** QUE RABIA DA CANDO...........!!!
...t e discriminan por miope. Si rapaces, sinto decepcionar a imaxe de perfección absoluta que tiñades de min pero si, son miope. Non hai nada nin ninguén perfecto, non? e eu non ía ser menos.
Veredes, unha destas longas tardes deste chuvioso Agosto estaba eu aburrida e decidín voltar a un mundo no que facía que non me adentraba: o cibermundo, ou o que é o mesmo, o mundo dos ciberlighes, porque ó fin e ó cabo, iso é o que todo dios parece buscar na internete. E cal non foi a miña sorpresa o decatarme de que as cousas mudaran e moito, dende a miña última "ciberexperiencia". Atopeime cun friki co que mantiven unha primeira conversa un tanto, imos deixalo en, atípica. O de friki conste que é unha valoración meramente subxectiva. Tamén por se é relevante, vou engadir un detalle sobre o rapaz en cuestión: tiña estudos superiores. Non quere dicir que o que non chegou a rematar a antiga EXB non poida manter unha conversa coherente, pero precisamente porque si pode, o feito de que a persoa coa que estás a falar teña unha carreira universitaria superior, debería ser suficiente para asegurar unha conversa de calidade.
Dende o primeiro momento as súas preguntas foron moi estranas, ou iso me pareceron a min. Igual a cousa funciona así. Explicar cómo eran aquelas preguntas é complicado porque daba a impresión de que o home tiña un formulario cunha serie de cuestións que a súa interlocutora tiña que cumprir, e de non ser así, non había conversa posible. Así pois a conversa comezou cunha batería de preguntas sen sentido, sen contexto e sen lóxica algunha.
QUE RABIA DA CANDO....!!! elaborado por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica





