeje...

¿Sabedes con cantos nomes diferentes se coñece a figura de Santa Claus ou Papá Noel.
Se queredes saír de dúbidas visitade este enlace da Wikipediaque nos remite a nosa colaboradora Raquel a propósito da celebración destas festas. Algunhas son ben simpáticas ou chamativas. Tamén se inclúe unha referencia a historia de San Nicolás de Bari e a súa transformación en Santa Claus.

Un saúdo e seguide pasando unhas boas festas. Iso sí precaución, sobor de todo na carretera se conducides!!!!

P.D.: Síntoo por Papá Noel, pero eu son dos Reis Magos ¿e vós?

luns, 24 de decembro de 2007

** FELIZ NADAL E FELIZ 2008. Gracias a tod@s

Neste día de Noiteboa quixeramos desexarvos desde A Lareira Máxica, en especial @s que nos seguides habitualmente, unha moi boa Noiteboa, un feliz Nadal e un próspero ano Novo, no que a saúde vos acompañe que, ó fin é o cabo, é o máis importante nesta vida. Asemade, que o amor inunde as vosas vidas e o traballo non vos falte, nuns tempos onde pagar hipotecas e demais gastos estase a tornar unha misión moi difícil.

Oxalá no 2008 A Lareira Máxica siga contando coa vosa presencia, pois sen vós, este proxecto estaría coxo. Sería un blog persoal e non pluripersoal como tratamos de facelo.

Agardemos que ALM poida seguir adiante no 2008 con maior ou menor periodicidade, pero seguir ó fin e ó cabo. Desde aquí quixera facer un agradecemento moi especial: A Patri, que pese a estar cada día máis e máis ocupada co seu quefacer profesional e doméstico nos bota unha man. Sen ela, este blog non podería terse administrado nos últimos meses. Posiblemente, en breve, Patri nos deixe por falta de tempo. Non é seguro. SEXA COMO FORE GRACIAS POR TERNOS AXUDADO.

Outra peza fundamental sodes os colaboradores, sen vós este blog SI QUE NON TERIA PODIDO PUBLICARSE NOS ÚLTIMOS TRES MESES. GRACIAS TAMÉN. E aproveito para animar a máis xente a participar: podedes escribir de calquera tema que vos guste, agás de política (porque este blog non é un blog para falar de temas políticos: para iso hai moitos e moi bos). Tódalas colaboracións serán benvidas e publicadas. Máis facilidades IMPOSIBLE.

Gracias tamén ós que neste 2008 descubrístedes o blog unha vez e seguístelo visitando máis veces posteriormente. Gracias a As de Ouros, Alvariño, Calypso, Drosophyllum, Eifonso Lagares, Guillermo Pardo, Nacho Mirás, O Moucho, Polizón ou Zebedeo, entre outros (que non se me enfade ningúen se non o nomeo).

Sinto que, ó mellor, poida ser pesado con tanto agradecemeento, pero creo que de ben nacidos é ser agradecido. Que menos pola miña parte. Este é un blog moi modesto que tenta crecer día a día e, toda a axuda é importante para consolidar un proxecto que naceu un 1 de maio de 2006. GRACIAS de todo corazón, por axudarme a facer posible este proxecto de blog colectivo interactivo, como dalgunha maneira o dei en chamar, acertada ou equivocadamente.

Xa digo que non sei se no 2008 ALM vai tornar nunha publicación con outra periodicidade. O que teño claro e que, agás que causas de forza maior, vai seguir.

DE NOVO MOITAS GRACIAS @S QUE A FACEDES POSIBLE. ESTOU ABERTO A SUXERENCIAS (como xa fixo algunha persoa).

CARPE DIEM E FELIZ NADAL



Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica