** Que rabia da cando......!!!
...Hoxe tiven a miña segunda e última (polo menos polo de agora) sesión de risoterapia. A risoterapia era unha desas actividades que tiña moitísimas gañas de probar e afortunadamente agora tiven a oportunidade de facelo grazas ó concello. Son desas actividades lúdicas que o concello organiza, neste caso, no verán. E jo, que contenta estou. Xa sei que debe parecer un pouco patético, por non usar un adxectivo máis negativo, iso de teremos que chegar ó extremo de teremos que inventar algo novo, unha terapia, unhas sesións ou como queirades chamarlle, para poder rirnos. Si, certo, iso é algo que sempre me chamou a atención. Os nosos antepasados non precisaban recurrir a estas cousas tan modernas para pasalo ben, ser felices e sobre todo, para rir a cachón. Que agora nós vaiamos a unhas clases colectivas para poder facer algo tan, aparentemente, doado e gratis como rir debe estar a facelos revolverse nas súas tumbas. Xa sei. Pero non creo que moitos de nós nos tomemos a risoterapia dese xeito. Como algo obrigatorio, necesario ou imprescindible para rirnos. Sen embargo, podemos tomala como unha alternativa máis de ocio e lecer.
Así foi como ma tomei eu. Era un xeito de probar unha actividade nova que tiña moitas gañas de coñecer, de rirme, de pasalo ben, e por encima, de estar con máis xente (coñecida e tamén sen coñecer). E dende logo que non me sentín defraudada. Todo o contrario. É algo que vos recomendo a todos. E moitísima razón ten Julio cada vez que nos insta a aquelo do "carpe diem", pasalo ben, rirnos e demais. Lembro
moitas noites ó carón do lume desta lareira "escoitando" os seus relatos sobre a risa e as súas innumerables propiedades. Julio debe estar farto de repetirnos aquilo de "rir queima non sei cantas calorias" , "10 minutos de risa equivalen a non sei cantos de exercicio". Pois era certo, unha que era reticente a crelo, ten que admitir que tiña razón unha vez máis. Non sabedes o que sudamos. Non sei se por efecto da risa en si, dos choros que a risa nos producían ou do que, pero o certo é que saes de alí case tan cansada como do ximnasio. Sudamos, choramos, xogamos, falamos, e rimos tanto que ó final tíñamos ata maniotas. De verdade, prométovolo. Maniotas na boca, maniotas nas costas, maniotas por todas partes. Pero ... que contenta estou!!! Que ben o pasei!!!
ENLACE RELACIONADO: 5 MINUTOS DE RISA EQUIVALEN A...
Que rabia da cando...!!! ELABORADO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica






