mércores, 4 de xullo de 2007

** QUE RABIA DA CANDO....!! Folletos

C ada día vemos publicados máis folletos redactados en galego. Ata aquí, moi ben. E claro, para iso, para impulsalo, a Xunta da subvencións a quen, ao fin, se decide a publicar a súa información en galego.Vale, ben tamén. O que xa non está nada ben é que os ditos folletos editados en galego non teñan que pasar un control de Política Lingüística [en fin, digo eu que non existe tal control polos fallos monumentais que encontramos nestes...].
Sen ir máis lonxe, hoxe atopei no meu buzón un folleto dunha tenda de mobles. E cal foi a miña sopresa (seguida de indignación) cando, xusto na portada e en tamaño grande, atopei

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]

    "estos prezos vante a convencer". Non é que eu sexa unha gran experta en lingua galega pero aínda así puxéronseme os pelos de punta. Por se acaso, lín outra vez o "titular" en cuestión, pero non tiña problemas de vista. Xa van varios fallos na primeira páxina. Ben, sigo lendo. Páxina 2: "montaxe gratuito". Hai que ver, se a todo o mundo - por pouco que saiba - lle vai soando o das excepcións masculinas de "traxe, paxe, garaxe, personaxe".

    Na mesma páxina, atopamos tamén "estos prezos te van a enamorar, consúltenos sin compromiso". Sigamos: "dormitorio moderno con módulo rincón e tiradores realizados en la propia madeira". Páxina 11: "dormitorio combinado en color roble", etc, etc...

    Ben, pasemos a outro folleto. Esta vez, pretenden vendernos iogures. En pouco máis de 80 palabras falannos dun iogur "ecológico", dunha "cremosidad" impresionante, de leite en femenino e de "ingredintes naturais".

    Pero que raios fai política lingüística cos nosos cartos ??????????????? Non comproba nunca os textos antes da súa publicación? Non piden un exemplar do que se vai publicar antes de dar as subvencións?

    Eu, desde logo, teño claro que só daría a subvención unha vez que todo estivese completamente correcto. Entre iso e a vergoña que sinte un cando escoita falar ós políticos... Que mundo!!!!!!!!!!!!!!!!

    Calypso





QUE RABIA ELABORADO POR: Calypso
Colaboradora habitualde A Lareira Máxica

luns, 2 de xullo de 2007

** Reflexións II. Reflexións veraniegas

A Lareira e os larereiros (chamábamonos así) tan dados ás citas e refráns seguramente me dirían que non hai mal que por ben non veña, e que todo sucede por algunha razón. Tamén que non hai mal que cen anos dure.

García Márquez (xa sabedes que son "fan") pola contra, podería dicirme aquelo de que ninguén se merece as miña bágoas e que quen sexa digno delas non me fará chorar, ou que se cadra Deus quere que coñeza moitas persoas equivocadas para que, cando por fin apareza a adecuada, a poida recoñecer.

Citas, refráns, frases sabias e populares para dar e tomar. Por unha vez vou tirar delas e facerlles caso, porque se cadra, teñen o seu de certo.

Ás veces precisamos que algo ou alguén aparentemente alleo a unha determinada circunstancia apareza ou se cruce nas nosas vidas para darnos conta doutras cousas.


...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]

    Vaia galimatías. Xa sabedes como son as miñas reflexións e aínda por encima, agora que estou deixando de lado a García Márquez e me estou aficionado á Alvariño, creo que o seu estilo particular está comezando a facer mella en min. Espero que non me acuse de plaxio. Pero é certo. ¿Cantas veces temos que pasar por unha situación extrema, poñer incluso en peligro a nosa vida, para entender certas cousas, para dar un xiro ó noso peregrinar diario e ver as cousas dende outra óptica?

    Pois algo así me aconteceu a min o outro día. Ás veces cruzaste cunha persoa que che di algo, que parece ser amigo, con quen parece que teñas tantas e tantas cousas en común, con quen en pouquísimo tempo alcanzas unha dose de relación altísima. Desas persoas, aparentemente, importantes para un, desas que coidas que deixarán pegada na túa vida.

    Desas que cando algo negativo acontece, cando ves peligrar a túa relación con el/ela, no primeiro momento te levas un disgusto fenomenal, un berrinche incrible etc etc. Eu cruceime con alguén así fai unhas semanas. Pero como despois da emoción primeiriza sempre chega o batacazo final, cando isto aconteceu, pasei dous días jodida. Sen embargo, ó terceiro: sorpresa!!!

    Acordeime de tódalas citas da Lareira, de tódalas frases que tanto me gustan de García Márquez, de tódolos refráns que citei ó principio deste artigo e, sorpresa de novo, decateime de que había outra persoa que estaba aí á sombra, dende facía tempo, alguén de quen xa case me tiña medio esquecido, alguén que se merecía máis e mellor atención pola miña parte. E descubrín que ás veces, a máis nimia e insignificante das cousas que nos pasan a cotío, se nos parásemos a pensar sobre ela, descubriríamos
    infinidade de matices. Eu descubrín que podemos deixarnos levar por toda a luz, o brillo e a espectacularidade que desprende o ouro, pero que todo o que reluce o é. Que, ó fin e ó cabo, a min sempre me gustou máis a prata, as cousas sinxelas, as persoas sen tantas dobreces e tanta gaita. Aqueles que se ven vir de fronte, que non andan con lerias, que non precisan de palabras bonitas e peloteos manidos para
    deixar pegada.

    Esta semana descubrín que non podo ir contra min mesma, que hai cousas que están por encima de tódalas outras e que non podo controlar o futuro, pero que si podo decidir como quero vivir o presente. E que, de momento, unha das dúas persoas sobre as que falo no artigo está totalmente fora da miña vida por decisión súa propia ademais: ti o quixeches así. E que a outra está, cada vez máis, moi dentro dela.

    Esperemos que para as reflexións otoñais non cambiaran xa as cousas.



ARTIGO REMITIDO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

** A FRASE MÁXICA......de Albert Camus

“Non camiñes diante de min, pode que non te siga. Non camiñes detrás de min, pode que non te guíe. Camiña xunto a min e sé o meu amigo”
Albert Camus

domingo, 1 de xullo de 2007

** QUE RABIA DA CANDO......!!!!

...P or fin, despois de meses de clases,cursos, apuntamentos, papeis, temas, exames, nenos, rapaces, adolescentes, frío, choiva, mal tempo etc, dispós, por fin, duns días libres para ti. Por fin unha tarde enteira libre para facer nada. O que máis me apetecía, por suposto, era pasar ese tempo na praia. Xa mo estaba imaxinando,o Lorenzo tostando a miña pel mentres me sumerxo neses mundos novos e descoñecidos que esconden todos eses libros que tiña pensado ler agora, a auga o fondo para refrescarme cando a insolencia do Lorenzo fose demasiado incluso para min.


Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]
    Sol, praia, mar, libros, cremas protectoras, toalla, bikini, bañador .... todo no fondo da bolsa, imposibles de ser usados e á espera de tempos mellores. inútiles. Pasa un día, pasa outro, xa vai a primeira semana de vacacións malgastada. Comeza unha nova semana. Esta parece que si, o fin de semana, coma sempre, nin rastro de sol e por tanto de praia, pero parece que o resto da semana estará boa. Por fin pisarei a area, pertrechada cal toureira, cos meus apeiros veraniegos. Ja, ríete ti do verán, do bo tempo, da praia, e da nai que os pareu a todos. Se xa o dicía Alvariño e mais miña nai. O mundo está patas arriba. Vaia mes de xuño que levamos. Facía anos xa que non chegaba a estas alturas do verán tan esbrancuxada. O meu gozo nun pozo, esta a piques de rematar a miña segunda semana de vacacións e aínda non pisei a praia.

    É o que ten Galicia, incomparable noutros aspectos, pero o tema do tempo atmosférico non está do noso lado. Ahora entendo a eses turistas incondicionais que nos empezan a poñer os cornos económicos. Galicia é a monda, non temos nada que envidiar en temas de praias, gastronomía, paisaxes, monumentos e demais, pero a climatoloxía non está con nós. É comprensible que, cando por fin tes uns días dispoñibles, prefiras aseguralos decidindo pasalos entre a marabunta de Marbella e non encerrado nun piso na costa galega vendo os "insufribles remix-programas basuriegos" que as teles nos preparan para estas datas.

    O bikini novo segue sen estrear, a este paso, cando vaia poñelo xa non me collera. O bo do asunto é que con tanto tempo, case levo rematada xa a miña axenda literaria para estes dous meses. Algunha suxerencia????



ARTIGO REMITIDO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica