domingo, 8 de xullo de 2007

** As 7 novas marabillas do mundo son......


M ira que dende A Lareira vos pedimos a vosa axuda, pero nada. Ou non quixéchedes, ou non puidéchedes. O certo é que a nosa Alhambra non é marabilla da humanidade. Tiña poucas posibilidades, a verdade, pero aínda así ...


En fin, que lle imos facer. As novas maravillas da era moderna son, dende onte:



- A Gran Muralla china
- O Cristo Redentor de Río de Janeiro
- O Machu Pichu en Perú
- O Taj Mahal na India
- A Pirámide de Chichén Itzá en México
- A cidade de Petra en Xordania
- O Coliseo de Roma, a única marabilla europea.

Como vedes, hai algunhas moi previsibles como poidan ser o Machu Pichu ou a muralla china, pero outras totalmente inesperadas (polo menos para min) como o Cristo de Río de Janeiro ou a pirámide esa mexicana, que seguramente será unha auténtica marabilla desfrutar da súa visión, pero que esta pobre ignorante non sabía nin da súa existencia.



Artigo enviado por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

sábado, 7 de xullo de 2007

** 07/07/07: San Fermín e inicio do Tour de Francia

H oxe é unha desas datas curiosas. Hoxé é o 07/07/07. Non deixa de ser algo simpático e curiosas, a pesares de que haxa quen tente de darlle as máis varidads e diversas interpretacións, algunhas endexais imaxinadas. Pero se traducimos os númeoros en letras pois sáenos que o 07/07 é o 7 de Julio, ou o o que é o mesmo "1 de enero, 2 de febrero, 3 de marzo, 4 de abril, 5 de mayo, 6 de junio, 7 de julio....SAN FERMÍN!!!!. Chegados a este punto quero deixar claro que a min o espectáculo dos touros non me gusta, e paréceme cruel e despiadado. Festividades á marxe.

O que sí me parece un deporte, e un dos máis duros, senón o que máis a nivel físico é o CICILISMO. E hoxe deu comenzo o Tour de Francia, un Tour vido a menos nos últimos anos e manchado pola dopaxe. O ano pasado sen ir máis lonxe o gañador final, Landis foi desposeído do seu título tras descubrirse que se dopara, vamos que fixera trampas para rendir máis. O que debía de ter herdado o título de vencedor do Tour de Francia 2006 debía ter sido o segundo clasificado: o galego Óscar Pereiro. Pero todo apunta a que non lle van a dar a victoria o de Porriño, e que o título do ano pasado vai quedar deserto. A día de hoxe non se resolveu. Unha crueldade e unha inxustixa para o excelente corredor español. Unha persoa que me caia ben e que amosa un excelente saber estar e modestia como corredor e como persoa. Como che dicía o ano pasado: CHAPEAU ÓSCAR, para os españoles ti fostes o vencedor do ano pasado.

Recoméndovos ver os vídeos do xornal gratuíto 20 minutos, neste enlace , así como unha entrevistas que este xornal lle fixo neste outro enlace



ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

venres, 6 de xullo de 2007

** Enquisa: dereito a votar e xente de fóra

O noso novo colaborador: Drosophyllum, envioume a seguinte ENQUISA:

Que vos parece esta opinión: "Non parece moi lóxico que os cidadáns de fóra que traballan noutro país (sexa España ou calquera outro) e polo tanto pagan os seus impostos no dito país, non teñan dereito a votar en todos os comicios. Parece bastante lexítimo que un teña dereito a decidir sobre quen vai administrar os cartos que paga en concepto de impostos e como o vai facer. Nesa óptica, tamén parecería razoable que esas persoas non puidesen exercer o voto no seu país de orixe, no que xa non residen."

NOTA DO COORDINADOR DO BLOG: O prazo para votar na enquisa remata o vindeiro venres día 13 inclusive.









ENQUISA REMITIDA POR: Drosophyllum
Colaborador de A Lareira Máxica

xoves, 5 de xullo de 2007

** E as 7 marabillas elexidas en ALM son....


O mes pasado facíavos unha pregunta, a raíz de que pasado mañan se elixen as 7 novas marabillas do mundo, posto ó que aspira a "nosa" Alhambra de Granada: ¿cales credes que son as 7 maravillas galegas? Si, seino. Teriamos que ter distinguido entre marabillas feitas polo home e marabillas naturais. Sexa como fose, o nome máis repetido entre tod@s vós foi:


...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]

    A MURALLA DE LUGO. Iso si, as seguintes máis votadas foron. A un so voto quedou A Catedral de Santiago, e a continución: As Dunas de Corrubedo (Ribeira) ,a Praia das Catedrais (en Foz) e o entorno formado polo Monte e Castro de Santa Tegra, todas elas cos mesmos votos. Un chanzo máis abaixo quedaron as maravillosas Illas Cíes, a Torre de Hércules e os Canóns do Río Sil.

    Si, se contamos saen 8 maravillas, pero é que en Galicia temos, como algúen dixo, máis de 7 marabillas entre as naturais e as construidas.

    Agora so resta por coñecer cales serán as 7 novas marabillas mundiais. A Alhambra sexa elixida ou non, é por suposto unha delas. Iso si, ningunha das marabillas galegas lle ten nada que envidiar ás do resto do mundo. Por iso Galicia ten de todo: monte, mar, moita natureza e unha xente con retranca, gheada, seseo (isto último, deberían considerarse como "marabillas lingúisticas e da fala". Se é que temos de todo. Por exemplo: as praias galegas non lle teñen que envidiar nada ás do resto de España. Diso non teño ningunha dúbida ¿ou alguén de vós a ten? ¿a que non?

    ¿Que opinades dos resultados da enquisa? ¿representan a Galicia e a súa beleza? Eu coido que si, pero o resto das que non se citaron como "gañadoras" poderían estar perfectamente nesta lista de elixidas, e nunca mellor dito o de elixidas.

    Gracias por participar na enquisa a tod@s!!
    Carpe Diem,



    NOTA: A pesar de que houbo algúen que votou máis de 7, os resultados non varían, pois tamén cita, entre outras, as máis votadas (agás os Canóns do Sil). Non me estraña que botara a tantas e é que hai moitas marabillas....Que non nunca son poucas, como acabo de lembrar antes.


    OUTRO APUNTE: Fixádevos se non hai marabillas en Galicia se ata hai un pobo en Celanova (Ourense) que se chama.....As Maravillas. ¿Que máis se pode pedir?





ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica