sábado, 16 de xuño de 2007
venres, 15 de xuño de 2007
** A Alhambra de Granada opta a ser MARABILLA
O 7 do 7 do 2007 non só é unha data máxica, senón tamén o día no que os españois poden facer, unha vez máis, historia. Ese día un monumento patrimonio dos españois pode pasar a formar parte do patrimonio da humanidade porque o vindeiro 7 de xullo a Alhambra de Granada pode converterse nunha das 7 marabillas do mundo.
Posto que das 7 marabillas orixinais (os xardíns colgantes de Babilonia, o templo de Artemisa en Éfeso, a estatua de Zeus en Olimpia, o sepulcro do Mausoleo en Halicarnaso, o coloso de Rodas, o faro de Alexandría e as pirámides de Giza) consideradas como tal polos helenos, só unha permanece (as pirámides de Giza) era hora de elexir as novas. ...--->Ve-lo Artigo completo....
E que a Alhambra é unha marabilla, ninguén o dubida, pero o desexado agora sería que entrase a formar parte das sete mellores e para que iso aconteza, todos podemos poñer o noso graíño de area votando dende a páxina oficial (www.n7w.com.). As miñas razóns para votar son un tanto egoístas posto que poida que no que me resta de vida non chegue a visitar ningunha das outras seis, así que, polo menos poder dicir que estiven nunha delas.
O certo é que, bromas a parte, o castelo vermello, como se coñece á Alhambra grazas ó matiz de arcilla coa que está construída, compite con lugares tan asombrosos como a gran muralla china , o Partenon , o coliseo romano ou o Taj Mahal. Pero tamén con outros fácilmente superables como a estatua da liberdade ou a torre Eiffel, que, con tódolos meus respectos para eles, distan moito da altura arquitectónica e paisaxística que constitúe ese paraíso árabe que é a Alhambra.
Por algo o sr.Clinton quedou abraiado con ela. O mesmo me aconteceu a min cando no ano 92 descrubrín esta marabilla celestial en plena terra.
A Alhambra é un lugar digno de ser visitado. O patio dos leóns, o patio da acequia do xeneralife coroado de flores ou a mesma vista de Granada dende a Alhambra permanecerán xa para sempre na miña retina.
Así que xa sabedes, se estades de acordo comigo e queredes votar para que o próximo mes se convirta nunha das 7 marabillas do novo mundo, podedes facelo dende www.n7w.com
ARTIGO ELABORADO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , opinión , sociedade
** A Frase Máxica....cuestión de tempo e paciencia
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas
mércores, 13 de xuño de 2007
** ¿Temos unha hipoteca ou un alien extraterrestre?
A viñeta que acompaña este pequeno artigo remitiume un bo amigo meu. Co gallo de ver esta viñeta ocurriúseme que ata o de agora nunca falara do acceso á primeira vivenda. Vou facelo hoxe,de forma sucinta pero clara e contundente. Non descubro América se digo que as hipotecas dos pisos están polas nubes. Para a nosa desgracia. Pero isto promete....ir a peor. Quero dicir: subindo. Porque nesta vida non todo o que sube baixa (ou polo menos non ten porqué), como xa dixen noutra ocasión cando falei do tema dos carburantes e da Lei de Newton.
Ó ritmo que vai a vida. non remataremos de pagar as nosas hipotecas nós, senón os nosos fill@ con sorte, con bastante sorte. Parece unha barbaridade o que estou a dicir, pero xa hai quen bautizou esta nova forma de hipoteca. Non me lembro agora como a chaman. O de menos é o nome. O grave é que os soldos suben menos que o precios dos pisos, e o euríbor (que incide nas hipotecas) non para de subir (xa podía baixar o condenado, que se vai caer un día destes de tan alto que sube. Oxalá se caia e non se levante máis oh!). Iso si, as inmobiliarias e as constructoras non paran de enriquecerse co precio dos pisos tan caros como poñen. Non hai dereito!!!!!
Considero que o da vivenda é, xunto co emprego, un dos pricipais problemas que temos en España. Ou polo menos que máis nos preocupan. E vós, ¿que opinades sobre o tema da vivenda?. Admítense proposta e suxerencias. A ver se nos escoitan dunha vez e se soluciona este problema, que xa é hora!!!!
ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , Humor e Noticias Curiosas , opinión , sociedade



