domingo, 9 de decembro de 2007

** A máquina do tempo......series dos anos 80

Exercitemos a memória un pouquiño. Imos probar unha máquina do tempo. O outro día o Julio faloume deste vídeo que recollía as series dos anos 80. Os dous coidamos que era un interesante exercicio de lembranza: Alf, Cheers, Se ha escrito un crimen, Curro Jiménez, Doctor en Alaska, Luz Luna, El Gran Héroe Americano (que ben o pasaba con ésta), Falcon Crest, Los problemas crecen, Las Chicas de Oro,Corrupción en Miami,El coche fantástico, El Equipo A, Fama ("La fama cuesta"),Remington Steale, Verano Azul, McGyver, Los amigos del Valle Secreto (que a min me gustaba muito) e outras..... ¿Cal era a vosa favorita? ¿que podedes dicir dalgunha delas?.

sábado, 8 de decembro de 2007

** Problemas á hora de cargar a páxina de ALM

Nos últimos días Patri e máis eu vimos percibindo que a páxina de A Lareira Máxica tarda moitísimo en cargar. E iso que nos temos conexión ADSL. Non queremos nin pensar @s que non a tedes... Descoñecemos o que pasa e cómo darlle solución. A páxina ten os mesmos elementos que antes, cando cargaba en pouco temnpo. De tódolos xeitos, para aminorar o peso da páxina, decidín quitar os 8 cadros titulares de prensa do final da columna esquerda(os enlaces de prensa permanecen todos). Con todo o problema persiste. Non sabemos o que facer. Se alguén nos pode axudar que se poña en contacto connosco.

O noso consello, namentras, e que se páxina non carga ou carga so o último artigo ou so algún elemento, dádelle de novo a actualizar ou entrade de novo no blog e esperade varios segundos (a nós tárdanos uns 15 segundos, o cal nos parece moi lento).

SENTIMOS QUE PASE ISTO. TOCAR TER PACIENCIA. ESPEREMOS QUE SE RESOLVA.

** Jonhn Lennon, 27 anos despois...O efecto dura

Lembra o noso amigo Eifonso Lagares no seu blog, Islas Cíes (un moi bo blog, por certo), a figura de John Lennon. O ex-Beatles foi asasinado un día como hoxe hai 27 anos por un fan seu de so 25 anos. Tal e como fai Eifonso vouvos poñer o vídeo dunha das súas mellores cancións: IMAGINE. A letra é moi fermosa (se queredes vela podedas consultala no blog Islas Cíes.

Os fanáticos nunca son bos. Unha cousa é querer e adorar a alguén outra cousa é estar tolo ata chegar ó punto de matar a algúen. O seu asasino. Mark David Chapman, obtivo un autógrafo de Lennón, a quen so pouco despois dispararía e mataría...

Por certo a frase do anterior post é unha frase moi certa.....E, falando un pouco de todo, ¿¿¿ porque se fomenta a violencia nas tardes da fin de semana de Cuatro con combates de boxeo??? A min, sinceramente, paréceme que ese tipo de programas debíanse de emitir polas madrugadas, tal e como facía nos inicios unha canle que prometeu dar unha nova imaxe da televisión....Promesas...




UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de...John Lennon , no aniversario

“Vivimos nun mundo onde nos escondemos para facer o amor, pero a violencia practícase a plena luz do día”



John Lennon