sábado, 22 de decembro de 2007

** Non nos tocou a lotería ¿e a vos?

Non me tocou a lotería. Outro ano máis. Pero tocoume outra: A SORTE DE TERVOS COMO LECTORES de A Lareira Máxica, unha páxina pensada para que poida participar nela quen queira e non so un servidor. O que máis me gusta é que ALM poida ser sitio onde publiquen diversas cousas, diferentes persoas.

A lotería non sempre toca (ou case nunca, no mellor dos casos), pero o tema económico non é o aspecto máis importante desta vida (aínda que, loxicamente, axude).

Noraboa para os que tiveron a visita da Deusa Fortuna e para os que non: APRECIADE TODO AQUILO QUE TEDES, PORQUE OUTROS TEÑEN MENOS QUE VOS. E non falo do do aspecto económico...E que mellor época para pensalo que nestas época de Nadal, que non debería ter nada que ver co CONSUMISMO...

Carpe Diem

mércores, 19 de decembro de 2007

** Cando un ano remata ...

Cando un ano remata chega o momento de facer balance, de voltar a vista atrás, de facer compendio, borrón e conta nova se fose o caso, que non o é.

Di Calamaro nunha das súas cancións que non se pode cambiar de parella como de sombreiro, sen ter sufrido primeiro e María di que non se pode pretender mirar cara adiante sen deixar atadas e ben atadas as cousas de atrás. Por tanto, cando un ano remata a mellor forma de encarar o seguinte e despedirse do anterior. E iso pretendo eu hoxe: despedirme dun dos meus mellores anos.

Porqué? Preguntarédesvos. Porqué un dos teus mellores anos? Eu preguntaríamo. Pois por varias cousas.

Porque o 2007 era ademais o meu 31 ano. Dous números impares como seguro xa tedes observado. E a unha, que non é precisamente supersticiosa, si que lle gustan os impares.

Porque o 2007 foi a nivel económico – laboral un ano considerablemente bo. Ademais das miñas habituais facetas laborais durante este ano emprendín algunha nova con aparente boa sorte e sentido de continuidade.

Pero sobre todo, e por encima de todo, porque durante este ano que remata madurei aínda máis se cabe como persoa e especialmente como amiga.
Porque neste ano coñecín e aprendín o verdadeiro valor desa palabra tan manida pero tan pouco comprendida: a amizade.

O ano comezou para min cun regalo de reis longamente esperado. Mira que levaba anos pedíndolle ós magos un Ken.

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]
    Si, un Ken, jo que a Barbie xa facía anos que a tiña. Ahora so me faltaba o meu Ken. E como din que quen sembra, recolle ... que quen sabe esperar, atopa ... que máis vale tarde que nunca, o meu momento parece que chegara. Algo debín facer bo durante o 2006 porque por fin os meus rogos foran escoitados.

    E aínda que a prantación soe facerse a principios de ano para despois xerminar na primavera, no meu caso a primavera prantou na miña vida a outra persoa (que vergoña me da escribir sobre esto) para que esa semilla fose xerminando tempo despois.
    O caso é que hoxe por hoxe, non sei mañá, (eu prudente coma sempre) podo dicir que teño o enorme privilexio de ter na miña vida a dúas persoas que ó longo deste ano contribuíron a facerma non só máis fácil, senón a ensinarme un montón de cousas, directa ou indirectamente sobre infinidade de aspectos. De verdade que a través deles medrei como persoa, entendín cal era o verdadeiro significado da amizade, aprendín a deixar atrás temores e medos varios, a improvisar. Si, de verdade, a improvisar, por raro e estraño que pareza.

    Aprendín que ser amigo non significa estar ás boas e as malas, senón simplemente estar. Aprendín que os amigos, como os amores, non se buscan, atópanse, e que tampouco existe un lugar mellor que outro para iso. Aprendín que nesta aldea global que nos tocou vivir non existen as distancias. Aprendín a confíar nas persoas e na vida. Aprendín a dar e darme tempo. Aprendín a ser paciente, a compartir, a respetar. Pero aínda aprendín algo mellor ó longo deste ano. Aprendín que cando das un pouco, podes recibir moito. Aprendín a rir en compañía. Aprendín que abrirse ós demais, que deixar que outros te coñezan case tan ben como te coñece túa nai, non só significa que coñezan os teus defectos, puntos débiles e demais senón tamén coñecer os SEUS defectos e puntos débiles e por conseguinte, coñecérmonos uns a outros. Porque eu non son perfecta, e eles tampouco, e iso é o que os fai tan marabillosos.
    Tantas cousas aprendín ó longo deste ano e grazas a eles que non quero olvidalas máis.




UN KEN-ARTIGO DE: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
(Que hoxe está de cumpreanos. FELICIDADES!!!)

** Wanted...Single it lives because it is worth much

Yes. Búscase so viva, porque vale moito. Foi vista por última vez hai unhas horas, cando transportaba caixas de bombóns e unha gran tarta, para celebrar o seu cumpreanos neste 19/12/07. Esbozaba ledicia de ourella a ourella da súa faciana. Non é para menos. Portaba multitude de regalos (Lóxico: meréceos).

Por favor, quen vira a María, gran persoa e gran colaboradora de A Lareira Máxica que nos avise. Porque os restantes membros e colaboradores deste blog queremos saborear un bombón ou un chisco de tartiiiña. Veña María, envíanos un bombón virtual!!!!

Felicidades María!!! Happy Birthday to you!!! Que cumpras moitos máis (xa, xa sei, e que os anos pasen a modiño, como diría eu)


P.D.: Entre o cumpre, Papa Noel e os Reis Magos que envidia sana nos dás...reparte alghun reghalo eh!!. Por certo, a rosa da frase máxica anterior é un presente de A Lareira Máxica



UNHA FELICITACIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......amigos, amistad.....

"@s bos amig@s nunca se olvidan. Endexamais. É máis, gañan co tempo, coma os bos viños"



Julio Torres