** Adiviña, adiviñanza......+ FORO + enquisa
O sol, o verán que por fin chega, fai que a xente non se anime a facer comentarios e escribir artigos en A Lareira, agás un par de excepcións. Canto á enquisa que nos enviou DROSOPHILUM e que colguei a semana pasada, ningúen se animou a contestar. Por non contestar non respostou nin un anónimo. NINGUÉN. Non me estraña, xa que os temas relacionados coa política non van coa Lareira Máxica. A min tamén é o único tema do que no me gusta falar na Lareira.
Pasemos a temas máis agradables. A ver se vos animades. Cual duende, infiltrei na Lareira Musical (cancións) unha canción que servía de sintonía a unha afamada serie dos anos 80. Mítica onde as haixa. Non, se vai ter razón o do anuncio da Coca-Cola...."Pssss, Señor.....¿Es a mi?" Ay como pasan os anos.... En fin, que a ver quen a descubre primeiro. É moi fácil. A partir de que se acerte, abriremos -se queredes- un foro sobre a serie. Lembranzas qeu vos trae, personaxes,recordos dos anos 80. Ah, e para os que non a virades: ¿oístedes falar dela? ¿Que vos contaron?.





