xoves, 13 de decembro de 2007
martes, 11 de decembro de 2007
** Thalia Teatro....para disfrutar co teatro. Opinión
Non sei se xa algunha vez vos contei que son unha apasionada do teatro. Polo tanto non podo deixar pasar unha representación como a que vin onte, sen facer comentario algún. Os de onte foron 55 minutos do mellor teatro galego en esencia pura. Si, so 55 porque xa sabedes que os perfumes bos veñen en frascos pequenos.
Sobre o esceario tres xoves actrices( Marta Ríos, Rosi Barcala e María Rodríguez) cun prometedor futuro por diante, dirixidas polo sempre incombustible Artur Trillo.
A través da visión de varias nenas e adolescentes, e cunha grande dose de sarcasmo, ironía e por suposto humor, a obra consiste nunha serie de sketchs con profundo transfondo social. Temáticas tan variadas e complexas como o fenómeno do botellón, a eterna utopía infantil do “quero ser grande”, a difícil adaptación que sofren os nenos ante o divorcio dos pais ... están presentes na obra de forma maxistral.
O primeiro sketch preséntanos a unha nena cuxa principal ambición é ser grande. Grande para ter tetas, para poder ir de compras, para ter mozo, para ter problemas ... para tantas cousas que a ollos dun neno son tan especiais e das que nós, os adultos, estamos tan fartos que nin nos decatamos delas.
O segundo sitúanos fronte a un conflicto ante o que moitos e moitas quixeran pechar os ollos: como se sinte unha nena ante a separación dos seus pais. Os “líos” mentais que os pobres teñen nas súas infantís cabezas ante a presencia inesperada de tantos pais e nais novos (miña nai a verdadeira, miña nai “a moza de meu pai, meu pai o verdadeiro”, meu pai o mozo de miña nai ..........)
Pero o mellor, sen dúbida, para min é a última parte, onde podemos observar con bastante exactitude o comportamento de tres adolescentes durante unha noite de troula e botellón. Ver a cara que poñían algúns dos país con fillos adolescentes que estaban sentados ó meu carón era todo un espectáculo a maiores.
Unha obra que nos fai reflexionar a todos. Ós maiores por tantas cousas que nos pasan desapercibidas; ós pais por verse cara a cara con aquelo que sempre quixeron ver: o que facemos os fillos cando estamos na nosa salsa; e ós fillos por verse reflexados nun espello. Se cadra algún é quen de decatarse así do banais e tontas que son certas “preocupacións” e comportamentos cando son outros os que os protagonizan.
Talía Teatro é quen de pórnos cara a cara ante moitos dos conflictos que tanto preocupan a sociedade actual sen perder nunca o sentido do humor, ese valor tan cotizado.
CRÍTICA DE“Quero ser grande” – Talía Teatro
UN ARTIGO DE: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Cine e Teatro , colaboracións MARÍA , opinión
** A Frase Máxica......de Buda
Posted by Patricia Loureiro 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas
domingo, 9 de decembro de 2007
** A máquina do tempo......series dos anos 80
Exercitemos a memória un pouquiño. Imos probar unha máquina do tempo. O outro día o Julio faloume deste vídeo que recollía as series dos anos 80. Os dous coidamos que era un interesante exercicio de lembranza: Alf, Cheers, Se ha escrito un crimen, Curro Jiménez, Doctor en Alaska, Luz Luna, El Gran Héroe Americano (que ben o pasaba con ésta), Falcon Crest, Los problemas crecen, Las Chicas de Oro,Corrupción en Miami,El coche fantástico, El Equipo A, Fama ("La fama cuesta"),Remington Steale, Verano Azul, McGyver, Los amigos del Valle Secreto (que a min me gustaba muito) e outras..... ¿Cal era a vosa favorita? ¿que podedes dicir dalgunha delas?.
Posted by Patricia Loureiro 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Lembranzas. A Máquina do tempo , vídeos e xogos



