** Thalia Teatro....para disfrutar co teatro. Opinión
Non sei se xa algunha vez vos contei que son unha apasionada do teatro. Polo tanto non podo deixar pasar unha representación como a que vin onte, sen facer comentario algún. Os de onte foron 55 minutos do mellor teatro galego en esencia pura. Si, so 55 porque xa sabedes que os perfumes bos veñen en frascos pequenos.
Sobre o esceario tres xoves actrices( Marta Ríos, Rosi Barcala e María Rodríguez) cun prometedor futuro por diante, dirixidas polo sempre incombustible Artur Trillo.
A través da visión de varias nenas e adolescentes, e cunha grande dose de sarcasmo, ironía e por suposto humor, a obra consiste nunha serie de sketchs con profundo transfondo social. Temáticas tan variadas e complexas como o fenómeno do botellón, a eterna utopía infantil do “quero ser grande”, a difícil adaptación que sofren os nenos ante o divorcio dos pais ... están presentes na obra de forma maxistral.
UN ARTIGO DE: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica




