venres, 12 de outubro de 2007

** QUE RABIA DA CANDO...........!!!

...t e discriminan por miope. Si rapaces, sinto decepcionar a imaxe de perfección absoluta que tiñades de min pero si, son miope. Non hai nada nin ninguén perfecto, non? e eu non ía ser menos.

Veredes, unha destas longas tardes deste chuvioso Agosto estaba eu aburrida e decidín voltar a un mundo no que facía que non me adentraba: o cibermundo, ou o que é o mesmo, o mundo dos ciberlighes, porque ó fin e ó cabo, iso é o que todo dios parece buscar na internete. E cal non foi a miña sorpresa o decatarme de que as cousas mudaran e moito, dende a miña última "ciberexperiencia". Atopeime cun friki co que mantiven unha primeira conversa un tanto, imos deixalo en, atípica. O de friki conste que é unha valoración meramente subxectiva. Tamén por se é relevante, vou engadir un detalle sobre o rapaz en cuestión: tiña estudos superiores. Non quere dicir que o que non chegou a rematar a antiga EXB non poida manter unha conversa coherente, pero precisamente porque si pode, o feito de que a persoa coa que estás a falar teña unha carreira universitaria superior, debería ser suficiente para asegurar unha conversa de calidade.

Dende o primeiro momento as súas preguntas foron moi estranas, ou iso me pareceron a min. Igual a cousa funciona así. Explicar cómo eran aquelas preguntas é complicado porque daba a impresión de que o home tiña un formulario cunha serie de cuestións que a súa interlocutora tiña que cumprir, e de non ser así, non había conversa posible. Así pois a conversa comezou cunha batería de preguntas sen sentido, sen contexto e sen lóxica algunha.

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]



    Podedes imaxinar como me sentía ante semellante retahila de preguntas sen ton nin son. Estaba un pouco perdida, pero ata me facía gracia o conto, así que deixei que continuara. Cómo acostumo a vestir, que tipo de roupa me gusta, se acostumo a usar chaquetas (aínda estou a intentar dilucidar a importancia de tan relevante cuestión) foron algunhas das cousas que me preguntou, pero, repito, así, sen un contexto coherente que as fixera máis dixeribles, porque ó fin e ó cabo, que che pregunten que estilo tes ó vestir, tampouco é tan grave cando se fai no contexto adecuado, coas palabras adecuadas e no momento adecuado.

    A nosa primeira conversa rematou trala pregunta de se normalmente visto de chaqueta. Non sei se estaba xa demasiado cansa, demasiado sosa ou demasiado que, pero tiña suficiente xa para unha primeira conversa. O seguinte día que coincidimos, e preguntarédesvos porque houbo un segundo, continuou pola mesma línea, pero esta vez xa se encargaba el de preguntar e responder. Se na primeira conversa me sentín como se estivese realizando un casting ó que non me presentara, un casting no que decidirían se era unha mula con bos dentes para ser mercada, nesta segunda conversa era como se o home quixera deixarme claro cales eran as súas aspiracións, como quería a mula. Desta vez as preguntas eran do tipo: Non fumas, non? Claro, ante unha pregunta formulada así, eu que non fumo, respondín que non, pero é que ante tal intimidación, tampouco lle diría que sí aínda que a resposta fose afirmativa. A seguinte e última pregunta da ronda de preguntas do día foi: non usarás lentes, non si? Unha que xa estaba que se mordía a súa velenosa lingua, se antes respondería que non fumaba aínda que botase fume polo nariz, agora respondería que si usaba aínda de non ser o caso, que o é.

    O meu gozo nun pozo, .... e supoño que o del. Ah, vaia, usas lentes. Bueno, pero levarás case sempre lentillas, non si? Todas estades máis guapas con lentillas. Pois non, non, verás, as lentillas fanme dano e canseime de usalas, ademáis e que me vexo moito máis mona e resultona con gafas que con lentillas.
    ...................................................
    ............................................
    .............................
    Fin da conversa.
    A partir dese momento ata eu entendín que as cousas xa non voltarían a ser o mesmo entre nós. De feito, teño que dicir no seu favor, que se despediu educadamente cando lle preguntei, 3 horas despois, se non lle gustaban as rapazas con gafas. Pero para entón, eran os rapaces frikis que fan preguntas raras os que non me gustaban a min.
    Hai que ver como está o mundo. Agora xa non me alarmo ante a posible elección dos nosos fillos á carta. Porque non???




QUE RABIA DA CANDO....!!! elaborado por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

xoves, 11 de outubro de 2007

** Sonos bonitos e inconfesables. Capítulo IV

Napoleón


Del balneario he vuelto nueva, me hacía falta. Estaba cayendo en un pozo muy hondo. Me sentía una desgraciada, una desgraciada acomodada, pero una desgraciada a fin de cuentas. Por fin creo que tengo las ideas claras. Toda la ilusión empieza a desmoronarse. No vale la pena vivir de ilusiones, el tiempo pasa y todo sigue igual, ilusiones, solamente eso. Nada más. Nunca pasa nada porque nada va a pasar, simplemente jugamos, pasamos el rato. No es un mal pasatiempo, al contrario, fue bueno hasta que se convirtió en importante. Ahora necesito más, ya no es suficiente este intercambio de miradas furtivas que se cruzan una y otra vez. Cada vez que le veo marchar apresurado y ajeno a todo siento dentro de mí la tristeza que precede a las despedidas. No quiero engañarme más, no me compensa. De nada me sirve tenerlo aquí.

Mañana es el gran día. Todo tiene un principio y un fin. Mañana será el día del principio del fin. Estas historias raras son así, absurdas. Cuando parece que sí, que todo va bien, pues… no, todo va mal. Casi me da igual, no hay nada peor que ver espejismos, oasis en medio de este desierto de indiferencia. Si soy sincera, todo era demasiado bonito para ser verdad. Quiero que llegue mañana. Me estoy enamorando de verdad.

...Ampliar/recoller resto do relato [ +/- ]
    Mañana, a primera hora, voy a decirle a Cid que lo despida. Se acabó. Sin más miramientos. Lo voy a echar de menos, claro que sí, mucho, pero no me queda otro remedio. No se pueden mezclar sentimientos y trabajo. Cuanto antes se vaya, mejor. Me gusta demasiado, me inspira ternura. Soy demasiado orgullosa para mendigar su cariño. Sufro y no vale la pena sufrir. Era lo que me faltaba, un matrimonio a punto de romperse y un lío en el trabajo. Todo se hará por partes, cada tema por separado. Quiero ser feliz, razonablemente feliz, no pido tanto. A lo mejor pido mucho. Tengo que arreglarme más y recuperar mi estilo. Lo primero para sentirse bien es verse bien. Mañana volverá la rutina diaria y antes de salir de casa tendré que fabricarme una cara nueva delante del espejo. Lástima que no se haya inventado aún un maquillaje todavía capaz de ocultar esta pena tan grande. Me remuerde la conciencia. En el balneario lo tenía más claro, ahora empiezo a valorar las consecuencias de mi decisión. Me siento fatal. Han pasado unos cuantos meses y no me resulta fácil separarme de él. Tengo que hacerlo, claro está. No me queda otro remedio. No quiero tensiones, ni problemas. Me da pena, no puedo negarlo. Las cosas son así, unas historias acaban bien, otras… Esta historia se terminará mañana. Se acabó. Basta ya de comportamientos obsesivos. No le importo nada. No merece mis desvelos, ni mi dedicación, ni mi tiempo, ni mi sonrisa, ni mi afecto.

    El corazón se deshace en un mar de lágrimas. La cabeza, con aire arrogante, le riñe constantemente:

    - Hijo, qué patético eres, anda, límpiate esas lágrimas y serénate un poco. Blando, que eres un blando.

    -Tú a este ni caso, ya sabes como es, un pobre infeliz, con tanto culebrón se nos ha vuelto idiota. Tú lo que tienes que hacer es despertar. No digo que sea buena ni mala persona, solo digo lo evidente: no te hace caso, no le importas nada. Sigue así, apóyale, llena de poesía su vida y él te devolverá lo de siempre: indiferencia. Es eso lo que quieres, te gusta eso, te gusta que te ignoren, recuerda que el mes de marzo está pasando. Recuerda, que te marcaste un plazo y que la primavera ya ha llegado. No ha terminado el mes, pero terminará, sin pena ni gloria, y con el mes de marzo se irá de tu vida. Tienes que ser fuerte y dejarlo ir, aceptar lo inevitable. Se irá y hace bien en marcharse. Es lo mejor y de sobra lo sabes. Dios mío, que tonta eres y con los años vas a peor. –me sermonea a mí.

    - Cabeza, no me gusta tu tono. No te pongas en plan Napoleón que te voy a mandar a Santa Elena – protesto yo.

    Cid me ha dicho que hablará con la asesoría para que prepare los papeles pero que tengo que despedirlo yo. Que es un asunto mío, “personal”. No me esperaba esto.

    -Sí, es un asunto personal ¿y qué?

    -Habla con él por lo menos. Enfréntate a la realidad y no te escondas.

    -¿Qué pretendes Cid?

    -Pretendo ayudarte, liberarte y salvarte. Hoy me siento Dios, ya ves.

    Una y otra vez la misma melodía asalta mi mente, es una música lenta, instrumental. No sé donde la escuché por primera vez pero me resulta tan familiar, tan mía. Siento un vacío enorme. Los primeros días van a ser difíciles, lo sé. Trabajaré mucho. No me queda otro remedio. Trabajo y deporte. No quiero tener tiempo para pensar, no quiero pensar, no tengo ganas.


    Creative Commons License
    Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons



    (Dedicado a María por haber sacado este relato del baúl de los recuerdos y a Jesús F.D. porque después de tanto tiempo sigue inspirándome)




RELATO ELABORADO POR: Pilar
Colaboradora de A Lareira Máxica

mércores, 10 de outubro de 2007

** Preguntas sen resposta

Coido que xa Julio empezara unha sección parecida. Se non lembro mal,
fai uns meses propuxera unha serie de preguntas lanzadas ó aire para
que nós intentáramos respondelas. Estas que a min se me veñen agora á
cabeza non é preciso que ninguén se deixe os miolos no intento de
pretender respostalas. Son só iso, preguntas sen resposta. En
literatura hai un termo para referirse a elas, só que agora non me
lembro del. En calquera caso, ahí van:

- Será esta Patri, que ahora pilota a nave da lareira, aquela rapaza
da que Julio nos falou nun artigo no que nos pedía a nosa opinión por
mor dun can (ou era cadela???) que ameazaba con romper a súa relación
marital?
- Qué será de colaboradores fugaces da Lareira coma As de Ouros,
Drosophylum, a mesma Femme Fatale ou Pilar, a autora daqueles
prometedores sonos bonitos e inconfesables que nos deixou co sabor da
mel nos beizos? Poderemos ler algún día o final deses sonos?
- Cal será a temática do novo artigo do sempre incombustible Alvariño?
- Cando voltará o noso Juliño á tomar o bastón de mandos da Lareira e
por tanto, canto tempo estará con nós a nosa nova capitana Patri?
- Retomará algún día María tamén aquel relato cibernético que comezara
ala polo inverno pasado?
- Cantos séculos de vida lle quedaran a esta Lareira Máxica?
- Cales serán as novas seccións que nos ten preparadas Julio?
- Quen se esconderá detrás de todos os anónimos que deixan a súa
pegada na Lareira?
- Quen sería a Femme Fatale do artigo aquel no que pretendía darnos
leccións sobre como ligar?
- Animarase Patri a pasar de administradora "en prácticas" ou 2
capitana a colaboradora fixa da Lareira?
- Alguén conseguirá enviar máis colaboracións ó blog que a pesada da
María? (Por favorrrr, que alguen o faga xaaaaaaaaa, que estamos
cansados da mesma temática, a este paso, Julio, vas ter que abrirlle
unha sección nova so para ela:p)



Preguntas enviadas por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

martes, 9 de outubro de 2007

** Anímate a colaborar na Lareira Máxica

¿GUSTAS DE COLABORAR NESTE BLOG? Pois faino non agardes máis? Agás de política aquí ten cabida case de todo como di Xulio. Acostuamas ler blogs alleos pero nunca te decides dar o paso para participar nalgún? Pois xa é ora! Amosa o escritor, o crítico, o analista, o humorista, o informador, o deportista,.... que levas dentro. E lerate xente. Se tes vergoña ou iso é un problema pois firma cun SOBRENOME. Lembranzas de hai anos (tv,radio, anécdotas, a vida mesma...), humor, noticias curiosas, noticias de actualidade, humor, deportes, informática, televisión, escribir relatos, comentar ou lembrar libros, música, cine, teatro, reflexións persoais, opinións, enfados (sección QUE RABIA DA CANDO...!!!), alegrías (QUE CONTENTO ESTOU....!!!), envíanos as túas propias enquisas para que as publiquemos, e MOITAS COUSAS MÁIS.



NOTA: O Julio díxome que inda que o idioma preferente do blog éche o galego, tamén son benvidos artigos ou comentarios feitos en español (castelán)